Un ano, mais dende que que alo polo ano 2010 Helena atopouse co entroido ourensá e cos Felos en particular dan man do fotógrafo e etnógrafo Emilio Arauxo. Como cada sábado de entroido, cando non pode troulear na serra de San Mamede ela véstese de Felo soa ou acompañada .
Este ano foi mais sentida si cabe, xa que por mor das restriccións do covid 19 os Felos non poideron sair.
Así que un ano mais fixo o seu particualr homenaxe a nosa figura do entroido dende Vättlefjäll.
O Entroido xa está entre nós, e en Maceda presumimos de elo. Festa Declarada de Interese Turístico de Galicia contamos co seguinte programa e información das diversas actividades:
12 de xaneiro, sábado, Festa de Inicio do Entroido. +información
23 de febreiro, sábado de Desmadre, ás 20h. daremos o comezo na Praza das Toldas. +información
23 de febreiro, sábado a partir das 21h. Fiadeiro en Carguizoi. +información
24 de febreiro, domingo, Tarde de Bolouros na praza Cervantes a partir das 16h. +información
1 de marzo, venres ás 20h. na Praza das Toldas Festa de Comadres. +información
2 e 3 de marzo, sábado e domingo de Entroido saíndo ás 9:30 h. Antigo Matadoiro e percorrendo os Felos os pobos da Serra. +información sábado +información domingo
2 de marzo, sábado, ás 20h. a baixada da Marela dende o Toural polas rúas da vila ca animación da Charanga BCB e Charanga Ardores +información
4 de marzo, luns de Entroido teremos Festa Infantil a partires das 17 h no Pavillón de Deportes con inchables, actuación do Mago Delmi e Desfile infantil +información
9 de marzo, o martes de Entroido trasladado polas condicións climatoloxicas: Desfile de Felos, Carrozas e Comparsas, dende ás 18:00 h desfile de disfraces con saída dende a rúa das Canteiras. Ás 21 h entrega de premios do desfile de disfraces, individuais e grupos ata cinco participantes (1º 125 €, 2º 75 €, 3º 50 €) Grupos de máis de 6 participantes (1º 175 €, 2º 120 €, 3º 90 €) e Carrozas (1º 250 €, 2º 175 €, 3º 125 €). +información
6 de marzo, mércores de cinsa e como despedida, o Enterro do Entroido ás 20 h. na praza das Toldas. +información
O desfile urbano previsto para o 5 de marzo de 2019, martes de Entroido, debido as condicións meteorolóxicas suspendeuse e cambiouse para o sábado día 9 de marzo ás 18:00 h.
O desfile de Felos, Carrozas e Comparsas, desfile de disfraces saíu dende a rúa das Canteiras ata o cruce dos Milagres e regresando con chegada a Praza do Felo.
Ás 21 h fíxose público o fallo do xurado e a entrega de premios do desfile de disfraces e seguiuse a festa ca animación dunha orquestra e a queima do Meco simbolizando o remate do Entroido.
Os premios por categorías foron os seguintes:
Grupos de ata 5 participantes:
1º “Portugueses da China” (125 €)
2º “Paseadoras de Cans” (75 €)
3º “Cociñeiro e animales” (50 €)
Accésit “Carrapuchiñas”
Grupos de 6 ou máis participantes:
1º “Noticiario Ribeira Sacra” (175 €)
2º “Chicas Frenadol” (120 €)
Carrozas
1º “Viduinas Asiaticas” (250 €)
2º “O Forno dos bolos” (175 €)
3º “Mario Bross” (125 €)
Accésit: “Os Labregos”, “O Mundo Maya”, “Cazafantasmas” e “Taberneiros do Pobo”
O sábado 2 de marzo os felos percorreron Pías, Castro de Escuadro, Santirso, Xinzo da Costa, Celeiron saíndo pola tarde a Barxela, Vilardecás, Carguizoi, Sarreaus, e Tioira. Queremos deixar constancia que os Felos tamén se deixan ver en pobos de outros concellos como Arnuide ou Vide.
Agradecemos a todos os pobos da serra que ano tras ano reciben os Felos e maila súa corte de fotógrafos e entroideiros.
O entroido está a gozar de moi boa saúde, Percorreron a serra case 100 Felos o mais salientable é a cantidade de cativos que vemos no percorrido.
A comida tivo lugar na Dilixencia (Maceda),no Lar dos Felos e no Castelo de Maceda. Os participantes tiveron que retirar tíckets para comer na Dilixencia e para subir o autobús.
Aínda estas a tempo de facerte socios da Asociación. Pregunta na ferretería Aldraba (Toño Parrulo) ou contacta con Pinto ou Fran de Castro.
Organizou o Concello de Maceda e Asociación Felos da Corga da Serra.
O 23 de febreiro de 2019 dentro do Entroido de Maceda tivo lugar o fiadeiro en Carguizoi (Maceda).
Foi o terceiro ano que os veciños de Carguizoy nos abriron as portas da sua casa. Gaitas e panderetas soaron, chocas, risas e contos. Os felos alborotadores non faltaron a cita.
Tamén contamos con animación musical a cargo de “De pe Feito“, “Ergutío”, “Escola de Música Tradicional de Molgas”, “Xunquereteiras”…
Co título “Páxinas Pasando dos tellados polos Felos” chega unha edición non venal da editorial Amastra-N-Gallar na que se nos agasalla cunha colección extensa de imaxes obtidas polo poeta, filósofo, escritor e etnógrafo Emilio Arauxo.
Aínda que o libro comeza cuns textos sobor dos Felos, nesta ocasión colle enseguida peso a imaxe, 150 páxinas nas que se recolle documentalmente os ritos, a dinámica da máscara durante o percorrido dos Felos polas aldeas da Corga da Serra durante todo o entroido, mais concretamente o sábado. Nenos, carautas, chocas, xente que recorda os Felos e os que o viven por primeira vez, sentimentos, sensacións…
De forma especial, o saúdo dende Gotemburgo, Suecia de Helena Ericksson e Kasimir Lindengren lucindo carauta de Felo sobre un lago xélido.
Versos de poetas estranxeiros para darlle pulo á máscara local de Maceda
A máscara típica de Maceda esperta interese fora da vila, fora de Galicia. Emilio Arauxo, filántropo, dono do selo editorial Amastra-N-Gallar, leva publicados máis de corenta felotextos con poetas de medio mundo.
Entre os últimos publicados “O cosmopolitismo e a afirmación encriptada do universo felo”. A poetisa sueca Helena Eriksson esculcou na criptografía do enigma: “I love Peliqueiro but I am Felo” ou “Felos de Maceda, enigma ancestral e cosmopolitismo”, do historiador e escritor macedán Santiago Prol.
Baixo a coordinación de Fernando Rodríguez Nespereira, a supervisión de Pedro Araújo Nespereira, Belén Gómez Quevedo, José Carlos Sierra Rodríguez, Modesto González Fernández. Fotografía e textos de Tomás Vega Pato contando ca participación dos arquivos fotográficos de Eduardo Núñez, Moncho, Iñaqui Osorio, Tomás Pérez Hernández, Xosé Lois Vázquez, Xan, Concello de Laza, Concello de Trives e Concello de Verín editase polo Padroado Provincial de Turismo de Ourense o folleto “Entroidos da Provincia” cunha breve reseña sobre o Felo de Maceda no apartado de outros entroidos.