Tag Archives: carnaval

Programa do Entroido Maceda 2019

O Entroido xa está entre nós, e en Maceda presumimos de elo. Festa Declarada de Interese Turístico de Galicia contamos co seguinte programa e información das diversas actividades:

12 de xaneiro, sábado, Festa de Inicio do Entroido. +información

23 de febreiro, sábado de Desmadre, ás 20h. daremos o comezo na Praza das Toldas. +información

23 de febreiro, sábado a partir das 21h. Fiadeiro en Carguizoi. +información

24 de febreiro, domingo, Tarde de Bolouros na praza Cervantes a partir das 16h. +información

1 de marzo, venres ás 20h. na Praza das Toldas Festa de Comadres+información

2 e 3 de marzo, sábado e domingo de Entroido saíndo ás 9:30 h. Antigo Matadoiro e percorrendo os Felos os pobos da Serra. +información sábado
+información domingo

2 de marzo, sábado, ás 20h. a baixada da Marela dende o Toural polas rúas da vila ca animación da Charanga BCB e Charanga Ardores +información

4 de marzo, luns de Entroido teremos Festa Infantil a partires das 17 h no Pavillón de Deportes con inchables, actuación do Mago Delmi e Desfile infantil +información

9 de marzo, o martes de Entroido trasladado polas condicións climatoloxicas: Desfile de  Felos, Carrozas e Comparsas, dende ás 18:00 h desfile de disfraces con saída dende a rúa das Canteiras. Ás 21 h entrega de premios do desfile de disfraces, individuais e grupos ata cinco participantes (1º 125 €, 2º 75 €, 3º 50 €) Grupos de máis de 6 participantes (1º 175 €, 2º 120 €, 3º 90 €) e Carrozas (1º 250 €, 2º 175 €, 3º 125 €). +información

6 de marzo, mércores de cinsa e como despedida, o Enterro do Entroido ás 20 h. na praza das Toldas. +información

Os Felos en Astorga 2019

O domingo 10 de marzo de 2019 a cidade de Astorga celebrou, despois do seu habitual desfile de Piñata o día anterior, o “Antruejo” como acto final este ano e que, entre outras figuras do Entroido Tradicional, contou por segundo ano consecutivo ca presencia dos Felos de Maceda (Ourense).

No desfile, que arrancou as 12:30 h. da maña, estiveron acompañando os Maragatos e os moitos visitantes asistentes as seguintes asociacións:

1. Jurrus y Castrones, Alija del Infantado (León)
2. Maragatas y Patahenos de La Alberca (Salamanca)
3. Fulión A Veiga. Asociación cultural O Son de Trevinca, (Ourense)
4. Asociación Cigarrón de Verín, Verín (Ourense)
5. Asociación Felos da Corga da Serra, de Maceda (Ourense)
6. Fulión de Mormentelos, Vilariñó de Conso – Mormentelos (Ourense)

Saíndo dende o Polideportivo Felipe Miñambres percorreron as rúas ata chegar á Praza Maior onde cada grupo de forma individual fixo unha presentación da súa figura e das particularidades do seu “Entroido” facendo de este acto un encontro cultural de coñecemento e promoción da historia de todos os grupos alí convocados.

A programación do entroido de Astorga de este ano deu remate as 21:30 h. na praza Maior ca queima da Piñata.

Martes de Entroido 2019 (aplazado)

O desfile urbano previsto para o 5 de marzo de 2019, martes de Entroido, debido as condicións meteorolóxicas suspendeuse e cambiouse para o sábado día 9 de marzo ás 18:00 h.

O desfile de Felos, Carrozas e Comparsas, desfile de disfraces saíu dende a rúa das Canteiras ata o cruce dos Milagres e regresando con chegada a Praza do Felo.

Ás 21 h fíxose público o fallo do xurado e a entrega de premios do desfile de disfraces e seguiuse a festa ca animación dunha orquestra e a queima do Meco simbolizando o remate do Entroido.

Os premios por categorías foron os seguintes:

Grupos de ata 5 participantes:
1º “Portugueses da China” (125 €)
2º “Paseadoras de Cans” (75 €)
3º “Cociñeiro e animales” (50 €)
Accésit “Carrapuchiñas”

Grupos de 6 ou máis participantes:
1º “Noticiario Ribeira Sacra” (175 €)
2º “Chicas Frenadol” (120 €)

Carrozas
1º “Viduinas Asiaticas” (250 €)
2º “O Forno dos bolos” (175 €)
3º “Mario Bross” (125 €)
Accésit: “Os Labregos”, “O Mundo Maya”, “Cazafantasmas” e “Taberneiros do Pobo”