Tag Archives: marela

Baixada da Marela 2026

Un ano máis e a expectativa crece coa Baixada da Marela. Milleiros de persoas percorreron as rúas ao longo do día e sobre todo ocuparan beirarrúas e parques dende o Alto do Toural no preludio dunha longa noite en Entroido, na localidade de Maceda.

Sábado de Entroido, 14 de febreiro de 2026, ás 21.00 horas, baixando dende o Alto do Toural unha procesión moi numerosa, con máscaras de madeira, peles, cornos e ‘chocas’ acompañando a viaxe da vaca “Marela”, figura recuperada hai máis dunha década. pola Asociación Felos das 12 parroquias e que se converteu nunha das celebracións máis esperadas polos macedáns e os numerosos visitantes que xa teñen este día como data inamovible.

O evento será amenizado polas André Freixo de Cima Amarante e os Compeleteros Sao Cimao Amarante e Charanga A Felga de Maceda.

Verbena a cargo da Charanga Mekánica Rolling Band e Apocalipsis On Tour

Organizado polo Concello de Maceda ca colaboración da Asociación Os Felos das 12 Parroquias

Este ano non é só un anuncio de festa, é unha declaración de principios.

A Marela, representa xente que vive do campo, no rural, defendendo o seu traballo.

Por iso, este Entroido, a Marela baixa coa xente do campo, cos gandeiros e agricultores que non se resignan a desaparecer.

Porque sen rural non hai futuro.

E sen dignidade, non hai festa, NON HAI ENTROIDO!!!

Actividades infantis entroido 2024

O lúns, día 12 de febreiro de 2024 o Entroido en Maceda estivo adicado en especial os máis pequenos tendo actividades enfocadas a eles ca seguinte programación:

Bolouros

A partir das 11:00 h na Praza Miguel de Cervantes de Maceda (máis información)

Ó remate pizza para os rapaces e postre.

Organiza A Fenda e Chuche Mecánica. Colabora Concello de Maceda, ANPA CEIP de Maceda e Club Ciclista Maceda

Fotos Bolouros

Festa Infantil

Pola tarde de 16:00 a 19:00h. no Pavillón Municipal de Maceda festa para os máis cativos. Tivemos un desfile de modelos con premios os mellores.

Fotos festa pavillón

Baixada da Mareliña

Ás 19h. tivemos unha nova edición da “Baixada da Mareliña”, versión infantil da baixada da Marela do sábado a noite. Batalla campál entre pais e nais por unha banda e pola outra os cativos.

Sairon do Pabellón municipal, acompañados pola Charanga A Felga recorrendo as ruas para finalizar na praza do Felo onde se librou a última “batalla”, a festa continuou e as 23h Verbena a cargo da Charanga Europa.

Fotos Mareliña

Baixada da Marela 2022

O 26 de febreiro de 2022, despois do parón pandemico do ano 2021, e ainda que sin convocatoria previa realizouse a octava edición da Baixada da Marela, A actividade que correu a cargo da Asociación Felos das 12 Parroquias, deu  comenzo frente o Bar Indio ás 20.30h.

Dende o Toural baixaron os carros presididos pola Marela polas rúas ata o centro da vila ca animación da Charanga BCB e Charanga Zes Pereiras de Amarante,

Ás 20:30h charanga BCB polas rúas e bares de Maceda para terminar as 00:00 h coa Marelada coa Charanga “Pereira de Amarante”

Esta actividade xa esta consolidada no Entroido de Maceda e así o corroborá a gran afluencia de xente a Solta da Marela, moitos moitos participantes e a festaza polas rúas de Maceda despois.

Gracias os hosteleiros que colaboraron: Bar Sala, O Pincho, Porta Sacra, Pagas tú, Km 0, Café bar Plaza, Casa Rosa, A Fenda, Cervexería, Restaurante a Diligencia, Cafetería Castillo, Pub Simbol e Umpalumpa, grazas pola vosa colaboración.

Programa do Entroido Maceda 2019

Entroido Maceda 2019
Entroido Maceda 2019

O Entroido xa está entre nós, e en Maceda presumimos de elo. Festa Declarada de Interese Turístico de Galicia contamos co seguinte programa e información das diversas actividades:

12 de xaneiro, sábado, Festa de Inicio do Entroido. +información

23 de febreiro, sábado de Desmadre, ás 20h. daremos o comezo na Praza das Toldas. +información

23 de febreiro, sábado a partir das 21h. Fiadeiro en Carguizoi. +información

24 de febreiro, domingo, Tarde de Bolouros na praza Cervantes a partir das 16h. +información

1 de marzo, venres ás 20h. na Praza das Toldas Festa de Comadres+información

2 e 3 de marzo, sábado e domingo de Entroido saíndo ás 9:30 h. Antigo Matadoiro e percorrendo os Felos os pobos da Serra. +información sábado
+información domingo

2 de marzo, sábado, ás 20h. a baixada da Marela dende o Toural polas rúas da vila ca animación da Charanga BCB e Charanga Ardores +información

4 de marzo, luns de Entroido teremos Festa Infantil a partires das 17 h no Pavillón de Deportes con inchables, actuación do Mago Delmi e Desfile infantil +información

9 de marzo, o martes de Entroido trasladado polas condicións climatoloxicas: Desfile de  Felos, Carrozas e Comparsas, dende ás 18:00 h desfile de disfraces con saída dende a rúa das Canteiras. Ás 21 h entrega de premios do desfile de disfraces, individuais e grupos ata cinco participantes (1º 125 €, 2º 75 €, 3º 50 €) Grupos de máis de 6 participantes (1º 175 €, 2º 120 €, 3º 90 €) e Carrozas (1º 250 €, 2º 175 €, 3º 125 €). +información

6 de marzo, mércores de cinsa e como despedida, o Enterro do Entroido ás 20 h. na praza das Toldas. +información

Baixada da Marela 2019

Baixada Marela 2019
Baixada Marela 2019

O sábado 2 de marzo de 2019 tivo  lugar a sexta edición da Solta da Marela. A actividade que corre a cargo da Asociación O Cruceiro de Maceda, deu  comenzo frente o Bar Indio ás 20.15. Baixando polo Toural para seguir a festa no centro da vila. Contaron oca animación musical da Charanga BCB e Charanga Ardores. Os organzadores pertencente a asociación recordoulle os participantes da actividade que a fariña non se pode tirarse aos felos e que así reinase  un ambiente distendido e de respeto.

Esta actividade xa esta consolidada no Entroido de Maceda e así o corroborá a gran afluencia de xente a Solta da Marela.

Baixada da Marela 2018

O pasado sábado, 10 de febreiro, tivo lugar a quinta edición da Solta da Marela. A actividade correu a cargo da Asociación O Cruceiro de Maceda, que comezou no Bar Indio ás 20.15.

A xente da asociación encargouse de falar cos participantes da actividade para lembrar que a fariña non podía tirarse aos felos e que así reinase un ambiente distendido e de respeto.

Houbo unha boa afluencia de xente e consolida a Solta da Marela no entroido de Maceda.