O domingo 16 de febreiro de 2020, na praza Cervantes, organizado por “a Fenda”,“A Chuche Mecánica” e a colaboración do Club Ciclista de Maceda e , divertímonos o grande recuperando unha tradición do Entroido da nosa contorna: “Os Bolouros”.
A cita foi a partires das 17:00 h. e houbo chocolatada e doces para os nenos asistentes.
Si non sabes que son, tes aquí mais información: “Os Bolouros”
Si non sabes que son, tes aquí mais información: “Os Bolouros”
Xuntámonos a partires das catro da tarde entorno o “barro especial” para aprender como se fan os Bolouros e enseguida tanto nenos como maiores metemos a man e elaboramos os Bolouros.
Despois neste “Domingo Corredoiro” pasamos a práctica e non quedou ninguén sen pintar tanto na praza como no entorno próximo, os nenos entre si, e incluso algún avó que se veu a ver os netos acabaron tamén desfrutando da festa.
Rematamos a festa cunha chocolatada e bica para os asistentes .
Así aprendemos un pouco desta nosa tradición, da súa historia e xogamos.
Os bolouros é unha bola feita con un barro moi particular que está en Casares, na parroquia de Tioira (Maceda).
Usabase para botarlle na raiz os carballos para que prenderan e que así a terra gardara a humidade. Pero de ese mesmo barro fanse pequenas bolas que hai que amasar moi ben e tratar de que non leve impurezas.
Ponse a secar e logo só hai que esperar a que chegue o entroido. O sabado corredoiro metes o bolouro no peto e como esta seco non pinta pero cando te atopas con alguén que queiras correr o entroido só tes que botarlle unha chisca de auga e….pés pa que te quero…a correr!!!!