O domingo 6 de febreiro de 2026 terá lugar na praza das Toldas a partires das 16:30 h., un obradoiro de elaboración de Compadres e Comadres organizada pola ANPA Ceip de Maceda.
Para rematar a actividade contaremos cunha chocolatada para os participantes.
Recuperamos O Reinado por segundo ano o 31 de xaneiro de 2026 co seguinte programa:
16:30 horas. Saia a Comitiva do Reinado dende Carguizoi, acompañados de felos e músicos, con paradas no cruce de Santa Marta, na Reguenga, no Lar dos Felos
17:30 horas. Chegada a Tioira (En Aira dos Patos), foliada e cantina
Acompañados pola música con: “As Ruxideiras”, “D´esguello”, “Músicos e gaiteiros de Carguizoi”, “Fervellos da Serra”, “Xunquereteiras” e “Txouteiros”
VÍSTESTE PARA O REINADO?
Se vés ao Reinado, por que non integrarte aínda máis na tradición? Non é obrigatorio, pero sería fermoso ver a praza chea de xente vestida como manda a ocasión!
Dúas ideas para vestir acorde co Reinado: 1. Como un meco ou farrumeco – Revive o espírito do Entroido con roupa vella ou remendada que teñas pola casa. Unha mestura de trapallada e retranca!
2. Como un personaxe da Galicia rural de comezos do século XX – Labradores, leiteiras, afiadores, taberneiras, cregos… Escolle un oficio ou figura tradicional e dálle vida! Pode ter un compoñente paródico, non te limites.
O importante é pasalo ben, pero se vés vestido/a, serás parte viva do espectáculo! Anímaste? Deixa un comentario co teu disfraz ou etiqueta a quen non pode faltar!
Dende a asociación de Comerciantes e Empresarios de Maceda colocáronse, como veñen facendo os anos anteriores os nosos “Mecos” nas portas dos negocios.
Repartíronse tamén “esqueletos” tanto na vila como nos pobos, os veciños que os soliciten para animar a xente a que participe a disfrazalos, e así decorar rúas e prazas.
Así, o sábado 24 de xaneiro de 2026 ás 20h., conxuntamente co “Barullón de Carguizoi” tivemos “a solta do burro” dende o Bar Cortes e a procesión dos mecos onde acabamos colgando un deles na praza do pobo.
A festa foi moi animada e todo o mundo que nos acompañou con un meco nesta procesión e que viñeron a divertirse con todos nos.
Xa na praza o “Barullón de Carguizoi” presentóunos .”A Aixada máis grande do Mundo” que a fixeron soar, con forza e ben soada.
Despois da animación do “Barullón de Carguizoi” contamos con festa ca Charanga dos Festicultores que seguiron a festa ata ben entrada a noite.
Organizado polo concello de Maceda o 25 de xaneiro de 2025 tivo lugar ás 12:30 h. no Espazo A Fenda tera lugar o acto de presentación Cartaz de Entroido 2025
Presentado por Celso Sánchez, Concelleiro de Cultura e ca intervención dos Felos da Corga da Serra, Felos das 12 parroquias, ANPA Ceip de Maceda, Fiadeiro de Carguizoi, Asociación de Comerciantes e Empresarios de Maceda, os Taberneiros do Pobo.
Así interviron: José Antonio “Pinto”, dos Felos da Corga da Serra, lembrou que o Sábado e o Domingo de Entroido os felos percorrerán as aldeas da Serra, Javier Gómez, “Willy” falou polos Felos das 12 parroquias, a asociación que recuperou a Baixada de Marela, Miguel Iglero, organizador do Fiadeiro de Carguizoi, anunciou a recuperación do Reinado por testemuñas dos seus avós, a Asociación de Comerciantes, a través de Elvira Iglesias, organizando a colocación dos Mecos polas distintas empresas, Toño, o presidente da Asociación de Taberneiros do Pobo lembrou que se despedirá o entroido ca queima do Meco e unha pinchada organizada por eles. A ANPA do CEIP de Maceda, representada por Iria Dopazo, organizadores da “Mareliña” e do obradoiro de elaboración de compadres e comadres, anima as familias a participar nas actividades.
Para finalizar este Entroido 2024 tivemos o sábado 17 de febreiro, ás 20:00h o Enterro dos Mecos na Praza das Toldas de Maceda.
Contamos cunha “Procesión Fúnebre” acompañada musicalmente pola Charanga A Felga de Maceda que saimos da praza, subimos pola Aira das Mantas, baixar pola rúa do medio ata o Bar 2000 para continuar a recta final ata a praza co recibimento dos asistentes.
Ó remate pinchada para tódolos asistentes a cargo da Asociación Taberneiros do Pobo de Maceda.
Organizado polo Concello de Maceda ca colaboración de Asociación Taberneiros do Pobo.
O lúns, día 12 de febreiro de 2024 o Entroido en Maceda estivo adicado en especial os máis pequenos tendo actividades enfocadas a eles ca seguinte programación:
Bolouros
A partir das 11:00 h na Praza Miguel de Cervantes de Maceda (máis información)
Pola tarde de 16:00 a 19:00h. no Pavillón Municipal de Maceda festa para os máis cativos. Tivemos un desfile de modelos con premios os mellores.
Fotos festa pavillón
Baixada da Mareliña
Ás 19h. tivemos unha nova edición da “Baixada da Mareliña”, versión infantil da baixada da Marela do sábado a noite. Batalla campál entre pais e nais por unha banda e pola outra os cativos.
Sairon do Pabellón municipal, acompañados pola Charanga A Felga recorrendo as ruas para finalizar na praza do Felo onde se librou a última “batalla”, a festa continuou e as 23h Verbena a cargo da Charanga Europa.
Un ano máis e a expectativa crece coa Baixada da Marela. Milleiros de persoas percorreron as rúas ao longo do día e sobre todo ocuparan beirarrúas e parques dende o Alto do Toural no preludio dunha longa noite en Entroido, na localidade de Maceda.
Sábado de Entroido, 10 de febreiro de 2024, ás 21.00 horas, baixando dende o Alto do Toural unha procesión moi numerosa, con máscaras de madeira, peles, cornos e ‘chocas’ acompañando a viaxe da vaca “Marela”, figura recuperada hai máis dunha década. pola Asociación Felos das 12 parroquias e que se converteu nunha das celebracións máis esperadas polos macedáns e os numerosos visitantes que xa teñen este día como data inamovible.
Organizado polo Concello de Maceda o 27 de xaneiro de 2024, sábado, no salón de actos do Concello de Maceda as 19h. tivo lugar a primeira edición de “Enfelarte2024” co seguinte programa:
Comezamos ca conferencia do investigador, escritor, historiador e sobre todo, Macedan: Santiago Prol baixo o título “Cronoloxía arredor do enigma dos felos” non que fixo un breve repaso sobre o fenómeno Felo e o transcendental da figura.
Continuamos a xornada co parladoiro sobre o deseño e elaboración do traxe de felo coa costureira artesá e tamén macedan Mercedes López Pascual, do Obradoiro Tradicional “Moura”,
Durante esta exposición recibiamos a visita dun grupo de Felos que irrumpiron no acto como protagonistas sin dubida do salón de plenos do Concello.
Como remate a presentación e posterior proxección da curtametraxe “Os Corpos” de Eloy Domínguez Serén. Coloquio sobre a obra e o Entroido coa participación do director.