Tag Archives: Felos 2023

18 de Febreiro 2023, Sábado de Entroido

Un ano mais sábado e domingo percorren os felos a Serra. Pensarás que só visitan Castro, Pias, Santirso , Xinzo da Costa, Celeiron, Barxela , Vilar de Cans, Carguizoi , Tioira e Maceda. Pero non é así . Os felos algún ano chegan a Castro Caldelas, Os pobos de Baños de Molgas, como Vide. Podémolos atopar pola zona de Ramil pero onde sempre estan é en Arnuid.

Que non te engane o nome da páxina ou dos distintos grupos. Os felos sempre foron da serra non ten que ver os concellos senon a zona xeográfica.

Respeto, preservación, tradición, transgresión pero tamén evolución.

Evolución do tempo, das formas e do contido. O entroido muda según mudamos nós como pobo e sociedade. Cambios económicos e demográficos que se reflexan inexorablemente.

Outro ano mais o relevo xeracional está asegurado. Unha morea de felos percorreron a serra mais felos e menos veciños.

 A única verdad!!!

O rural esgóstase

7 de xaneiro 2023, comenza o entroido

O sábado 7 de xaneiro comenzou oficialmente o entroido en Maceda. O concello organizou un desfile as 19 da tarde amenizada coa Charanga A Felga e coma sempre con cea, este ano no Multiusos. Podendo participar todo aquel que quixera, condición impresindible ir disfrazado. De todos é sabido o carácter rebelde, anárquico e retranqueiro da nosa figura e como tal non foi.

Os felos saíron en pequenos grupos e entre amigos dende primeiro de ano.

O sábado 21 xa poidemos ver grupiños de felos sair polos pobos, algúns iban xa vestidos e outro só con carauta e chocas.

O sábado 28 de xaneiro tivo lugar en Laza un encontro de varios Entroidos amigos.
A asociación do Entroido de Laza organizou unha xornada moi completa, ás 18:00 na sede do Concello.
En primeiro lugar proxectouse a curta de Mirian Opazo, Nigún Deus, que realizou como traballo de fin de carreira para a universidade.
En segundo lugar, houbo un pequeno coloquio cos Entroidos convidados: os Felos de Maceda, os Boteiros de Viana do Bolo e as Bonitas de Sande.

No coloquio tocaronse diversos temas sobre as dificultades e as realidade ás que se enfrontan os Entroidos rurais no contexto social. O despoboamento do rural, a descontextualización das tradicións, a necesidade dun Entroido sostible, a dificultade de recuperar tradicións sen caer en meras representacións teatrais…
Un espazo de diálogo amigo no que tecer lazos de amizade para ter un entroido galego forte e amigo.

Fotos cedidas pola Asociación cultural enLazados