O día 21 de febreiro de 2023, o martes de Entroido foi o Desfile de Felos, Carrozas e Comparsas en Maceda, dende ás 17:30 h.
Desfile de disfraces organizado polo Concello de Maceda, que percorreu Maceda saíndo dende a rúa das Canteiras ata o cruce dos Milagres e regresando con chegada de novo a Praza do Felo.
Unha vez finalizado o desfile comezou a festa amenizada pola orquestra ”Fusión” e con moita afluencia de xente, tanto vendo o desfile como disfrutando da festa seguinte.
Ás 20 h fíxose entrega de premios do desfile de disfraces de parte da nova alcaldesa: “Shakira”, resultando gañadores os seguintes participantes nas distintas categorías:
Individuais e grupos ata cinco participantes:
1º premio: “Tina Turner ”: 125 €
2º premio: “Afilador ”: 75 €
3º premio: “La Familia ”: 50 €
Grupos de máis de 6 participantes:
1º premio: “Entierro Africano ”: 175 €
2º premio: “Esto es Africa ”: 120 €
3º premio : “Rebobinando”: 90 €
Carrozas:
1º premio: “Pitas de Nos“: 250 €
2º premio: “París de Molgas”: 175 €
3º premio: “Shakira”: 125 €
(accésit de 40€ para tódalas demais carrozas participantes):
O 13 de febreiro, martes debido as inclemencias do tempo quedou aplazado o desfile de entroido para o próximo domingo día 18.
O desfile de Entroido: Felos, Carrozas e Comparsas, dende ás 17:30 h desfile de disfraces con saída dende a rúa das Canteiras.
Ás 21 h entrega de premios do desfile de disfraces, individuais e grupos ata cinco participantes (1º 125 €, 2º 75 €, 3º 50 €) Grupos de máis de 6 participantes (1º 175 €, 2º 120 €, 3º 90 €) e Carrozas (1º 250 €, 2º 175 €, 3º 125 €).