
Fiadeiro de Carguizoi

Fiadeiro de Carguizoi

O domingo 12 de febreiro de 2026 co seguinte programa:
12 h. Fiadeiro de Calvelo. Actuación de Pandereteiros de Traspés
15 h Cocido de Entroido.
18 h. Foliada aberta.
Grande Fiadeiro en Calvelo , o domingo ás 12, sede puntuais e vinde con ganas de bailar. Colabora o Concello de Maceda e organizado pola veciñanza.
Máis información no seu perfil de Facebook:

O sábado día once de febreiro de 2023, a tardiña fixose o fiadeiro en Carguizoi.
Este ano encargouse de organizar todo os mozos do pobo coa inestimable axuda dos veciños.
O concello de Maceda prestou a carpa e regalou pan e empanadas.
O grupo as Xoaniñas (grupo formado por mulleres da parroquia de Tioira e quen se queira apuntar) como todolos anos axudaron con manxares doces e salgados. Pero a colaboración coma sempre foi enorme. Dende comercios de Maceda, Baños de Molgas, Niñodaguia, a Derrasa, San Ciprian das Viñas, Ourense, Panton e veciños da parroquia.
Os mozos tamen venderon chapas e unhas cuncas de barro a mais de un bar para recaudar fondos e tratar de autofinanciarse cada vez mais.


Xuntaronse grupos tradicionais de baile e de musica, algúns invitados e outros espontaneos. Coma sempre os grandes protagonistas foron os felos .
Ademais contamos como figura do Entroido convidada cos “Peliqueiros de Campobecerros”




















O 23 de febreiro de 2019 dentro do Entroido de Maceda tivo lugar o fiadeiro en Carguizoi (Maceda).
Foi o terceiro ano que os veciños de Carguizoy nos abriron as portas da sua casa. Gaitas e panderetas soaron, chocas, risas e contos. Os felos alborotadores non faltaron a cita.
Tamén contamos con animación musical a cargo de “De pe Feito“, “Ergutío”, “Escola de Música Tradicional de Molgas”, “Xunquereteiras”…
Unha mostra fotográfica de o alí vivido: