Tag Archives: Amastra-N-Gallar

Páxinas Pasando de Emilio Arauxo 2019

Paxinas pasando dos tellados polos felos
Paxinas pasando dos tellados polos felos

Co título “Páxinas Pasando dos tellados polos Felos” chega unha edición non venal da editorial Amastra-N-Gallar na que se nos agasalla cunha colección extensa de imaxes obtidas polo poeta, filósofo, escritor e etnógrafo Emilio Arauxo.

Aínda que o libro comeza cuns textos sobor dos Felos, nesta ocasión colle enseguida peso a imaxe, 150 páxinas nas que se recolle documentalmente os ritos, a dinámica da máscara durante o percorrido dos Felos polas aldeas da Corga da Serra durante todo o entroido, mais concretamente o sábado. Nenos, carautas, chocas, xente que recorda os Felos e os que o viven por primeira vez, sentimentos, sensacións…

De forma especial, o saúdo dende Gotemburgo, Suecia de Helena Ericksson e Kasimir Lindengren lucindo carauta de Felo sobre un lago xélido.

Felotextos

Felo Textos- Emilio Arauxo
Felo Textos- Emilio Arauxo

Versos de poetas estranxeiros para darlle pulo á máscara local de Maceda
A máscara típica de Maceda esperta interese fora da vila, fora de Galicia. Emilio Arauxo, filántropo, dono do selo editorial Amastra-N-Gallar, leva publicados máis de corenta felotextos con poetas de medio mundo.

Entre os últimos publicados “O cosmopolitismo e a afirmación encriptada do universo felo”. A poetisa sueca Helena Eriksson esculcou na criptografía do enigma: “I love Peliqueiro but I am Felo” ou “Felos de Maceda, enigma ancestral e cosmopolitismo”, do historiador e escritor macedán Santiago Prol.

Listado de obras e autores:

1 A Espera de Claude Royet-Journoud
2 A máscara é a revelación do Si Mesmo en tanto que Outro de Donatella Bisutti
3 A máscara non instaura unha distancia, senón outra proximidade
de Claude Royet-Journoud
4 A nena fela de Lupe Gómez
5 A pesar da chuvia de Olivier Cousin
6 A verdade dos felos
de Martin Melkonian
7 As Figuras
de Jorn H. Svaeren
8 Atrás, pasaxe de Arturo Casas
9 Comento sen título de Carlos Lema
10 Da felonia – Apontamentos sobre a risa e o entroido de Maceda
de Paula Godinho
11 Desfilar e desafiar de Olivier Cousin
12 Desvío de felos de Martin Melkonian
13 Detrás da néboa o Felo de Alexandre Nerium
14 Discurso de Luc Bénazet
15 Do cadro que o ollo inventa de Claude Royet-Journoud
16 Economía sumerxida
de Lupe Gómez
17 Entre ou A outra proximidade de Helena Eriksson
18 Escallados nunha testa que flota como unha carantoña de Alexis Lask
19 Felo de Georges L. Roux
20 Felo de Joseph Attié
21 Felo con moza cos ollos pechados de Helena Eriksson
22 Felo dos nomes propios de María do Cebreiro
23 Felo otsailako ihauteri goizean de Itxaro Borda
24 Felos de Michele Cohen-Halimi
25 Felos de Rea Nikonova
26 Felos aínda serra de Michael O´Dea
27 Felos ao galope de Cécile Guivarch
28 Felos de Maceda, enigma ancestral e cosmopolitismo de Santiago Prol
29 Felos, Documentos do Xeneral Instín presentados por Nicole Caligarís de Nicole Caligarís
30 Frases para un Felo de Claude Royet-Journoud
31 Imaxes fixas de Martin Högström
32 Impedir a fenda do mundo de Olivier Cousin
33 Lentitude de Daniel Salgado
34 Máscara de Yu Jian
35 Máscara Pánica de Béatrice Bonhomme
36 Na noite dos nomes (Felos) de Emilio Arauxo
37 Nas lastras do barrio mineiro de Ronald Klapka
38 O ceo axudado por min de Pierre Le Pillouër
39 O Felo de Alain Jégou
40 O Felo ou de Luis G. Soto
41 O Felo sen fin de Anxo Pastor
42 O Felo vai falar! de Beátrice Machet
43 O felo, é toda unha humanidade… de Martin Melkonian
44 O Felo-da-compaixón de Martin Melkonian
45 O invisible de ser …. de Jacky Bourillon
46 O lobo a Lúa de Helena Eriksson
47 O océano reversible de Marie de Quatrebardes
48 O que nada nos afonda de Bieito Iglesias
49 Onde non estamos de Christiane Veschambre
50 Orbis personae de Alain Cressan
51 Os cavalos estám a viver as nossas vidas de Séchu Sende
52 Os Felos do Monte Toro @ Prada de Conflent de José Manuel Bouzo Limia
53 Os mestres da desorde de Michèle Chadeisson
54 Primeira felo silaba de Miriam Sánchez Moreiras
55 Repartición das máscaras de Jean-François Bory
56 Scan de Felo de David Lespiau
57 Se os Felos atravesan polos nosos poemas? de James Sacré
58 Tarde dun lince de Helena Eriksson
59 Ti recoñeces de Helena Eriksson
60 Toda esa infancia que desaparece de Claude Royet-Journoud
61 Un felo movemento de Chistophe Mescolini
62 Un pequeno héroe de carnaval de Martin Melkonian
63 Unha forma da que non se ten o molde en si de Dominique Fourcade
64 Xestos primaverais de Cécile Guivarch