Tag Archives: sanmamede

Tolemias do Entroido 2022

Este ano arranca o Entroido entre tristura e alegría. Sentimentos encontrados que non sabemos moi ben como controlar. O Entroido é exceso, risas, troula hasta irreverencia, pero estamos a pique de vivir un Entroido distinto. Despois desta pandemia, de botar tanto tempo na casa primeiro sen poder saír , sen poder relacionarnos. sen poder estar o redor dunha mesa a comer e beber, de sobremesas interminables acompañadas de algún chupito e algún doce, sen poder troulear no Entroido, nas festas….. por fin CHEGOU!!!

Comeza o Entroido.

Este ano será un Entroido intimo, noso,  da casa.

Todos traemos a cabeza a mil,¿ vestirse ou non vestirse?

Todas estas preguntas que non nos deixan acougar por fin se resolveron este sábado.

Saímos e a nosa xentiña recibiunos coma nunca, moitos nos dixeron que debemos ser prudentes pero que hai que vivir. A vida nos pobos ten outro ritmo, lento e tranquilo, pero cando chega o Entroido cambia. Todo son luces e cores, barullo e risas. Este Entroido non importa o tempo que faga, con este Entroido chega a luz a moitas casas onde durante case dous anos había medo, soidade e moita tristura.

O Felo é traste pero está claro que tamén ten un sentimento profundo de arraigo coa xentiña da Corga da Serra.

Así que este ano LUME pero tamén sentidiño e bo paso .