Tag Archives: felo

Programa de entroido de Maceda 2023

Cartel Entroido Maceda 2023
Cartel Entroido Maceda 2023

O Entroido comenzou o día 7 de xaneiro co desfile polo pobo acompañados da Charanga a Felga rematando coa cena dos participantes no multiusos .

Sábado 28 de xaneiro, sábado fareleiro e xa sairon grupos de Felos a percorrer os pobos.

Percorrerá a partir do próximo sábado 4 de febrero os recunchos de Maceda.

Sábado 4 de febreiro cos Compadres arranca un programa cheo de actividades.

O sábado 11 será o Fiadeiro en Carguizoi que contará coa visita dos Peliqueiros de Campobecerro.

O vernes 17 día de comadres que rematará cunha cea as 21:30.

Sábado 18 e 19 de febrero percorrido dos Felos polos pobos do concello, música a tardiña en Maceda.

Sabado 18 a tardiña baixada da Marela por Maceda acompañada de charangas e música.

Luns 19 a ANPA de Maceda organizará distintas actividades como os tradicionais bolouros de Tioira, a baixada da Mareliña ou o desfile infantil.

Martes 21 será o gran desfile de carrozas e comparsas a partir das 17:30 horas.

Sábado 25 despediránse as celebracions co «Enterro dos mecos».

Fin do Entroido 2023 en Maceda

O entroido remata e para despedilo en Maceda o sábado 25 de febreiro de 2023. Para despedilo fixose o “Enterro da Sardilla”. Que consistente nunha procesión con moita tristura e nostalxia, polas rúas do pobo. Saiuda praza do Felo pasando pola praza de Benigno Alvarez, o concello, a rúa do Medio e regresar de novo a praza do Felo. Logo queimouse do Meco.

Acompañados pola musica da “Charanga A Felga” foron moitos os asistentes que se uniron a este evento festivo.

Este ano tamen se procedeu a queimar o menos votado dos mecos participantes na segunda edición do concurso de Mecos organizados pola Asociación de Comerciantes e Empresarios de Maceda.

Galería Fotográfica:

Tolemias do Entroido 2022

Este ano arranca o Entroido entre tristura e alegría. Sentimentos encontrados que non sabemos moi ben como controlar. O Entroido é exceso, risas, troula hasta irreverencia, pero estamos a pique de vivir un Entroido distinto. Despois desta pandemia, de botar tanto tempo na casa primeiro sen poder saír , sen poder relacionarnos. sen poder estar o redor dunha mesa a comer e beber, de sobremesas interminables acompañadas de algún chupito e algún doce, sen poder troulear no Entroido, nas festas….. por fin CHEGOU!!!

Comeza o Entroido.

Este ano será un Entroido intimo, noso,  da casa.

Todos traemos a cabeza a mil,¿ vestirse ou non vestirse?

Todas estas preguntas que non nos deixan acougar por fin se resolveron este sábado.

Saímos e a nosa xentiña recibiunos coma nunca, moitos nos dixeron que debemos ser prudentes pero que hai que vivir. A vida nos pobos ten outro ritmo, lento e tranquilo, pero cando chega o Entroido cambia. Todo son luces e cores, barullo e risas. Este Entroido non importa o tempo que faga, con este Entroido chega a luz a moitas casas onde durante case dous anos había medo, soidade e moita tristura.

O Felo é traste pero está claro que tamén ten un sentimento profundo de arraigo coa xentiña da Corga da Serra.

Así que este ano LUME pero tamén sentidiño e bo paso .

Programa do Entroido Maceda 2019

Entroido Maceda 2019
Entroido Maceda 2019

O Entroido xa está entre nós, e en Maceda presumimos de elo. Festa Declarada de Interese Turístico de Galicia contamos co seguinte programa e información das diversas actividades:

12 de xaneiro, sábado, Festa de Inicio do Entroido. +información

23 de febreiro, sábado de Desmadre, ás 20h. daremos o comezo na Praza das Toldas. +información

23 de febreiro, sábado a partir das 21h. Fiadeiro en Carguizoi. +información

24 de febreiro, domingo, Tarde de Bolouros na praza Cervantes a partir das 16h. +información

1 de marzo, venres ás 20h. na Praza das Toldas Festa de Comadres+información

2 e 3 de marzo, sábado e domingo de Entroido saíndo ás 9:30 h. Antigo Matadoiro e percorrendo os Felos os pobos da Serra. +información sábado
+información domingo

2 de marzo, sábado, ás 20h. a baixada da Marela dende o Toural polas rúas da vila ca animación da Charanga BCB e Charanga Ardores +información

4 de marzo, luns de Entroido teremos Festa Infantil a partires das 17 h no Pavillón de Deportes con inchables, actuación do Mago Delmi e Desfile infantil +información

9 de marzo, o martes de Entroido trasladado polas condicións climatoloxicas: Desfile de  Felos, Carrozas e Comparsas, dende ás 18:00 h desfile de disfraces con saída dende a rúa das Canteiras. Ás 21 h entrega de premios do desfile de disfraces, individuais e grupos ata cinco participantes (1º 125 €, 2º 75 €, 3º 50 €) Grupos de máis de 6 participantes (1º 175 €, 2º 120 €, 3º 90 €) e Carrozas (1º 250 €, 2º 175 €, 3º 125 €). +información

6 de marzo, mércores de cinsa e como despedida, o Enterro do Entroido ás 20 h. na praza das Toldas. +información

Desfile Urbano 2019 (aplazado)

O desfile urbano previsto para o 5 de marzo de 2019, martes de Entroido, debido as condicións meteorolóxicas suspendeuse e cambiouse para o sábado día 9 de marzo ás 18:00 h.

O desfile de Felos, Carrozas e Comparsas, desfile de disfraces saíu dende a rúa das Canteiras ata o cruce dos Milagres e regresando con chegada a Praza do Felo.

Ás 21 h fíxose público o fallo do xurado e a entrega de premios do desfile de disfraces e seguiuse a festa ca animación dunha orquestra e a queima do Meco simbolizando o remate do Entroido.

Os premios por categorías foron os seguintes:

Grupos de ata 5 participantes:
1º “Portugueses da China” (125 €)
2º “Paseadoras de Cans” (75 €)
3º “Cociñeiro e animales” (50 €)
Accésit “Carrapuchiñas”

Grupos de 6 ou máis participantes:
1º “Noticiario Ribeira Sacra” (175 €)
2º “Chicas Frenadol” (120 €)

Carrozas
1º “Viduinas Asiaticas” (250 €)
2º “O Forno dos bolos” (175 €)
3º “Mario Bross” (125 €)
Accésit: “Os Labregos”, “O Mundo Maya”, “Cazafantasmas” e “Taberneiros do Pobo”

Percorrido Felos Maceda sábado 2019

O sábado 2 de marzo os felos percorreron Pías, Castro de Escuadro, Santirso, Xinzo da Costa, Celeiron saíndo pola tarde a Barxela, Vilardecás, Carguizoi, Sarreaus, e Tioira. Queremos deixar constancia que os Felos tamén se deixan ver en pobos de outros concellos como Arnuide ou Vide.

Agradecemos  a todos os pobos da serra que ano tras ano reciben os Felos e maila súa corte de fotógrafos e entroideiros. 

O entroido está a gozar de moi boa saúde, Percorreron a serra case 100 Felos o mais salientable é a cantidade de cativos que vemos no percorrido.  

A comida  tivo lugar na Dilixencia (Maceda),no Lar dos Felos e no Castelo de Maceda.  Os participantes tiveron que retirar tíckets para comer na Dilixencia e para subir o autobús.

Aínda estas a tempo de facerte  socios da Asociación. Pregunta na ferretería Aldraba (Toño Parrulo) ou contacta con Pinto ou Fran de Castro.

Organizou o Concello de Maceda e Asociación Felos da Corga da Serra.

 

Crónica gráfica de ese día:

 

Foliada en Carguizoy 2019

Fiadeiro Carguizoi 2019 (Maceda).
Fiadeiro Carguizoi 2019 (Maceda).
 

O 23 de febreiro de 2019 dentro do Entroido de Maceda tivo lugar o fiadeiro en Carguizoi (Maceda).

Foi o terceiro ano que os veciños de Carguizoy nos abriron as portas da sua casa. Gaitas e panderetas soaron, chocas, risas e contos. Os felos alborotadores non faltaron a cita.

Tamén contamos con animación musical a cargo de “De pe Feito“,  “Ergutío”, “Escola de Música Tradicional de Molgas”, “Xunquereteiras”…

Unha mostra fotográfica de o alí vivido:

 

Páxinas Pasando de Emilio Arauxo 2019

Paxinas pasando dos tellados polos felos
Paxinas pasando dos tellados polos felos

Co título “Páxinas Pasando dos tellados polos Felos” chega unha edición non venal da editorial Amastra-N-Gallar na que se nos agasalla cunha colección extensa de imaxes obtidas polo poeta, filósofo, escritor e etnógrafo Emilio Arauxo.

Aínda que o libro comeza cuns textos sobor dos Felos, nesta ocasión colle enseguida peso a imaxe, 150 páxinas nas que se recolle documentalmente os ritos, a dinámica da máscara durante o percorrido dos Felos polas aldeas da Corga da Serra durante todo o entroido, mais concretamente o sábado. Nenos, carautas, chocas, xente que recorda os Felos e os que o viven por primeira vez, sentimentos, sensacións…

De forma especial, o saúdo dende Gotemburgo, Suecia de Helena Ericksson e Kasimir Lindengren lucindo carauta de Felo sobre un lago xélido.

Felotextos

Felo Textos- Emilio Arauxo
Felo Textos- Emilio Arauxo

Versos de poetas estranxeiros para darlle pulo á máscara local de Maceda
A máscara típica de Maceda esperta interese fora da vila, fora de Galicia. Emilio Arauxo, filántropo, dono do selo editorial Amastra-N-Gallar, leva publicados máis de corenta felotextos con poetas de medio mundo.

Entre os últimos publicados “O cosmopolitismo e a afirmación encriptada do universo felo”. A poetisa sueca Helena Eriksson esculcou na criptografía do enigma: “I love Peliqueiro but I am Felo” ou “Felos de Maceda, enigma ancestral e cosmopolitismo”, do historiador e escritor macedán Santiago Prol.

Listado de obras e autores:

1 A Espera de Claude Royet-Journoud
2 A Fela en San Mamede de Xosé Vázquez Pintor
3 A máscara é a revelación do Si Mesmo en tanto que Outro de Donatella Bisutti
4 A máscara non instaura unha distancia, senón outra proximidade de Claude Royet-Journoud
5 A nena fela de Lupe Gómez
6 A pesar da chuvia de Olivier Cousin
7 A verdade dos felos
de Martin Melkonian
8 As Figuras
de Jorn H. Svaeren
9 Atrás, pasaxe de Arturo Casas
10 Axexo de Laurent Fourcaut
11 Boteiros de Mormentelos de Celia Lamera Couto
12 Comento sen título de Carlos Lema
13 Da felonia – Apontamentos sobre a risa e o entroido de Maceda
de Paula Godinho
14 Desfilar e desafiar de Olivier Cousin
15 Desvío de felos de Martin Melkonian
16 Detrás da néboa o Felo de Alexandre Nerium
17 Discurso de Luc Bénazet
18 Do cadro que o ollo inventa de Claude Royet-Journoud
19 Dun felo extraviado polo val de Maqueda
20 Dúo de Felos de Alain Cressan
21 Economía sumerxida de Lupe Gómez
22 Entre ou A outra proximidade de Helena Eriksson
23 Escallados nunha testa que flota como unha carantoña de Alexis Lask
24 Felo de Georges L. Roux
25 Felo de Joseph Attié
26 Felo con moza cos ollos pechados de Helena Eriksson
27 Felo dos nomes propios de María do Cebreiro
28 Felo otsailako ihauteri goizean de Itxaro Borda
29 Felos de Michele Cohen-Halimi
30 Felos de Rea Nikonova
31 Felos aínda serra de Michael O´Dea
32 Felos ao galope de Cécile Guivarch
33 Felos de Maceda, enigma ancestral e cosmopolitismo de Santiago Prol
34 Felos, Documentos do Xeneral Instín presentados por Nicole Caligarís de Nicole Caligarís
35 Frases para un Felo de Claude Royet-Journoud
36 Imaxes fixas de Martin Högström
37 Impedir a fenda do mundo de Olivier Cousin
38 Lentitude de Daniel Salgado
39 Máscara de Yu Jian
40 Máscara Pánica de Béatrice Bonhomme
41 Na noite dos nomes (Felos) de Emilio Arauxo
42 Nas lastras do barrio mineiro de Ronald Klapka
43 O ceo axudado por min de Pierre Le Pillouër
44 O Felo de Alain Jégou
45 O Felo ou de Luis G. Soto
46 O Felo sen fin de Anxo Pastor
47 O Felo vai falar! de Beátrice Machet
48 O felo, é toda unha humanidade… de Martin Melkonian
49 O Felo-da-compaixón de Martin Melkonian
50 O invisible de ser …. de Jacky Bourillon
51 O lobo a Lúa de Helena Eriksson
52 O océano reversible de Marie de Quatrebardes
53 O que nada nos afonda de Bieito Iglesias
54 Onde non estamos de Christiane Veschambre
55 Orbis personae de Alain Cressan
56 Os cavalos estám a viver as nossas vidas de Séchu Sende
57 Os Felos do Monte Toro @ Prada de Conflent de José Manuel Bouzo Limia
58 Os mestres da desorde de Michèle Chadeisson
59 Primeira felo silaba de Miriam Sánchez Moreiras
60 Repartición das máscaras de Jean-François Bory
61 Scan de Felo de David Lespiau
62 Se os Felos atravesan polos nosos poemas? de James Sacré
63 Tarde dun lince de Helena Eriksson
64 Ti recoñeces de Helena Eriksson
65 Toda esa infancia que desaparece de Claude Royet-Journoud
66 Un felo movemento de Chistophe Mescolini
67 Un pequeno héroe de carnaval de Martin Melkonian
68 Unha forma da que non se ten o molde en si de Dominique Fourcade
69 Xestos primaverais de Cécile Guivarch
 

“Entroidos da Provincia”

Entrodios-da-provincia
Entrodios-da-provincia

Baixo a coordinación de Fernando Rodríguez Nespereira, a supervisión de Pedro Araújo Nespereira, Belén Gómez Quevedo, José Carlos Sierra Rodríguez, Modesto González Fernández. Fotografía e textos de Tomás Vega Pato contando ca participación dos arquivos fotográficos de Eduardo Núñez, Moncho, Iñaqui Osorio, Tomás Pérez Hernández, Xosé Lois Vázquez, Xan, Concello de Laza, Concello de Trives e Concello de Verín editase polo Padroado Provincial de Turismo de Ourense o folleto “Entroidos da Provincia” cunha breve reseña sobre o Felo de Maceda no apartado de outros entroidos.