Xuntaronse as 20.00 da tarde na praza. Alí estiveron trouleando ata as 22.00 que foron cear o Restuarante a Dilixencia. A Charanga a Felga puxo a nota musical para diversión de todas.
Xuntaronse mais de 200 mulleres en grupos grandes e outros mais modestos. Poideronse ver indias, o xogo de quen é quen, algunha sevillana perdida, esquimales, a Shaquira e ata coelliños. Incluso chegou un bus do inserso que iba a Benidorm e fixo parada en Maceda. Cada ano consolidase esta festa e timidamente, moi timidamente, vanse sumando algún home disfrazado de muller.
Comenza o ritual. Non se sabe quen está mais nervioso. Mulleres e homes nos pobos preparando as mesas para convidar con comida e bebida os felos ou estes. Xuntarse 10 ou 20 felos para vestirse: medias negras calcetín blanco e bota alta, enfaixarse. Entre dous enfaixarse, que quede a sabana sin ninguna arruga que logo o día é longo e a troula grande. A camisa branca, chaquetilla de cores, os colares por riba da garavata.
Todolos anos igual!!! Quen sabe facerlle o nudo???
Callado, chocas e carauta. Empeza o día
Os felos andiveron por Castro, Pias, Barxela, Carguizoi , Tioira e Maceda.
A tarde hai fiadeiro en Carguizoi, pero este é outro conto.
O sábado día 4 de febreiro de 2023, día de feira, celebrouse o día de compadres.. Xuntaronse grandes e pequenos con ganas de festa .
Horario:
As 5 da tarde dende a ANPA CEIP MACEDA organizou na Praza un taller de elaboración de compadres e comadres para nenos con material de refugallo. Ás 7 da tarde, tamén na praza, hobo unha quedada para que cada grupo troixera elaborado un meco e música para montar festa. Os compadres participaron homes e mullers, pero estas disfrazadas de homes. Os participantes xuntaronse na praza cos nosos mecos acompañados da música, despois colocaronse polo pobo onde cada un quixo e a festa continuo polo pobo.
Houbo pouca participación,, agás os cativos que o pasaron en grande.. Todos os mecos participaron nun concurso con tres grandes premios.
O sábado día once de febreiro de 2023, a tardiña fixose o fiadeiro en Carguizoi.
Este ano encargouse de organizar todo os mozos do pobo coa inestimable axuda dos veciños.
O concello de Maceda prestou a carpa e regalou pan e empanadas.
O grupo as Xoaniñas (grupo formado por mulleres da parroquia de Tioira e quen se queira apuntar) como todolos anos axudaron con manxares doces e salgados. Pero a colaboración coma sempre foi enorme. Dende comercios de Maceda, Baños de Molgas, Niñodaguia, a Derrasa, San Ciprian das Viñas, Ourense, Panton e veciños da parroquia.
Os mozos tamen venderon chapas e unhas cuncas de barro a mais de un bar para recaudar fondos e tratar de autofinanciarse cada vez mais.
colaboradores
Xuntaronse grupos tradicionais de baile e de musica, algúns invitados e outros espontaneos. Coma sempre os grandes protagonistas foron os felos .
Ademais contamos como figura do Entroido convidada cos “Peliqueiros de Campobecerros”
O Entroido xa está entre nós, e en Maceda presumimos de elo. Festa Declarada de Interese Turístico de Galicia contamos co seguinte programa e información das diversas actividades:
04 de xaneiro, sábado, Festa de Inicio do Entroido. +información
Do 14 o 16 de febreiro, Pinchos de Entroido, +información
14 de febreiro cena de entroideiras no Lar dos Felos +informacion
15 de febreiro, sábado a partir das 21h. Fiadeiro en Carguizoi. +información
16 de febreiro, domingo, Tarde de Bolouros na praza Cervantes a partir das 17h. +información
Programación Entroido Maceda 2020
21 de febreiro, venres ás 20h. na Praza das Toldas Festa de Comadres. +información
22 e 23 de febreiro, sábado e domingo de Entroido saíndo ás 9:30 h. Antigo Matadoiro e percorrendo os Felos os pobos da Serra. +información sábado+información domingo
22 de febreiro, sábado, ás 19:30h. a baixada da Marela dende o Toural polas rúas da vila ca animación da Charanga BCB e Charanga Zes Pereiras de Amarante, ás 20:30h charanga BCB polas rúas e bares de Maceda para terminar as 00:00 h coa Marelada coa Charanga “Los Fugitivos” +información
24 de febreiro, luns de Entroido teremos Festa Infantil a partires das 17 h no Pavillón de Deportes con inchables e Desfile infantil +información
25 de febreiro, o martes de Entroido Desfile de Felos, Carrozas e Comparsas, dende ás 18:00 h desfile de disfraces con saída dende a rúa das Canteiras. Ás 21 h entrega de premios do desfile de disfraces, individuais e grupos ata cinco participantes (1º 125 €, 2º 75 €, 3º 50 €) Grupos de máis de 6 participantes (1º 175 €, 2º 120 €, 3º 90 €) e Carrozas (1º 250 €, 2º 175 €, 3º 125 €). +información
26 de febreiro, mércores de cinsa e como despedida, o Enterro do Entroido ás 20 h. na praza das Toldas. +información
O domingo 23 de febreiro de 2020 os Felos percorreron os pobos da Serra de San Mamede: Pías, Castro de Escuadro, Santirso, Xinzo da Costa, Celeiron saíndo pola tarde a Barxela, Vilardecás, Carguizoi, Sarreaus, e Tioira.
Agradecemos a todos os pobos da serra que ano tras ano reciben os Felos e maila súa corte de fotógrafos e entroideiros.
Organizado polo Concello de Maceda e Asociación Felos da Corga da Serra.
A cita será o sábado, 1 de febreiro de 2020 no edificio multiusos do Concello de Maceda ás 20:30 horas.
A esta reunión estan convocados tódolos socios doutros anos e todas as persoas que estén interesadas en facerse socias esta tempada.
Por último recordar que nesta reunión tomaranse decisións sobre o futuro da asociación e estas faránse por a maioría dos socios PRESENTES, polo que desde a directiva pedimos que asista o maior número de socios posible.
O Entroido xa está entre nós, e en Maceda presumimos de elo. Festa Declarada de Interese Turístico de Galicia contamos co seguinte programa e información das diversas actividades:
12 de xaneiro, sábado, Festa de Inicio do Entroido. +información
23 de febreiro, sábado de Desmadre, ás 20h. daremos o comezo na Praza das Toldas. +información
23 de febreiro, sábado a partir das 21h. Fiadeiro en Carguizoi. +información
24 de febreiro, domingo, Tarde de Bolouros na praza Cervantes a partir das 16h. +información
1 de marzo, venres ás 20h. na Praza das Toldas Festa de Comadres. +información
2 e 3 de marzo, sábado e domingo de Entroido saíndo ás 9:30 h. Antigo Matadoiro e percorrendo os Felos os pobos da Serra. +información sábado +información domingo
2 de marzo, sábado, ás 20h. a baixada da Marela dende o Toural polas rúas da vila ca animación da Charanga BCB e Charanga Ardores +información
4 de marzo, luns de Entroido teremos Festa Infantil a partires das 17 h no Pavillón de Deportes con inchables, actuación do Mago Delmi e Desfile infantil +información
9 de marzo, o martes de Entroido trasladado polas condicións climatoloxicas: Desfile de Felos, Carrozas e Comparsas, dende ás 18:00 h desfile de disfraces con saída dende a rúa das Canteiras. Ás 21 h entrega de premios do desfile de disfraces, individuais e grupos ata cinco participantes (1º 125 €, 2º 75 €, 3º 50 €) Grupos de máis de 6 participantes (1º 175 €, 2º 120 €, 3º 90 €) e Carrozas (1º 250 €, 2º 175 €, 3º 125 €). +información
6 de marzo, mércores de cinsa e como despedida, o Enterro do Entroido ás 20 h. na praza das Toldas. +información