Tag Archives: maceda

Os Felos en Astorga 2019

2019 Piñata Astorga
2019 Piñata Astorga

O domingo 10 de marzo de 2019 a cidade de Astorga celebrou, despois do seu habitual desfile de Piñata o día anterior, o “Antruejo” como acto final este ano e que, entre outras figuras do Entroido Tradicional, contou por segundo ano consecutivo ca presencia dos Felos de Maceda (Ourense).

No desfile, que arrancou as 12:30 h. da maña, estiveron acompañando os Maragatos e os moitos visitantes asistentes as seguintes asociacións:

1. Jurrus y Castrones, Alija del Infantado (León)
2. Maragatas y Patahenos de La Alberca (Salamanca)
3. Fulión A Veiga. Asociación cultural O Son de Trevinca, (Ourense)
4. Asociación Cigarrón de Verín, Verín (Ourense)
5. Asociación Felos da Corga da Serra, de Maceda (Ourense)
6. Fulión de Mormentelos, Vilariñó de Conso – Mormentelos (Ourense)

Saíndo dende o Polideportivo Felipe Miñambres percorreron as rúas ata chegar á Praza Maior onde cada grupo de forma individual fixo unha presentación da súa figura e das particularidades do seu “Entroido” facendo de este acto un encontro cultural de coñecemento e promoción da historia de todos os grupos alí convocados.

A programación do entroido de Astorga de este ano deu remate as 21:30 h. na praza Maior ca queima da Piñata.

Desfile Urbano 2019 (aplazado)

O desfile urbano previsto para o 5 de marzo de 2019, martes de Entroido, debido as condicións meteorolóxicas suspendeuse e cambiouse para o sábado día 9 de marzo ás 18:00 h. O desfile de Felos, Carrozas e Comparsas, desfile de disfraces saíu dende a rúa das Canteiras ata o cruce dos Milagres e regresando con chegada a Praza do Felo. Ás 21 h fíxose público o fallo do xurado e a entrega de premios do desfile de disfraces e seguiuse a festa ca animación dunha orquestra e a queima do Meco simbolizando o remate do Entroido. Os premios por categorías foron os seguintes: Grupos de ata 5 participantes: 1º “Portugueses da China” (125 €) 2º “Paseadoras de Cans” (75 €) 3º “Cociñeiro e animales” (50 €) Accésit “Carrapuchiñas” Grupos de 6 ou máis participantes: 1º “Noticiario Ribeira Sacra” (175 €) 2º “Chicas Frenadol” (120 €) Carrozas 1º “Viduinas Asiaticas” (250 €) 2º “O Forno dos bolos” (175 €) 3º “Mario Bross” (125 €) Accésit: “Os Labregos”, “O Mundo Maya”, “Cazafantasmas” e “Taberneiros do Pobo”

Percorrido Felos Maceda domingo 2019

Entroido Maceda 2019
Entroido Maceda 2019

Domingo 3 de marzo de 2019 os felos percorreron os pobos da Serra de San Mamede: Pías, Castro de Escuadro, Santirso, Xinzo da Costa, Celeiron saíndo pola tarde a Barxela, Vilardecás, Carguizoi, Sarreaus, e Tioira.

 Un ano mais, dende Goteburgo  Helena Eriksson lle rendeu homenaxe ao felos da nosa serra.

Apesar de repetirnos anos tras anos e artigo trás artigo queremos agradecerlles a todos os pobos da serra o esforzo que fan para agasallar os Felos e toda aquela xentiña que os acampaña, non importa que sexan da bisbarra ou visitantes.

A comida  foi na Dilixencia (Maceda) na que participaron máis de 80 Felos e algunha persoa acompañante ademáis.

Crónica Gráfica de ese día: 

Baixada da Marela 2019

Baixada Marela 2019
Baixada Marela 2019

O sábado 2 de marzo de 2019 tivo  lugar a sexta edición da Solta da Marela. A actividade que corre a cargo da Asociación O Cruceiro de Maceda, deu  comenzo frente o Bar Indio ás 20.15. Baixando polo Toural para seguir a festa no centro da vila. Contaron oca animación musical da Charanga BCB e Charanga Ardores. Os organzadores pertencente a asociación recordoulle os participantes da actividade que a fariña non se pode tirarse aos felos e que así reinase  un ambiente distendido e de respeto.

Esta actividade xa esta consolidada no Entroido de Maceda e así o corroborá a gran afluencia de xente a Solta da Marela.

Percorrido Felos Maceda sábado 2019

O sábado 2 de marzo os felos percorreron Pías, Castro de Escuadro, Santirso, Xinzo da Costa, Celeiron saíndo pola tarde a Barxela, Vilardecás, Carguizoi, Sarreaus, e Tioira. Queremos deixar constancia que os Felos tamén se deixan ver en pobos de outros concellos como Arnuide ou Vide.

Agradecemos  a todos os pobos da serra que ano tras ano reciben os Felos e maila súa corte de fotógrafos e entroideiros. 

O entroido está a gozar de moi boa saúde, Percorreron a serra case 100 Felos o mais salientable é a cantidade de cativos que vemos no percorrido.  

A comida  tivo lugar na Dilixencia (Maceda),no Lar dos Felos e no Castelo de Maceda.  Os participantes tiveron que retirar tíckets para comer na Dilixencia e para subir o autobús.

Aínda estas a tempo de facerte  socios da Asociación. Pregunta na ferretería Aldraba (Toño Parrulo) ou contacta con Pinto ou Fran de Castro.

Organizou o Concello de Maceda e Asociación Felos da Corga da Serra.

 

Crónica gráfica de ese día:

 

Os Bolouros 2019

Tarde de Bolouros 2019
Tarde de Bolouros 2019

O domingo 24 de febreiro de 2019, na praza Cervantes, organizado por “O Recreo”, “A Chuche Mecánica” e a “Asociación de Felos da Corga da Serra” divertímonos o grande recuperando unha tradición do Entroido da nosa contorna: “Os Bolouros”

Si non sabes que son, tes aquí mais información: “Os Bolouros”

Xuntámonos a partires das catro da tarde entorno o “barro especial” para aprender como se fan os Bolouros e enseguida tanto nenos como maiores metemos a man e elaboramos os Bolouros.

Despois neste “Domingo Corredoiro” pasamos a práctica e non quedou ninguén sen pintar tanto na praza como no entorno próximo, os nenos entre si, e incluso algún avó que se veu a ver os netos acabaron tamén desfrutando da festa.

Rematamos a festa cunha chocolatada e bica para os asistentes .

Así aprendemos un pouco desta nosa tradición, da súa historia e xogamos.

Unha pequena testemuña do que vivimos alí:

Foliada en Carguizoy 2019

Fiadeiro Carguizoi 2019 (Maceda).
Fiadeiro Carguizoi 2019 (Maceda).
 

O 23 de febreiro de 2019 dentro do Entroido de Maceda tivo lugar o fiadeiro en Carguizoi (Maceda).

Foi o terceiro ano que os veciños de Carguizoy nos abriron as portas da sua casa. Gaitas e panderetas soaron, chocas, risas e contos. Os felos alborotadores non faltaron a cita.

Tamén contamos con animación musical a cargo de “De pe Feito“,  “Ergutío”, “Escola de Música Tradicional de Molgas”, “Xunquereteiras”…

Unha mostra fotográfica de o alí vivido:

 

Desfile Urbano 2018

O 13 de febreiro, martes debido as inclemencias do tempo quedou aplazado o desfile de entroido para o próximo domingo día 18.

O desfile de Entroido: Felos, Carrozas e Comparsas, dende ás 17:30 h desfile de disfraces con saída dende a rúa das Canteiras.

Ás 21 h entrega de premios do desfile de disfraces, individuais e grupos ata cinco participantes (1º 125 €, 2º 75 €, 3º 50 €) Grupos de máis de 6 participantes (1º 175 €, 2º 120 €, 3º 90 €) e Carrozas (1º 250 €, 2º 175 €, 3º 125 €). 

Baixada da Marela 2018

O pasado sábado, 10 de febreiro, tivo lugar a quinta edición da Solta da Marela. A actividade correu a cargo da Asociación O Cruceiro de Maceda, que comezou no Bar Indio ás 20.15.

A xente da asociación encargouse de falar cos participantes da actividade para lembrar que a fariña non podía tirarse aos felos e que así reinase un ambiente distendido e de respeto.

Houbo unha boa afluencia de xente e consolida a Solta da Marela no entroido de Maceda.