A obra dó investigador e escritor natural de Viana do Bolo Carlos Xabier Ares resultou premiada no XXIII Premio Vicente Risco de Ciencias Sociales.
“Festividades de inverno na provincia de Ourense: máscaras, personaxes e rituais” foi merecedor de este reconñecemento o considerar o xurado que dita investigación realizase unha importante “catalogación de los personajes y las figuras de Entroido y de las fiestas de invierno ourensanas podrá ser muy interesante para un conocimiento público de las figuras que protagonizan estas fiestas”, según apuntan dende a Fundación Vicente Risco.
Aquí fican relatos, informantes, testemuñas, vellas cantigas e gran variedade de situacións que durante moitos invernos lle deron pulo ás relacións interpersoais e a unha realidade social que olla estas celebracións como un xeito de vida
O Entroido xa está entre nós, e en Maceda presumimos de elo. Festa Declarada de Interese Turístico de Galicia contamos co seguinte programa e información das diversas actividades:
04 de xaneiro, sábado, Festa de Inicio do Entroido. +información
Do 14 o 16 de febreiro, Pinchos de Entroido, +información
14 de febreiro cena de entroideiras no Lar dos Felos +informacion
15 de febreiro, sábado a partir das 21h. Fiadeiro en Carguizoi. +información
16 de febreiro, domingo, Tarde de Bolouros na praza Cervantes a partir das 17h. +información
Programación Entroido Maceda 2020
21 de febreiro, venres ás 20h. na Praza das Toldas Festa de Comadres. +información
22 e 23 de febreiro, sábado e domingo de Entroido saíndo ás 9:30 h. Antigo Matadoiro e percorrendo os Felos os pobos da Serra. +información sábado+información domingo
22 de febreiro, sábado, ás 19:30h. a baixada da Marela dende o Toural polas rúas da vila ca animación da Charanga BCB e Charanga Zes Pereiras de Amarante, ás 20:30h charanga BCB polas rúas e bares de Maceda para terminar as 00:00 h coa Marelada coa Charanga “Los Fugitivos” +información
24 de febreiro, luns de Entroido teremos Festa Infantil a partires das 17 h no Pavillón de Deportes con inchables e Desfile infantil +información
25 de febreiro, o martes de Entroido Desfile de Felos, Carrozas e Comparsas, dende ás 18:00 h desfile de disfraces con saída dende a rúa das Canteiras. Ás 21 h entrega de premios do desfile de disfraces, individuais e grupos ata cinco participantes (1º 125 €, 2º 75 €, 3º 50 €) Grupos de máis de 6 participantes (1º 175 €, 2º 120 €, 3º 90 €) e Carrozas (1º 250 €, 2º 175 €, 3º 125 €). +información
26 de febreiro, mércores de cinsa e como despedida, o Enterro do Entroido ás 20 h. na praza das Toldas. +información
O domingo 23 de febreiro de 2020 os Felos percorreron os pobos da Serra de San Mamede: Pías, Castro de Escuadro, Santirso, Xinzo da Costa, Celeiron saíndo pola tarde a Barxela, Vilardecás, Carguizoi, Sarreaus, e Tioira.
Agradecemos a todos os pobos da serra que ano tras ano reciben os Felos e maila súa corte de fotógrafos e entroideiros.
Organizado polo Concello de Maceda e Asociación Felos da Corga da Serra.
Séptima edición da Baixada da Marela o 22 de febreiro de 2020, A actividade que correu a cargo da Asociación O Cruceiro de Maceda, deu comenzo frente o Bar Indio ás 20.30h.
O sábado 22 de febreiro de 2020 os Felos percorreron Pías, Castro de Escuadro, Santirso, Xinzo da Costa, Celeiron saíndo pola tarde a Barxela, Vilardecás, Carguizoi, Sarreaus, e Tioira.
Agradecemos a todos os pobos da serra que ano tras ano recibiron os Felos e maila súa corte de fotógrafos e entroideiros.
Queremos incidir en que apesar de que case todo o mundo se comporta civilizadamente algúns personaxes que pasan polos nosos pobos comen e beben nas nosas mesas e deixan o lixo tirado no chan ou en calquer sitio que non corresponde. Recordarvos a todos que esta festa é nosa. Dos nosos pobos e das nosas xentes, que estamos tan orgullosos dela que nos encanta compartila, pero isto non é un botellón, nin a escusa perfecta para comer e beber gratis. Pedimos RESPECTO
Organizado polo Concello de Maceda e Asociación Felos da Corga da Serra.
nunha tunica de sombra, portada do libro de Emilio Arauxo sobre os Felos 2020
Baixo o título de “Nunha túnica de sombra (Fío a fío de vida felos)” chega unha nova publicación non venal da editorial Amastra-N-Gallar da man de Emilio Araúxo.
En 114 páxinas achéganos un ano mais o gran valor material e inmaterial dos nosos Felos do Val de Maceda, unha colección de imaxes recollidas por el mesmo durante o percorrido dos Felos polos pobos da Serra o sábado de entroido de 2019 non faltando unha pequena mostra da “Baixada da Marela”, tamén un saúdo moi entrañable dende Suecia, Helena Ericksson e Helena Fagertun e Kasimir Lindengren na rexión de lagos e bosques de Vättlefjäll. O poema «Túnica de sombra» e unha relación de nomes completan a obra.
Neste libriño inmortalizase o ir e vir, os nenos, o calor de recordos dun pasado que chega en forma de doces e de ritos, carautas, chocas, o poder dos Felos na Serra, as chaquetillas, o dinamismo, …
O domingo 16 de febreiro de 2020, na praza Cervantes, organizado por “a Fenda”,“A Chuche Mecánica” e a colaboración do Club Ciclista de Maceda e , divertímonos o grande recuperando unha tradición do Entroido da nosa contorna: “Os Bolouros”.
A cita foi a partires das 17:00 h. e houbo chocolatada e doces para os nenos asistentes.
Si non sabes que son, tes aquí mais información: “Os Bolouros”