Foliada en Carguizoy 2020

Fiadeiro Carguizoi 2020
Fiadeiro Carguizoi 2020

O 15 de febreiro de 2020 dentro do Entroido de Maceda tivo lugar o fiadeiro en Carguizoi (Maceda).

A cuarta edición que comezou a partir das 18:00 h co Desfile dos Peliqueiros de Campobecerros e ás 19:00 h. a chegada dos Felos.

Un ano máis os veciños de Carguizoy abrirán as portas da suas casas para recibir as  gaitas e panderetas que soaron entre as chocas, risas e contos.

Os felos alborotadores non faltaron a cita.

A contribución a festa fixose coa compra dunha cunca de barro cun custe de 3€ que da dereito a comida e bebida e con camisetas. 

Participaron as pandereiteiras entre outros :

Xunquereteiras
Devanadoira
Parte de AOFT
Parte de airiños de calderas

 

 

Fiadeiro Carguizoi 2020
Fiadeiro Carguizoi 2020

Programas entroidos de Ourense 2020

Programa Entroidos Ourense 2020
Programa Entroidos Ourense 2020

O entroido na provincia de Ourense non só se celebra nos catro días principais, de sábado a martes de entroido, onde as bromas, os disfraces e os traxes típicos enchen a cidade, as vilas, aldeas e rúas, días nos que se anima á participación popular; senon que desde xaneiro xa se comeza a preparalo, como acontece en Xinzo de Limia, cun dos ciclos máis longos.

Unha festa na que se valora o espíritu participativo e as ganas de divertirse, hai que ir disfrazado, non importa de que, sen disfraz un corre o risco de sufrir uns golpes de fusta; de que lle boten fariña ou formigas vivas; ou de ter que convidar a unha rolda de viños.

É o que hai!

O entroido ourensán é ancestral, unha celebración de longa tradición popular, que a día de hoxe goza de moi boa saúde, aínda que algúns ritos e peculiaridades se teñan perdido e outros estean en proceso de recuperación.

É unha festa de interese turístico internacional en Xinzo de Limia, de interese turístico nacional en Verín, e de interese turístico galego en Laza, Maceda, Manzaneda, Viana do Bolo e Vilariño de Conso.

E en Ourense acompañamos sempre o entroido dunha boa mesa onde o protagonista é o porco, coa guarnición das patacas, os grelos ou os garavanzos. E de postre, filloas, orellas, bica…, para rematar cun bo licor café. Que empece a festa !

A Deputación de Ourense co Entroido! .

Descarga o ficheiro aquí

Pinchos Entroido Maceda 2020

Pinchos Entroido Maceda 2020
Pinchos Entroido Maceda 2020

Os vindeiros 14, 15 e 16 de febreiro terá lugar  “Pinchos de Entroido 2020” onde se poderán degustar sabrosos pinchos e valoralos.

Nesta edición participan:

“A cervecería”con Tosta de queixo de Arzúa e pult,

“A Fenda”con minipizza de langostino,

Ambigú cafécon xabarin o chocolate con crema de castañas e setas,

“Bar Plaza” con tosta de paté e mermelada de frambuesa,

“Cafetería A Sala” con Mini hamburguesa,

“Cafetería Castillo” con hogaza de entroido,

“Casa Rosacon ovos rotos,

Pagas tu café”con sorpresa de hojaldre,

“O Mesonciño” con albóndigas e

“Umpalumpa café Teatro”con vol au vent recheo de gambas e hydnum repandum.

En estos días, en horario de 19:00 a 23:00 h. a un precio de 1,50 € por pincho.

A túa pa

Pinchos de Entroido
Pinchos de Entroido

rticipación ten premio: 1º premio: 100 €, 2º  premio: 50€ e 3º premio: 50 €

Felos e Teriantropía

Coa chegada do entroido inagurause unha nova exposición en Mur Marxinal  «Felos e Teriantropía» de Anaman.org, estará ata o 26 de febreiro. De luns a sábado de 8:00h a 21:00 h.

Falamos con Jose Manuel Bouzo para saber como xurdíu a idea e como se foi fraguando

“Levo xa un tempo coa idea. Desenvolvéndoa, no mundo pictórico e nas nosas carantoñas.

Idea 1). Os meus Felos son ecoloxistas, coma min. Levo no mundo da ecoloxía desde o ano 1976: Legión Verde da U. Laboral, e S.G.H.N.( Sociedade Galega de Historia Natural )desde hai 40 anos.

Idea 2). Impáctame a naturaleza do Val de Maceda, Limia alta, sobre todo a cantidade de auga que baixa da Serra, con tioiras, caldeiras, canles, rios, regueiros e regatos….imaxina as enormes troitadas…as perdices Charrelas no alto da Serra ( a perdiz autóctona, desparecida moi recentemente )….

Idea 3). Decidín desenvolver un Felo ecoloxista para axudar e reivindicar a naturaleza, agora mancillada difusamente. E para tal, que os meus Felos levasen pintados na mitra un animal totémico, fose tanto este necesario como non, según a tradición revisada. Tanto me ten, é evidente que noutros tempos antergos se deberían representar outros motivos ( corríxeme se non ); pero eu escollo animais da fauna autóctona, e incluso a desaparecida.

Idea 4). Pídolle a amigos que me representen animais concretos, dos que eles gosten, ou eu lles suxiro.

            Ó meu amigo da infancia en Francia, Alexis Lask, agora artista pintor, fillo de artistas, pídolle que me pinte:

                – unha “pita do monte” ( urogallo ), posto que vivimos no sopé dos Pirineos, onde as hai. Alén diso

                – doulle unha segunda careta para que represente un burro Catalán, posto que moramos na cataluña Francesa, Pirineos Orientais, na zona do Conflent, entre o Roussillon e a Cerdaña.

              Alexis Lask, como artista que é, emprega 18 meses en facer algo, e trasgrede o que lle pedín.

              Cando o vou visitar ó seu Atelier, en Eus, dime: “non fixen o que exactamente me pediches”, espero que che guste”.

Cando vin os dous primeiros modelos tronceime de risa. Alexis 

              africanizou as máscaras e colou peluches na mitra. 

            “non querías animais ?…aí os tes”, 

              espetoume.

             Según él, os animalciños acofóranse os uns cos outros pedindo protección e mimo.

Lembro agora que na confección participaron moitas xentes, incluso un “jalotero” para cortar e domear as chapas da mitra, e Sagar, un tallista Senegalés que se pón no Paseo de Ourense, para pulirmas. A careta parte de un modelo de Felipe de Couzada que me prestaron os donos do Lar dos Felos, e tardei catro ou cinco anos en devolverlle. Axudoume na talla Francisco G. Remiseiro, aventaxado escultor de Barro, Pontevedra.

              Pedinlle á Alexis unha pequena xustificación filosófica do que fixo. Recollida nunha obra de Amastra-N-Gallar de 2018, que tes que ter: “Encallados nunha testa que flota  como unha carantoña”. Por se vale de algo, hai unha alusión ás pateras e a deriva de tanto emigrantes no mediterráneo. Alexis Lask é neto de xudeos Polacos emigrados á Francia no primeiro tercio do século XX, e por lado materno neto de Cataláns con apelido “Juanola”. 

 Eu son fillo de emigrantes e alí pasei a miña infancia.  En Francia descubro os Felos, de maus de xente de Baños de Molgas e Xunqueira de Ambía. Nese contexto, Felo é  como un Forromeco vestido de calquer xeito, cuxa función principal é asustar e sorprender. Cando retorno a Galicia, ano 1972, penso que todo o universo antroideiro é de Felos, calqura disfrazado é un Felo. Estudo antropoloxía en Santiago a principios dos 80, de maus de Marcial Gondar, e daquelas non se mencionaban. A Historia do meu redescubrimento e reivindicacióaparece nun opúsculo de Amastra-N-Gallar de Emilio Araúxo: “Os Felos de Monte Toro, cap Prada de Conflant”. Primeira reivindicación pública e rotunda do topónimo MONTE TORO, precristián, en troques de San Mamede.

O seguinte encontro é con un artista Cubano, J. Pallerols, de Camagüey, vila á que emigraron os meus familiares e veciños de Bobadela A  Pinta, Xunqueira de Ambía. Joel González Pallerols, pinta unha línea “vacas sagradas”…bebendo sangue…alusión á prohibición vixente en Cuba de matar “res”….

Entón surxe o cruce creativo. Visualizo o Felo como unha vaca sagrada, e derivo a hibridación “humano-animal”.

Como Joel Pallerols ten un alto nivel de realización e dibuxo, pídolle que me represente catro animais totémicos da nosa fauna brava: urso, cabalo, uro, lobo.

Concretou: un cervo, un cabalo, un boi-uro…..humanos….fáltanos sen dúvidas o lobo, o máis poderoso,….e o urso, quen ocupou ata que os europeos colonizaron África, o posto do Rei dos animais.

Outro cadro de Teriantropia representa un cabalo con pé humano, e unha charca de sangue. Idea perturbadora.

E o cadro máis grande unha hibridación de vaca e cabalo, todo carne comestible.

En algunha ocasión, por riba da cara do cabalo ou do cervo puxen carantoñas de Felo….é unha boa combinación…..

Nistes momentos falta por montar un cadro, e por reparar duas caretas, das que se lle desprenderon os peluches por exceso de peso. Se consigo reparalas colocareinas próximas , ou encima, do cabalo e do cervo teriantrópico.

Xuntanza en Campobecerros 2020

O sábado día 1 de febreiro de 2020 xuntaranse na aldea de Campobecerros no concello de Castrelo do Val en Ourense.

Por terceiro  ano consecutivo,  estarán presentes os Peliqueiros e Parranfóns de Campobecerros, os Fulións Rurais de  Viana do Bolo, os Felos de Maceda e coma novidade os Cigarrons de Verin.

Tempo de entroido onde se poderán ver distintas máscaras moi características do entroido ourensan. 

 

Reunión Anual Asociación Felos da Corga da Serra

Logo asociación Felos Maceda
Logo asociación Felos Maceda

Convócase a reunión anual da Asociación de Felos da Corga da Serra de este 2020.

A cita será o sábado, 1 de febreiro de 2020 no edificio multiusos do Concello de Maceda ás 20:30 horas.

A esta reunión estan convocados tódolos socios doutros anos e todas as persoas que estén interesadas en facerse socias esta tempada.

Por último recordar que nesta reunión tomaranse decisións sobre o futuro da asociación e estas faránse por a maioría dos socios PRESENTES, polo que desde a directiva pedimos que asista o maior número de socios posible.

GRACIAS

III Xornada dos Entroido de Vigo

III Xornada dos Entroido de Vigo
III Xornada dos Entroido de Vigo

A Asociación Etnográfica A Merdeira de Vigo organizou ás III Xornadas do Entroido de Vigo que se celebraron os días 17 e 18 de xaneiro de 2020. Será na sede do Instituto Camôes situado no casco vello de Vigo. 

Nesta edición faremos un percorrido polos entroidos da Serra de San Mamede, A Limia e Lamego en Portugal. Tamén coma en edicións anteriores, ademais das charlas programadas tamén haberá unha exposición permanente sobre O Merdeiro e o Entroido de Vigo e este ano tamén a exposición fotográfica “Xunguir non é esmorecer, senón medrar” de Rita Blanco.

O venres 17, tras a apertura das xornadas as 19:30 horas, ás 20:00 horas tivo lugar unha charla sobre a evolución do Entroido na Serra de San Mamede e a figura dos Felos de Maceda. A charla foi impartida por Lola Fernández e Rita Blanco da Asociación Felos da Corga da Serra.

As xornadas continuaron o sábado 18 coa apertura das exposicións ás 11:00 horas. Ás 18:00 horas tivemos unha charla sobre o Entroido e a figuras das Pantallas de Xinzo de Limia. Esta foi a cargo dun representante da Asociación A Pantalla.

Pecharonse as xornadas con outra charla sobre os entrudos portugueses. Coñecemos en detalle o Entrudo de Lazarim grazas a Tânia Valverde Borges, investigadora e veciña de Lamego (Portugal).

Máis información: http://www.omerdeiro.org/

Mascarada Ibérica 2020 Vilariño

VI Mascarada Iberica
VI Mascarada Iberica

O domingo, 12 de xaneiro de 2020, na localidade de Vilariño de Conso, a partir das 12 da maña, tivo lugar a VI edición da Máscarada Ibérica na que se reuniron 33 grupos procedentes de España, Portugal, e como novidade a presenza dun grupo de Italia.

Así tivemos ocasión de ver aos grupos enumerados a continuación ataviados con traxes tradicionais e máscaras de inverno chegados desde Galicia, Cantabria, Castela e León, Castela-A Mancha, País Vasco, Portugal ( Bragança e Viseu) e Italia (Sardeña):

mascarada 2020
mascarada 2020

Esta cita comezou no ano 2015 con dez grupos participantes, cinco anos máis tarde o encontro muda de nombre e a “Máscarada Ibérica” pasa a llamarse “VivoMark” incluindo máis actividades durante toda a fin de semana.

A pesar das temperaturas baixas desta época poidemos disfrutar dun desfile no que, ademáis do Sol, brilaron nesta antesala ao ciclo do Entroido a vistosidade e colorismo das máscaras participantes.
Unha breve mostra fotográfica de todo esto: 

Mascarada Ibérica 2020 Viana

VI Mascarada Iberica
VI Mascarada Iberica

As localidades de Viana do Bolo e Vilariño de Conso reunirán esta fin de semana a 45 grupos procedentes de España e Portugal, no marco da VI Mascarada Ibérica -este ano rebautizada como Festival Internacional Vibo Mask-na antesala do Entroido da provincia de Ourense que terá como principal novidade a presenza dun grupo de Italia.

A cita, que arrincou fai cinco anos con dez grupos participantes, celebra a edición cun novo enfoque onde destaca o “intercambio cultural dos ‘ mamuthones’ e ‘ issohadores’ da Illa de Sardeña”, que mostrarán as súas tradicións, afirmou o filólogo vianés Pedro Basalo, da asociación Folións Rurais, durante a presentación do evento. Un nexo que comezou cando “os ‘ foliones’ e os ‘ boteiros’” visitaron Italia o pasado mes de xuño: “
mascarada 2020
mascarada 2020

Alí entendemos que a Mascarada precisaba de algo máis, dun xiro, de crecer nalgún sentido, e por iso este ano chámase Vivo Mask”, apuntou Basalo, quen destacou este programa ampliado, que pasa de celebrar dous desfiles “a incluír desde hoxe e ata o domingo unha serie de iniciativas culturais” como talleres, unha conferencia, ‘ foliadas’ e un mercado de produtos O sábado a partir das 16.30 horas, será a quenda de Viana do Bolo e o domingo desde as 11.30 horas, de Vilariño de Conso, onde se poderá ver aos grupos ataviados con traxes tradicionais e máscaras

de inverno chegados desde Galicia, Cantabria, Castela e León, Castela-A Mancha, País Vasco, Portugal ( Bragança e Viseu) e Italia (Sardeña). Jorge Domínguez, membro da asociación vianesa Robleda, subliñou a importancia de “un gran evento no medio rural” que ten “un transfondo detrás de coñecer a nosa tradición”.

 
Deste xeito, a Vibo Mask volverá ser un ano máis a antesala ao ciclo de entroido da provincia de Ourense cunha nova edición, que por primeira vez amplía horizontes coa presenza de “Italia”. Ata o de agora, participaban grupos de España e Portugal.
 
Previamente, os Felos de Maceda protagonizaron unha primeira saída pola localidade.
A alcaldesa de Vilariño de Conso, Melisa Macía, destacou que “cada vez hai máis afluencia de máscaras”, que converte á Mascarada Ibérica como un evento consolidado, “que leva a cultura ao resto de España e a outros países” e que forma parte do patrimonio cultural e inmaterial.