Recuperaremos O Reinado o 15 de febreiro de 2025 co seguinte programa:
16:30 horas. Saida da Comitiva Reinado dende Carguizoi, acompañados de felos e músicos
17:00 horas. Chegada a Tioira (En Aira dos Patos)
VÍSTESTE PARA O REINADO?
Se vés ao Reinado, por que non integrarte aínda máis na tradición? Non é obrigatorio, pero sería fermoso ver a praza chea de xente vestida como manda a ocasión!
Dúas ideas para vestir acorde co Reinado:
1. Como un meco ou farrumeco – Revive o espírito do Entroido con roupa vella ou remendada que teñas pola casa. Unha mestura de trapallada e retranca!
2. Como un personaxe da Galicia rural de comezos do século XX – Labradores, leiteiras, afiadores, taberneiras, cregos… Escolle un oficio ou figura tradicional e dálle vida! Pode ter un compoñente paródico, non te limites.
O importante é pasalo ben, pero se vés vestido/a, serás parte viva do espectáculo! Anímaste? Deixa un comentario co teu disfraz ou etiqueta a quen non pode faltar!








































































