Programa do Entroido Maceda 2020

Cartel Entroido 2020 Maceda
Cartel Entroido 2020 Maceda

O Entroido xa está entre nós, e en Maceda presumimos de elo. Festa Declarada de Interese Turístico de Galicia contamos co seguinte programa e información das diversas actividades:

04 de xaneiro, sábado, Festa de Inicio do Entroido. +información

Do 14 o 16 de febreiro, Pinchos de Entroido, +información

14 de febreiro cena de entroideiras no Lar dos Felos   +informacion

15 de febreiro, sábado a partir das 21h. Fiadeiro en Carguizoi. +información

16 de febreiro, domingo, Tarde de Bolouros na praza Cervantes a partir das 17h. +información

Programación Entroido Maceda 2020
Programación Entroido Maceda 2020

21 de febreiro, venres ás 20h. na Praza das Toldas Festa de Comadres+información

22 e 23 de febreiro,  sábado e domingo de Entroido saíndo ás 9:30 h. Antigo Matadoiro e percorrendo os Felos os pobos da Serra. +información sábado +información domingo

22 de febreiro, sábado, ás 19:30h. a baixada da Marela dende o Toural polas rúas da vila ca animación da Charanga BCB e Charanga Zes Pereiras de Amarante, ás 20:30h charanga BCB polas rúas e bares de Maceda para terminar as 00:00 h coa Marelada coa Charanga “Los Fugitivos” +información

24 de febreiro, luns de Entroido teremos Festa Infantil a partires das 17 h no Pavillón de Deportes con inchables e Desfile infantil +información

25 de febreiro, o martes de Entroido  Desfile de  Felos, Carrozas e Comparsas, dende ás 18:00 h desfile de disfraces con saída dende a rúa das Canteiras. Ás 21 h entrega de premios do desfile de disfraces, individuais e grupos ata cinco participantes (1º 125 €, 2º 75 €, 3º 50 €) Grupos de máis de 6 participantes (1º 175 €, 2º 120 €, 3º 90 €) e Carrozas (1º 250 €, 2º 175 €, 3º 125 €). +información

26 de febreiro, mércores de cinsa e como despedida, o Enterro do Entroido ás 20 h. na praza das Toldas. +información

Desfile Urbano 2020

Cartel Entroido 2020 Maceda
Cartel Entroido 2020 Maceda

25 de febreiro, o martes de Entroido  foi o Desfile de  Felos, Carrozas e Comparsas, dende ás 17:30 h

Desfile de disfraces que percorreu Maceda saíndo dende a rúa das Canteiras ata o cruce dos Milagres e regresando con chegada de novo a Praza do Felo.

Unha vez finalizado o desfile comezou a festa amenizada pola orquestra ” ”

Ás 20 h fixose entrega de premios do desfile de disfraces, resultando gañadores os seguintes participantes nas distintas categorias:

Individuais e grupos ata cinco participantes:

1º premio: “Mataratas”: 125 €

2º premio: “Os Picapedra”: 75 €

3º premio: “A danza da Trompa”: 50 €

Grupos de máis de 6 participantes:

 1º premio: “Os Anxos do Inferno”: 175 €

2º premio: “Os Dralion”:  120 €

3º premio : “As Chicas da Vespa”: 90 €

Carrozas:

1º premio: As Orkongadas:  250 €

2º premio: “Narcosubmarino”: 175 €

3º premio: “High SChool Dance”: 125 €

(accésit de 40€ para tódalas demais carrozas participantes):

“Maceda se va al Rocio”, “Zoológico Arnuide” e “Arnuide Bus Turistico”

Galería Fotográfica:

Percorrido Felos Maceda domingo 2020

O domingo 23 de febreiro de 2020 os Felos percorreron os pobos da Serra de San Mamede: Pías, Castro de Escuadro, Santirso, Xinzo da Costa, Celeiron saíndo pola tarde a Barxela, Vilardecás, Carguizoi, Sarreaus, e Tioira.

Agradecemos a todos os pobos da serra que ano tras ano reciben os Felos e maila súa corte de fotógrafos e entroideiros. 

Organizado polo Concello de Maceda e Asociación Felos da Corga da Serra.

Baixada da Marela 2020

Entroido 2020
Entroido 2020

Séptima edición da Baixada da Marela o 22 de febreiro de 2020, A actividade que correu a cargo da Asociación O Cruceiro de Maceda, deu  comenzo frente o Bar Indio ás 20.30h.

Dende o Toural baixaron os carros presididos pola Marela polas rúas ata o centro da vila ca animación da Charanga BCB e Charanga Zes Pereiras de Amarante,

Ás 20:30h charanga BCB polas rúas e bares de Maceda para terminar as 00:00 h coa Marelada coa Charanga “Pereira de Amarante”

Esta actividade xa esta consolidada no Entroido de Maceda e así o corroborá a gran afluencia de xente a Solta da Marela, moitos moitos participantes

Fotos:

 

Percorrido Felos Maceda sábado 2020

O sábado 22 de febreiro de 2020 os Felos percorreron Pías, Castro de  Escuadro, Santirso, Xinzo da Costa, Celeiron saíndo pola tarde a Barxela, Vilardecás, Carguizoi, Sarreaus, e Tioira.

Agradecemos a todos os pobos da serra que ano tras ano recibiron os Felos e maila súa corte de fotógrafos e entroideiros. 

Queremos  incidir en que apesar de que case todo o mundo se comporta civilizadamente algúns personaxes  que pasan polos nosos pobos comen e beben nas nosas mesas e deixan o lixo tirado no chan ou en calquer sitio que non corresponde.  Recordarvos a todos que esta festa é  nosa. Dos nosos pobos e das nosas xentes, que estamos tan orgullosos dela que nos encanta compartila, pero isto non é un botellón, nin a escusa perfecta para comer e beber gratis. Pedimos RESPECTO

Organizado polo Concello de Maceda e Asociación Felos da Corga da Serra.

Nunha túnica de sombra

(Fío a fío de vida felos)

nunha tunica de sombra
nunha tunica de sombra, portada do libro de Emilio Arauxo sobre os Felos 2020

Baixo o título de “Nunha túnica de sombra (Fío a fío de vida felos)” chega unha nova publicación non venal da editorial Amastra-N-Gallar da man de Emilio Araúxo.

En 114 páxinas achéganos un ano mais o gran valor material e inmaterial dos nosos Felos do Val de Maceda, unha colección de imaxes recollidas por el mesmo durante o percorrido dos Felos polos pobos da Serra o sábado de entroido de 2019 non faltando unha pequena mostra da “Baixada da Marela”, tamén un saúdo moi entrañable dende Suecia, Helena Ericksson e Helena Fagertun e Kasimir Lindengren na rexión de lagos e bosques de Vättlefjäll. O poema «Túnica de sombra» e unha relación de nomes completan a obra.

Neste libriño inmortalizase o ir e vir, os nenos, o calor de recordos dun pasado que chega en forma de doces e de ritos, carautas, chocas, o poder dos Felos na Serra, as chaquetillas, o dinamismo, …

Bolouros Maceda 2020

Bolouros Maceda 2020
Bolouros Maceda 2020

O domingo 16 de febreiro de 2020, na praza Cervantes, organizado por “a Fenda”, “A Chuche Mecánica”   e a colaboración do Club Ciclista de Maceda e , divertímonos o grande recuperando unha tradición do Entroido da nosa contorna: “Os Bolouros”.

A cita foi  a partires das 17:00 h. e houbo chocolatada e doces para os nenos asistentes.

Si non sabes que son, tes aquí mais información: “Os Bolouros”

 

 

52 Feira do Cocido de Lalín

Con motivo da 52 edición da feira do Cocido de Lalín, e como antesala do Entroido Galego, organizouse o domingo 16 de febreiro de 2020 un desfile de comparsas, carrozas e entroidos tradicionais galegos.

Así foron invitados os Felos de Maceda que fixeron das súas entre o moito publico asistente.

Conxuntamente cos Felos estiveron o Fulión de Mormentelos, os Villaróns de Riós, o Entroido de Samede e o Entroido de Cobres.

Fotos de Toño Seijas cedidas polo Concello de Lalín, da Web oficial Cocido de Lalín e de La Voz de Galicia, Edición Laíin: