Tag Archives: felos

18 de marzo de 2023.Os felos na da ViBoMask En Viana do Bolo.

Festival Internacional ViBoMask foi os días 17,18 y 19 de marzo, despois da celebración do Entroido

O vernes 17 houbo unha xornada de divulgación das diferentes máscaras de Entroido da Península Ibérica con varias conferencias e iniciativas nos centros educativos de Viana do Bolo e Vilariño de Conso. Apostando por actividades que permitan aprender a riqueza e a identidade dos diferentes Entroidos da Península.

O sábado 18 participaron en Viana 43 grupos distintos nun desfile que tiña a representación de gran parte do Entroido da Península Ibérica, ou polo menos da parte norte. Os felos alí estiveron.

Fin do Entroido 2023 en Maceda

O entroido remata e para despedilo en Maceda o sábado 25 de febreiro de 2023. Para despedilo fixose o “Enterro da Sardilla”. Que consistente nunha procesión con moita tristura e nostalxia, polas rúas do pobo. Saiuda praza do Felo pasando pola praza de Benigno Alvarez, o concello, a rúa do Medio e regresar de novo a praza do Felo. Logo queimouse do Meco.

Acompañados pola musica da “Charanga A Felga” foron moitos os asistentes que se uniron a este evento festivo.

Este ano tamen se procedeu a queimar o menos votado dos mecos participantes na segunda edición do concurso de Mecos organizados pola Asociación de Comerciantes e Empresarios de Maceda.

Galería Fotográfica:

21 de febreiro 2023, desfile Urbano 2023

O día 21 de febreiro de 2023, o martes de Entroido  foi o Desfile de  Felos, Carrozas e Comparsas en Maceda, dende ás 17:30 h.

Desfile de disfraces organizado polo Concello de Maceda, que percorreu Maceda saíndo dende a rúa das Canteiras ata o cruce dos Milagres e regresando con chegada de novo a Praza do Felo.

Unha vez finalizado o desfile comezou a festa amenizada pola orquestra ”Fusión” e con moita afluencia de xente, tanto vendo o desfile como disfrutando da festa seguinte.

Ás 20 h fíxose entrega de premios do desfile de disfraces de parte da nova alcaldesa: “Shakira”, resultando gañadores os seguintes participantes nas distintas categorías:

Individuais e grupos ata cinco participantes:

1º premio: “Tina Turner ”: 125 €

2º premio: “Afilador ”: 75 €

3º premio: “La Familia ”: 50 €

Grupos de máis de 6 participantes:

1º premio: “Entierro Africano ”: 175 €

2º premio: “Esto es Africa ”:  120 €

3º premio : “Rebobinando”: 90 €

Carrozas:

1º premio: “Pitas de Nos“:  250 €

2º premio: “París de Molgas”: 175 €

3º premio: “Shakira”: 125 €

(accésit de 40€ para tódalas demais carrozas participantes):

“ ”, “ ” e “ ”

Galería Fotográfica:

18 de febreiro 2023, baixada da Marela

Un ano máis e a expectativa crece coa Baixada da Marela. Milleiros de persoas percorreron as rúas ao longo do día e sobre todo ocuparon beirarrúas e parques dende o Alto do Toural no preludio dunha longa noite en Entroido, na localidade de Maceda.

Sábado de Entroido, 18 de xaneiro de 2023, ás 21.00 horas, baixou dende o Alto do Toural unha procesión moi numerosa, con máscaras de madeira, peles, cornos e ‘chocas’ acompañando a viaxe da vaca “Marela”, figura recuperada hai unha década. pola Asociación Felos das 12 parroquias e que se converteu nunha das celebracións máis esperadas polos macedonios e os numerosos visitantes que xa teñen este día como data inamovible.

Durante o percorrido reinou o impresionante ritmo marcado polo portugués Zés Pereiras de Amarante nunha xira que contou tamén coa ambientación de charangas, onde non podían faltar os locais da Felga de Maceda acompañados polo celanovés BCB, que prolongará a festa ata altas horas da maña.

A festa continuou co acompañamento da Charanga Fuego.

Galería de fotos:

18 de Febreiro 2023, Sábado de Entroido

Un ano mais sábado e domingo percorren os felos a Serra. Pensarás que só visitan Castro, Pias, Santirso , Xinzo da Costa, Celeiron, Barxela , Vilar de Cans, Carguizoi , Tioira e Maceda. Pero non é así . Os felos algún ano chegan a Castro Caldelas, Os pobos de Baños de Molgas, como Vide. Podémolos atopar pola zona de Ramil pero onde sempre estan é en Arnuid.

Que non te engane o nome da páxina ou dos distintos grupos. Os felos sempre foron da serra non ten que ver os concellos senon a zona xeográfica.

Respeto, preservación, tradición, transgresión pero tamén evolución.

Evolución do tempo, das formas e do contido. O entroido muda según mudamos nós como pobo e sociedade. Cambios económicos e demográficos que se reflexan inexorablemente.

Outro ano mais o relevo xeracional está asegurado. Unha morea de felos percorreron a serra mais felos e menos veciños.

 A única verdad!!!

O rural esgóstase

11 de Febreiro 2023, corredoiro

Comenza o ritual. Non se sabe quen está mais nervioso. Mulleres e homes nos pobos preparando as mesas para convidar con comida e bebida os felos ou estes.  Xuntarse 10 ou 20 felos para vestirse: medias negras calcetín blanco e bota alta, enfaixarse. Entre dous enfaixarse, que quede a sabana sin ninguna arruga que logo o día é longo e a troula grande. A camisa branca, chaquetilla de cores, os colares por riba da garavata.

Todolos anos igual!!! Quen sabe facerlle o nudo???

Callado, chocas e carauta. Empeza o día

Os felos andiveron por Castro, Pias, Barxela, Carguizoi , Tioira e Maceda.

A tarde hai fiadeiro en Carguizoi, pero este é outro conto.

Alguns chegaron a Casa Grande de Cristosendo, pasando por Ramil e visitando os pobos da zona.

28 de xaneiro de 2023, sábado fareleiro

Este ano despois de dous anos de pandemia empezan os felos con moitas gana de troula e diversión.

A serra encheuse de barullo , de xente . Unha explosión de vida nos nosos pobos.

Xa podemos oir os esgutíos dos felos  (como animal ferido que volve a casa) as veces agudo e outras un sonido ronco que sae de dentro. Un falar que os da serra entendemos e anelamos todo o ano. O atronador ruido das chocas polas canellas, polos camiños que siguen espantando o lobo. Os felos xa percorren a serra con ese soriso retranqueiro e metendose cos homes e bailando coas mulleres.

Estan de volta!!!

Saíron en dous grupos grandes. Unhos comenzaron o percorrido por Castro, Pias, Santirso, Xinzo da Costa comendo no Lar dos Felos para logo arrancar a Celeiron, Vilar, Carguizoi, Tioira e rematando en Maceda.

Outro grupo saíu de Maceda, Tioira, Carguizoi, Vilar, Xinzo da Costa, Santirso , Pias e Castro.

Os felos saen en grupos organizándose entre eles os días previos.

Reapertura do MuGaEO

O pasado mércores 16 de novembro de 2022 volveu abrir as súas portas o Museo Galego do Entroido. Despois dun período de incerteza, acompañado dunha pandemia mundial, o MuGaE vai a ter estabilidade nos horarios de apertura e no desenvolvemento das súas actividades.
A nova equipa está conformada por dúas rapazas que proveñen do mundo da educación e do ocio e tempo libre, As Curuxas SC con sede en Allariz. Contan con vinculación a comarca da Limia e con outros Entroidos da provincia por vinculación familiar. A súa querenza ao Entroido galego foi o que as animou a asumir este proxecto.
O principal obxectivo da nova equipa é dotar ao museo de vida e chegar ao conxunto da sociedade galega. Para isto, queren crear unha axenda de actividades culturais e mover moito as redes sociais do museo. Hoxe en día ter un papel activo no mundo virtual é igual de preciso que as actividades que se poidan levar a cabo nas propias instalacións.
Unha das actividades propostas para as redes sociais é dar a coñecer as diferentes personaxes do Entroido galego e ibérico. A primeira personaxe presentada foi o felo de Maceda, a cal tivo unha boa acollida entre os usuarios das redes sociais.

Horario:

-Luns e martes pechado
-Mércores a domingo, festivos incluídos: 10:00 a 13:30 e 16:00 a 18:30.
Estes serán os horarios de inverno, no verán ampliaranse

Percorrido Felos Maceda domingo 2020

O domingo 23 de febreiro de 2020 os Felos percorreron os pobos da Serra de San Mamede: Pías, Castro de Escuadro, Santirso, Xinzo da Costa, Celeiron saíndo pola tarde a Barxela, Vilardecás, Carguizoi, Sarreaus, e Tioira.

Agradecemos a todos os pobos da serra que ano tras ano reciben os Felos e maila súa corte de fotógrafos e entroideiros. 

Organizado polo Concello de Maceda e Asociación Felos da Corga da Serra.

Percorrido Felos Maceda sábado 2020

O sábado 22 de febreiro de 2020 os Felos percorreron Pías, Castro de  Escuadro, Santirso, Xinzo da Costa, Celeiron saíndo pola tarde a Barxela, Vilardecás, Carguizoi, Sarreaus, e Tioira.

Agradecemos a todos os pobos da serra que ano tras ano recibiron os Felos e maila súa corte de fotógrafos e entroideiros. 

Queremos  incidir en que apesar de que case todo o mundo se comporta civilizadamente algúns personaxes  que pasan polos nosos pobos comen e beben nas nosas mesas e deixan o lixo tirado no chan ou en calquer sitio que non corresponde.  Recordarvos a todos que esta festa é  nosa. Dos nosos pobos e das nosas xentes, que estamos tan orgullosos dela que nos encanta compartila, pero isto non é un botellón, nin a escusa perfecta para comer e beber gratis. Pedimos RESPECTO

Organizado polo Concello de Maceda e Asociación Felos da Corga da Serra.