
As localidades de Viana do Bolo e Vilariño de Conso reunirán esta fin de semana a 45 grupos procedentes de España e Portugal, no marco da VI Mascarada Ibérica -este ano rebautizada como Festival Internacional Vibo Mask-na antesala do Entroido da provincia de Ourense que terá como principal novidade a presenza dun grupo de Italia.
Alí entendemos que a Mascarada precisaba de algo máis, dun xiro, de crecer nalgún sentido, e por iso este ano chámase Vivo Mask, apuntou Basalo, quen destacou este programa ampliado, que pasa de celebrar dous desfiles a incluír desde hoxe e ata o domingo unha serie de iniciativas culturais como talleres, unha conferencia, ‘ foliadas’ e un mercado de produtos O sábado a partir das 16.30 horas, será a quenda de Viana do Bolo e o domingo desde as 11.30 horas, de Vilariño de Conso, onde se poderá ver aos grupos ataviados con traxes tradicionais e máscaras
de inverno chegados desde Galicia, Cantabria, Castela e León, Castela-A Mancha, País Vasco, Portugal ( Bragança e Viseu) e Italia (Sardeña). Jorge Domínguez, membro da asociación vianesa Robleda, subliñou a importancia de un gran evento no medio rural que ten “un transfondo detrás de coñecer a nosa tradición.






















































































































































































































































































































































