Comeza o traballo de base constituíndo unha unidade didáctica co tema dos Felos e facendo actividades escolares tanto nos colexios como nos institutos da comarca dando a coñecer e estudar a figura do Felo e os entroidos en xeral.

A cidade de Ermua que conta con gran parte de persoas galegas procedentes da emigración de Galicia o país Vasco organiza un magosto no ano 1998 e invita a Maceda e aos seus Felos para participar nesta festa así como para promocionar produtos da zona.
A cidade de Ermua que conta con gran parte de persoas galegas procedentes da emigración de Galicia o país Vasco, fai a invitación a Maceda e aos seus Felos para realizar a promoción dos produtos da nosa zona.
De este xeito, na primavera do ano 1998, 60 veciños encabezados polo alcalde e o tenente alcalde de Maceda viaxaron a Ermua con este fin.

O entroido arranca cos Felos percorrendo unha vez máis as rúas co estrondoso soar das chocas disfraxando por uns días a personalidade cotiá detrás das voluminosas máscaras talladas en madeira.
O domingo 22 de febreiro de 1998 bailaremos o son do grupo Xuntanza.
O martes 24 de febreiro de 1998 e despois da entrega de premios do desfile de Entroido polas rúas da vila de Maceda danzaremos ca Orquestra Ría de Vigo e a Agrupación Musical de Punxín.