Category Archives: Actividades

Actividades Escolares 2018

Os alumnos  de Infantil e Primaria tiveron a visita de Xurxo Fernández Carballo, felo do concello ourensán de Maceda, ex-alumno deste centro e membro da Sociedade de Felos da Serra de Corga que ano tras ano e Entroido tras Entroido percorren as aldeas de Maceda facendo soar as súas cinco chocas, botando aturuxos e levando a diversión a toda a veciñanza.

Xurxo Fernández, vestido co traxe tradicional de felo, fixo un percorrido pola historia da súa vestimenta e os costumes da súa bisbarra.

A exposición estivo apoiada pola proxección de documentais e un coloquio cos escolares para satisfacer a gran curiosidade que esperta este personaxe.

Estas actividades complementáronse coa edición, por parte do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, dunha unidade didáctica sobre os felos de Maceda que se pode visualizar e descargar na páxina web do centro

Os Felos en Astorga 2018

II  encontro coas tradicións ancestrais en Astorga

Astorga Piñata 2018
Astorga Piñata 2018

A ciudad de Astorga  rematou o  entroido  cun encontro de entroidos tradicionais  que desfilaron pola cidade sobre as doce do mediodía .

Partiparon as  agrupacions ‘Maragatas y Patahenos’ de La Alberca (Salamanca), ‘Fulión A Veiga’ (Ourense), ‘Fulión de Mormentelos’, de Vilariño de Conso, Asociación Cigarrón de Verín,  Asociación ‘Felos da Corga da Serra de Maceda  e  “los Jurrus y Castrones” de Alija del Infantado, únicos representantes da provincia leonesa neste encontro carnavalesco tradicional, xa que a cidade acollerá outro en abril no que se espera que participen as manifestaciones leonesas. 

 

Entroido Maceda 2018

Entroido Maceda 2018
Entroido Maceda 2018

O Entroido xa está entre nós, e en Maceda presumimos de elo. Festa Declarada de Interese Turístico de Galicia contamos co seguinte programa e información das diversas actividades:

Sábado 6 de xaneiro, festa de inicio do Entroido. +información

Domingo 28 de xaneiro a partires das 18h. no “Café Teatro Umpalumpa” de Maceda elaboración de “Bolouros” entre grandes e nenos. +información

Venres 2 de febreiro, Festa dos Compadres, ás 20h. daremos o comezo na Praza das Toldas. +información

Actividades Entroido Maceda 2018
Actividades Entroido Maceda 2018

Sábado 3 de febreiro,  festa de “Bolouros” en Tioira na Aira dos Patos a partir das 17:30 h., festa amenizada pola Charanga “A Felga”+información SUSPENDIDA

9 de febreiro, venres ás 20h. na Praza das Toldas Festa de Comadres. +información

10 e 11 de febreiro, sábado e domingo de Entroido saíndo ás 9:30 h. Antigo Matadoiro e percorrendo os Felos os pobos da Serra. +información sábado
+información domingo

10 de febreiro, sábado, ás 20h. a baixada da Marela dende o Toural polas rúas da vila +información

12 de febreiro, luns de Entroido teremos festa infantil a partires das 17 h na praza das Toldas de Maceda. E ás 19H cine infantil ca proxección da película “Tadeo Jones 2” no salón de actos do Concello +información

13 de febreiro, martes de Entroido: Desfile…Aplazado para o Domingo 18

14 de febreiro, mércores de cinsa e como despedida, o Enterro do Entroido ás 20 h. na praza das Toldas. +información

18 de febreiro, domingo, desfile do martes de Entroido aprazado para este día: Felos, Carrozas e Comparsas, dende ás 17:30 h desfile de disfraces con saída dende a rúa das Canteiras. Ás 21 h entrega de premios do desfile de disfraces, individuais e grupos ata cinco participantes (1º 125 €, 2º 75 €, 3º 50 €) Grupos de máis de 6 participantes (1º 175 €, 2º 120 €, 3º 90 €) e Carrozas (1º 250 €, 2º 175 €, 3º 125 €). +información

Desfile Urbano 2018

O 13 de febreiro, martes debido as inclemencias do tempo quedou aplazado o desfile de entroido para o próximo domingo día 18.

O desfile de Entroido: Felos, Carrozas e Comparsas, dende ás 17:30 h desfile de disfraces con saída dende a rúa das Canteiras.

Ás 21 h entrega de premios do desfile de disfraces, individuais e grupos ata cinco participantes (1º 125 €, 2º 75 €, 3º 50 €) Grupos de máis de 6 participantes (1º 175 €, 2º 120 €, 3º 90 €) e Carrozas (1º 250 €, 2º 175 €, 3º 125 €). 

Percorrido Felos Maceda domingo 2018

Domingo 11 de febreiro de 2018 os felos percorreron Pías, Castro de Escuadro, Santirso, Xinzo da Costa, Celeiron saíndo pola tarde a Barxela, Vilardecás, Carguizoi, Sarreaus, e Tioira.

Apesar de repetirnos anos tras anos e artigo trás artigo queremos agradecerlles a todos os pobos da serra o esforzo que fan para agasallar os Felos e toda aquela xentiña que os acampaña, non importa que sexan da bisbarra ou visitantes.

A comida  foi na Dilixencia (Maceda), os participantes tiveron que retirar ticket tanto para comer como para subir o autobús. O custe do mesmo foron de 10€ . A Asociación pagou  a mitade do importe o seus socios.

 

Baixada da Marela 2018

O pasado sábado, 10 de febreiro, tivo lugar a quinta edición da Solta da Marela. A actividade correu a cargo da Asociación O Cruceiro de Maceda, que comezou no Bar Indio ás 20.15.

A xente da asociación encargouse de falar cos participantes da actividade para lembrar que a fariña non podía tirarse aos felos e que así reinase un ambiente distendido e de respeto.

Houbo unha boa afluencia de xente e consolida a Solta da Marela no entroido de Maceda.

Percorrido Felos Maceda sábado 2018

Sábado 10 de febreiro os felos  percorreron Pías, Castro de Escuadro, Santirso, Xinzo da Costa, Celeiron saíndo pola tarde a Barxela, Vilardecás, Carguizoi, Sarreaus, e Tioira.

Dende Goteburgo  Helena Eriksson lle rendeu homenaxe ao felo do Val de Maceda  na neve.

Agradecerlles a todos os pobos da serra que ano trás ano recibe os Felos e maila sua corte de fotógrafos e entroideiros que os acompaña.

A comida  foi na Dilixencia (Maceda), os participantes tiveron que retirar ticket tanto para comer como para subir o autobús. O custe do mesmo foron de 10€ . A Asociación pagou  a mitade do importe o seus socios.

Organizou Concello de Maceda e Asociación Felos da Corga da Serra.

Comadres Maceda 2018

O   9 de febreiro de 2018, as 20 h, na Praza do Felo de Maceda deu comenzo o venres de Comadres en Maceda,  Animación  musical non estivo a cargo de charangas como outros anos . Cearon no  Restaurante a Diligencia as 21:30 h. Participaron sobre 150 mulleres. 

Prezo 10 € por persoa.

Sairon a rua seres extraños que acompañaron as mulleres e colaronse no restaurante pero despois de un rato de torealos as feminas lograron botalos!!!

Presentacion do Entroido en Maceda

Presentouse no castelo de Maceda o Programa de entroidos da provincia de Ourense, o máis importante no ámbito etnográfico, que desenvolverá este ano, entre os días 8 e 14 de febreiro, máis de 260 actividades en 41 localidades de 33 concellos.

 
O Programa Provincial do Entroido 2018 recolle nunha guía explicativa da que se editaron 20.000 exemplares –e que pode consultarse tamén a través desta web- unha ampla compilación dos actos de entroido que se celebrarán na provincia desde o xoves de Comadres ata o mércores de cinza e enterro da sardiña, o que constitúe a festa máis participativa e con maior repercusión económica das que se celebran na provincia de Ourense.
 
Xunto co programa, que está distribuído en establecementos hostaleiros e oficinas de turismo da provincia de Ourense, no acto tamén se presentou o spot promocional relativo a esta celebración, cuxa finalidade é resaltar aínda máis o carácter singular e xenuino desta festa da nosa provincia.
 
 
Fotos cedidas polo concello de Maceda