Arquivos da etiqueta: felos

Xuntanza en Campobecerros 2019

O sábado día 2 de febreiro de 2019 celebrouse unha xuntanza na aldea de Campobecerros no concello de Castrelo do Val en Ourense. Por segundo ano consecutivo estiveron presentes os Peliqueiros e Parranfóns de Campobecerros, os Boteiros de Viana do Bolo, os Felos de Maceda e coma novidade estivo o Entroido Ribeirao de Lugo.

Apesar de xuntarse antes do entroido, que comenzou o 10 de febreiro, e apesar da neve a xuntanza tivo lugar a noitiña e ali puderonse ver escenas ben curiosas: Peliqueiros e Felos xuntos percorando as ruas do pobo acompañado do Fulión de Viana. O Volante, Peliqueiros, Mecos, Maragatos e Pucho andiveron tamén no fulión. Aquí queda recollido os permisos que pediron para entrar o pobo:

Boas tardes Campobecerros
Aquí volvemos estar
non viñen só a recitar
sinon que co voso permiso
tamén queremos tocar.

Soan as miñas esquilas
como boteiro que son
e ao meu ritmo
acompáñame o fulión.

Non só nos vistimos nós,
tamen están os felos de Maceda
disfrutando destas festas
que son o único que nos queda.

Tamen veñen a vernos
os nosos amigos de Chantada
que en Viana tamén estuveron
na quinta Mascarada

Veñen cos seus volantes
que son moi elegantes
tamen cos maragatos que nos van facer
pasar uns bos ratos

Xente de Campobecerros
pidovós este permiso
para deixarnos tocar
e a todos sacarvós un sorriso.

Eu como boteiro
faime moita ilusion
bailar con vos peliqueiros
mentras tocan o fulion

Tamen me gusta moito
ver eses parrafons
que acompañados da vaca
siguen as tradicións.

As distancias separanos,
o entroido únenos,
xuntos a loitar
polo que tanto nos fai disfrutar.

Sin mais que decir
deixovós pasar
se o voso permiso
nos vades a dar.

Grazas de corazón
se hoxe nos acolledes
porque non sei si voltaremos
coas montañas cheas de neve.

Os veciños que eiqui estamos
un ano fai que levamos
agardando o fulión
mos retumbe no corazon

Que o seu ritmo nos invada
sen medo a neve ou xeada
que moito salte o Boteiro
e tamén o Peliqueiro

O parrafón luze arrogante
que vai diante do volante
que o pucho as hortas fertilice
(E os felos….ós felos non hai quen os organice)

Benvido sodes de novo
de parte de todo este pobo
que empece xa o fulión
Viva o entroido e viva todos nós

Agradecemos as fotos a Mercedes L. Rubin  e a Amanda Gonzalez Blanco

V Mascarada Ibérica. Villariño

O 27 de xaneiro as 12 da maña, mais de 800 participantes e 42 grupos pertencentes os entroidos da peninsula ibérica formaron parte da quinta edición da Mascarada Ibérica.

Unha xuntanza de:

Algunhas das mascaradas participantes neste evento foron as siguientes: 
-Xenerais da Ulla (A Coruña) 
-Cigarróns de Verín (Ourense) 
-Pantallas de Xinzo (Ourense) 
-Los Sidros de Valdesoto (Asturias) 
-La Talanquera y Visparra de S. Martín de Castañeda (Sanabria-Zamora) 
-Careto de Valverde (Portugal) 
-Antruido Paré de Piasca (Cantabria) 
-Entroido Ribeirao (Santiago de Arriba-Chantada) 
-Entroido de Cobres (Vilaboa-Lugo) 
-Felos de Maceda (Ourense) 
-Toro e Xigante de Celavente (Ourense) 
-Galos de San Pedro da Mezquita (Ourense) 
-Bonitas de Sande (Ourense) 
-Boteiros: Fulión de Buxan (O Bolo-Ourense) 
-Antruejo de Carrizo de la Ribera (León) 
-Velhos de Bruçó (Portugal) 
-Diablos y Mascaritas de Luzón (Guadalajara) 
-Jarramplas de Pional (Caceres) 

Os Felos paseanse por Quiexumes dos Pinos

Despois de 3 anos sen presentar novo espectáculo, chegou o momento: Ourense con sentimento é un espectáculo de Folclore, música, danza, audiovisual e teatro achega a Ourense, das súas paisaxes, as súas xentes, os seus costumes.É como un musical referenciado en Ourense onde tradición e modernidad dan lugar a este Ourense Con Sentimento.

A organización do Espectáculo Ourense con Sentimento xorde con motivo de dar a coñecer a provincia de Ourense desde un punto de vista diferente. Unha historia na cal dúas anciás falan da súa Ourense e levánnos a unha visión particular do que é Ourense. É un espectáculo no que se mestura o audiovisual co musical e folclórico.

Trátase dun espectáculo no que se percorrerá a Ribeira Sacra co viño e o afilador, un paseo polos magostos como festa central de Ourense, unha visión do carnaval de Ourense con Felos de Maceda, Troteiros de Bande e Cabreiros de Lobios, un paseo polo rio Miño e as súas augas termales finalizando coas festas patronales e as súas procesións, todo iso baixo o folclore a música, o canto e o audiovisual. Un espectáculo diferente e innovador.

O espesctáculo poderase ver no Teatro Principal en Ourense o 8 de abril do 2017 as 20:30.

 

https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/es/otras-musicas/teatro-principal-de-ourense/7294–queixumes-dos-pinos-presenta-ourense-con-sentimento.html

A asociación achegase a escola

 A asociación Felos da Corga da Serra achegouse  a

C.E.I.P. Vilar de Barrio , centro de educación infantil y primaria, para darlles unha charla os cativos sobre os felos: a sua orixe, a vestimenta,  o respeto o traxe e a correcta forma de comportarse.

Os días previos estivo  a exposición de fotos “Xunguir non é esmorecer senon medrar.  Unha serie de 30 imaxes sobre os distintos entroidos da zona  como son os Felos de Maceda, Pantallas de Xinzo de Limia e Vergalleiros de Sarreaus.