Reapertura do MuGaEO

O pasado mércores 16 de novembro de 2022 volveu abrir as súas portas o Museo Galego do Entroido. Despois dun período de incerteza, acompañado dunha pandemia mundial, o MuGaE vai a ter estabilidade nos horarios de apertura e no desenvolvemento das súas actividades.
A nova equipa está conformada por dúas rapazas que proveñen do mundo da educación e do ocio e tempo libre, As Curuxas SC con sede en Allariz. Contan con vinculación a comarca da Limia e con outros Entroidos da provincia por vinculación familiar. A súa querenza ao Entroido galego foi o que as animou a asumir este proxecto.
O principal obxectivo da nova equipa é dotar ao museo de vida e chegar ao conxunto da sociedade galega. Para isto, queren crear unha axenda de actividades culturais e mover moito as redes sociais do museo. Hoxe en día ter un papel activo no mundo virtual é igual de preciso que as actividades que se poidan levar a cabo nas propias instalacións.
Unha das actividades propostas para as redes sociais é dar a coñecer as diferentes personaxes do Entroido galego e ibérico. A primeira personaxe presentada foi o felo de Maceda, a cal tivo unha boa acollida entre os usuarios das redes sociais.

Horario:

-Luns e martes pechado
-Mércores a domingo, festivos incluídos: 10:00 a 13:30 e 16:00 a 18:30.
Estes serán os horarios de inverno, no verán ampliaranse