Tag Archives: felos

Os Bolouros 2019

Tarde de Bolouros 2019
Tarde de Bolouros 2019

O domingo 24 de febreiro de 2019, na praza Cervantes, organizado por “O Recreo”, “A Chuche Mecánica” e a “Asociación de Felos da Corga da Serra” divertímonos o grande recuperando unha tradición do Entroido da nosa contorna: “Os Bolouros”

Si non sabes que son, tes aquí mais información: “Os Bolouros”

Xuntámonos a partires das catro da tarde entorno o “barro especial” para aprender como se fan os Bolouros e enseguida tanto nenos como maiores metemos a man e elaboramos os Bolouros.

Despois neste “Domingo Corredoiro” pasamos a práctica e non quedou ninguén sen pintar tanto na praza como no entorno próximo, os nenos entre si, e incluso algún avó que se veu a ver os netos acabaron tamén desfrutando da festa.

Rematamos a festa cunha chocolatada e bica para os asistentes .

Así aprendemos un pouco desta nosa tradición, da súa historia e xogamos.

Unha pequena testemuña do que vivimos alí:

Foliada en Carguizoy 2019

Fiadeiro Carguizoi 2019 (Maceda).
Fiadeiro Carguizoi 2019 (Maceda).
 

O 23 de febreiro de 2019 dentro do Entroido de Maceda tivo lugar o fiadeiro en Carguizoi (Maceda).

Foi o terceiro ano que os veciños de Carguizoy nos abriron as portas da sua casa. Gaitas e panderetas soaron, chocas, risas e contos. Os felos alborotadores non faltaron a cita.

Tamén contamos con animación musical a cargo de “De pe Feito“,  “Ergutío”, “Escola de Música Tradicional de Molgas”, “Xunquereteiras”…

Unha mostra fotográfica de o alí vivido:

 

Xuntanza en Campobecerros 2019

O sábado día 2 de febreiro de 2019 celebrouse unha xuntanza na aldea de Campobecerros no concello de Castrelo do Val en Ourense. Por segundo ano consecutivo estiveron presentes os Peliqueiros e Parranfóns de Campobecerros, os Boteiros de Viana do Bolo, os Felos de Maceda e coma novidade estivo o Entroido Ribeirao de Lugo.

Apesar de xuntarse antes do entroido, que comenzou o 10 de febreiro, e apesar da neve a xuntanza tivo lugar a noitiña e ali puderonse ver escenas ben curiosas: Peliqueiros e Felos xuntos percorando as ruas do pobo acompañado do Fulión de Viana. O Volante, Peliqueiros, Mecos, Maragatos e Pucho andiveron tamén no fulión. Aquí queda recollido os permisos que pediron para entrar o pobo:

Boas tardes Campobecerros
Aquí volvemos estar
non viñen só a recitar
sinon que co voso permiso
tamén queremos tocar.

Soan as miñas esquilas
como boteiro que son
e ao meu ritmo
acompáñame o fulión.

Non só nos vistimos nós,
tamen están os felos de Maceda
disfrutando destas festas
que son o único que nos queda.

Tamen veñen a vernos
os nosos amigos de Chantada
que en Viana tamén estuveron
na quinta Mascarada

Veñen cos seus volantes
que son moi elegantes
tamen cos maragatos que nos van facer
pasar uns bos ratos

Xente de Campobecerros
pidovós este permiso
para deixarnos tocar
e a todos sacarvós un sorriso.

Eu como boteiro
faime moita ilusion
bailar con vos peliqueiros
mentras tocan o fulion

Tamen me gusta moito
ver eses parrafons
que acompañados da vaca
siguen as tradicións.

As distancias separanos,
o entroido únenos,
xuntos a loitar
polo que tanto nos fai disfrutar.

Sin mais que decir
deixovós pasar
se o voso permiso
nos vades a dar.

Grazas de corazón
se hoxe nos acolledes
porque non sei si voltaremos
coas montañas cheas de neve.

Os veciños que eiqui estamos
un ano fai que levamos
agardando o fulión
mos retumbe no corazon

Que o seu ritmo nos invada
sen medo a neve ou xeada
que moito salte o Boteiro
e tamén o Peliqueiro

O parrafón luze arrogante
que vai diante do volante
que o pucho as hortas fertilice
(E os felos….ós felos non hai quen os organice)

Benvido sodes de novo
de parte de todo este pobo
que empece xa o fulión
Viva o entroido e viva todos nós

Agradecemos as fotos Shan Gago

Mascarada Ibérica 2019 Villariño

O 27 de xaneiro as 12 da maña, mais de 800 participantes e 42 grupos pertencentes os entroidos da peninsula ibérica formaron parte da quinta edición da Mascarada Ibérica.

Unha xuntanza de:

Algunhas das mascaradas participantes neste evento foron as siguientes: 
-Xenerais da Ulla (A Coruña) 
-Cigarróns de Verín (Ourense) 
-Pantallas de Xinzo (Ourense) 
-Los Sidros de Valdesoto (Asturias) 
-La Talanquera y Visparra de S. Martín de Castañeda (Sanabria-Zamora) 
-Careto de Valverde (Portugal) 
-Antruido Paré de Piasca (Cantabria) 
-Entroido Ribeirao (Santiago de Arriba-Chantada) 
-Entroido de Cobres (Vilaboa-Lugo) 
-Felos de Maceda (Ourense) 
-Toro e Xigante de Celavente (Ourense) 
-Galos de San Pedro da Mezquita (Ourense) 
-Bonitas de Sande (Ourense) 
-Boteiros: Fulión de Buxan (O Bolo-Ourense) 
-Antruejo de Carrizo de la Ribera (León) 
-Velhos de Bruçó (Portugal) 
-Diablos y Mascaritas de Luzón (Guadalajara) 
-Jarramplas de Pional (Caceres) 

Os Felos paseanse por Quiexumes dos Pinos

Ourense con Sentimento
Ourense con Sentimento

Despois de 3 anos sen presentar novo espectáculo, chegou: “Ourense con sentimento” de “Queixumes dos Pinos”. É un espectáculo de Folclore, música, danza, audiovisual e teatro achega a Ourense, das súas paisaxes, as súas xentes, os seus costumes.

É como un musical referenciado en Ourense onde tradición e modernidad dan lugar a este Ourense Con Sentimento.

A organización do Espectáculo “Ourense con Sentimento” xorde con motivo de dar a coñecer a provincia de Ourense desde un punto de vista diferente. Unha historia na cal dúas anciás falan da súa Ourense e levánnos a unha visión particular do que é Ourense. É un espectáculo no que se mestura o audiovisual co musical e folclórico.

Trátase dun espectáculo no que se percorrerá a Ribeira Sacra co viño e o afilador, un paseo polos magostos como festa central de Ourense, unha visión do carnaval de Ourense cos Felos de Maceda, Troteiros de Bande e Cabreiros de Lobios, un paseo polo rio Miño e as súas augas termales finalizando coas festas patronales e as súas procesións, todo iso baixo o folclore a música, o canto e o audiovisual. Un espectáculo diferente e innovador.

O espesctáculo poderase ver no Teatro Principal en Ourense o 8 de abril do 2017 as 20:30.

https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/es/otras-musicas/teatro-principal-de-ourense/7294–queixumes-dos-pinos-presenta-ourense-con-sentimento.html

Actividades Escolares 2016

 A asociación Felos da Corga da Serra achegouse  a

C.E.I.P. Vilar de Barrio , centro de educación infantil y primaria, para darlles unha charla os cativos sobre os felos: a sua orixe, a vestimenta,  o respeto o traxe e a correcta forma de comportarse.

Os días previos estivo  a exposición de fotos “Xunguir non é esmorecer senon medrar.  Unha serie de 30 imaxes sobre os distintos entroidos da zona  como son os Felos de Maceda, Pantallas de Xinzo de Limia e Vergalleiros de Sarreaus.

 

“Xungir non é esmorecer, senón medrar” en Carballo

Segue o viaxe desta exposición onde poderemos ver unha colección de máis de trinta imaxes da fotógrafa Rita Blanco Fernández na salade Exposicións do andar 1 no Pazo da Cultura en Carballo (A Coruña), dende o día 12 ata o 28 de febreiro do 2015, en horario de 18 a 21 h.

Rita Blanco combina nesta recompilación dúas das súas paixóns por un lado a fotografía como reportaxe a fin de captar escenas non estáticas, buscando a descrición do movemento como sinatura característica e os entroidos destacando o colorismo e a beleza de formas tanto nas máscaras como nos traxes de estas figuras do Entroido.

Así “Xungir non é esmorecer, senón medrar”, xurde a raíz dun encontro en Murcia con motivo da Festa de Primavera entre “Felos” e “Pantallas”, figuras claves do Entroido Ourensán, representativas de Maceda e Xinzo de Limia. Os galegos o estar fora sempre temos morriña e as relacións fanse mais intensas co cal xurdiu un gran entendemento entre ámbalas dúas. Ourense e unha das provincias españolas con mas aceptación da festa do Entroido pero tamén con moitas rivalidades. Esta xuntanza serviu para darnos conta de que cada Entroido ten a súa simboloxía pero ningún mais que outro, por iso xungir estas dúas figuras non é esmorecer senón medrar e enriquecerse mutuamente.

As instantáneas foron tomadas en Murcia e noutra xuntanza entre Felos, Vergalleiros (Sarreaus da Limia) e Pantallas onde se pode apreciar a beleza e a singularidade de cada figura así como os seus distintos dinamismos e rituais propios de cada unha.

Exposición en Vigo no Museo Liste

“Xungir non é esmorecer, senón medrar”

Exposición fotográfica da fotógrafa Rita Blanco Fernández que baixo o nome “Xungir non é esmorecer, senón medrar” presenta unha colección de imaxes baseadas nas figuras dos entroidos de Maceda, Xinzo de Limia e Sarreaus como protagonistas, Felos, Pantallas e Vergalleiros inteactuando entre si e apostando pola unidade dentro da diversidade do Entroido ourensán. Esta exposición estará visitable no Museo Liste dende o día 17 ata o día 29 de xaneiro.

Esta exposición esta apoiada pola Asociación Felos da Corga da Serra de Maceda. A sua autora, Rita Blanco Fernández combina nesta recopilación de mais de trinta imaxes dúas das súas paixóns por un lado a súa afición a fotografía como reportaxe a fin de captar escoas non estáticas, buscando a descrición do movemento como sinatura característica e a súa outra paixón os entroidos destacando o colorismo e a beleza de formas tanto nas máscaras como nos traxes de estas figuras do Entroido.

 

Las esencias del ‘Entroido ourensán’ visitan Los Maristas de Ourense

El pasado jueves 17 de febrero de 2012 que tiene lugar el día de Comadres’ en Xinzo de Limia- visitaron nuestro Colegio Marista los Felos de Maceda (con medias negras y largo bastón viril) y las Pantallas de Xinzo de Limia. Alentada desde la Dirección Pedagógica y promovida en relación con materias docentes troncales, como Lingua Galega, llegan por segundo año consecutivo para convertirlo en costumbre visitando a los alumnos en las aulas y hacer carreras por los larguísimos pasillos de nuestro centro de las rúas Bedoya y Valle Inclán.

Es la relación con la tierra madre y con la historia de nuestra tierra orensana, expresada desde lo  etnográfico, una relación causa – efecto en nuestro centro educativo desde la docencia, relación por lo demás campo – ciudad que no se quiere olvidar, y si fomentar pues la tierra es una, como una es la cultura: Gallega.

 

Pantallas y Felos posaron delante del mosaico alegórico marista del H. Santamarta.

 

 

Otra instantánea del posado en el hall (fotos de nuestro corresponsal, profesor Óscar Fdez.Pérez)

 

 

http://geohistoriamaristasourense.blogspot.com/2012/02/las-esencias-del-entroido-ourensa.html