“Xungir non é esmorecer, senón medrar” en Carballo

IMG_0834Segue o viaxe desta exposición onde poderemos ver unha colección de máis de trinta imaxes da fotógrafa Rita Blanco Fernández na salade Exposicións do andar 1 no Pazo da Cultura en Carballo (A Coruña), dende o día 12 ata o 28 de febreiro do 2015, en horario de 18 a 21 h.

Rita Blanco combina nesta recompilación dúas das súas paixóns por un lado a fotografía como reportaxe a fin de captar escenas non estáticas, buscando a descrición do movemento como sinatura característica e os entroidos destacando o colorismo e a beleza de formas tanto nas máscaras como nos traxes de estas figuras do Entroido.

Así “Xungir non é esmorecer, senón medrar”, xurde a raíz dun encontro en Murcia con motivo da Festa de Primavera entre “Felos” e “Pantallas”, figuras claves do Entroido Ourensán, representativas de Maceda e Xinzo de Limia. Os galegos o estar fora sempre temos morriña e as relacións fanse mais intensas co cal xurdiu un gran entendemento entre ámbalas dúas. Ourense e unha das provincias españolas con mas aceptación da festa do Entroido pero tamén con moitas rivalidades. Esta xuntanza serviu para darnos conta de que cada Entroido ten a súa simboloxía pero ningún mais que outro, por iso xungir estas dúas figuras non é esmorecer senón medrar e enriquecerse mutuamente.

As instantáneas foron tomadas en Murcia e noutra xuntanza entre Felos, Vergalleiros (Sarreaus da Limia) e Pantallas onde se pode apreciar a beleza e a singularidade de cada figura así como os seus distintos dinamismos e rituais propios de cada unha.