Tag Archives: bolouros

Actividades infantis entroido 2024

O lúns, día 12 de febreiro de 2024 o Entroido en Maceda estivo adicado en especial os máis pequenos tendo actividades enfocadas a eles ca seguinte programación:

Bolouros

A partir das 11:00 h na Praza Miguel de Cervantes de Maceda (máis información)

Ó remate pizza para os rapaces e postre.

Organiza A Fenda e Chuche Mecánica. Colabora Concello de Maceda, ANPA CEIP de Maceda e Club Ciclista Maceda

Fotos Bolouros

Festa Infantil

Pola tarde de 16:00 a 19:00h. no Pavillón Municipal de Maceda festa para os máis cativos. Tivemos un desfile de modelos con premios os mellores.

Fotos festa pavillón

Baixada da Mareliña

Ás 19h. tivemos unha nova edición da “Baixada da Mareliña”, versión infantil da baixada da Marela do sábado a noite. Batalla campál entre pais e nais por unha banda e pola outra os cativos.

Sairon do Pabellón municipal, acompañados pola Charanga A Felga recorrendo as ruas para finalizar na praza do Felo onde se librou a última “batalla”, a festa continuou e as 23h Verbena a cargo da Charanga Europa.

Fotos Mareliña

20 de febreiro 2023, luns de entroido

O lunes de entroido, 20 de febreiro de 2023, parecerá que é un día con pouca actividad, un día de descanso . Pero nada que ver coa realidad. O luns é o día mais importante do entroido. O día dedicado os cativos e así conseguir o relevo xeracional. Que aprendan a valorar o entroido e as nosas tradicións. Que sepan cal é a sua identidad.

11:00 – Bolouros.

Dende o ano 2016 deuse a coñecer está bonita forma de tinguir e correr o entroido. Os bolouros veñen da parroquia de Tioira, que era unha zona onde principalmente se vivía da alfarería.

Acompañaron os nenos a charanga A Felga e logo de tinguirse uns os outros. Foron convidados a pizza e a postre pola Tapería a Fenda e por A Chuche Mecánica

16:00 a 19:00 – Festa infantil

No pabellón municipal. Tiveron desfile de disfraces, concurso e moita diversión.

19:00 – Baixada da Mareliña .

Foi o primeiro ano en sair e dende logo nada tivo que envexar a marela. Para o disfrute dos mais pequeno pero tamén dalgún grande!!! A baixada da mareliña estivo organizada pola ANPA.

Bolouros Maceda 2020

Bolouros Maceda 2020
Bolouros Maceda 2020

O domingo 16 de febreiro de 2020, na praza Cervantes, organizado por “a Fenda”, “A Chuche Mecánica”   e a colaboración do Club Ciclista de Maceda e , divertímonos o grande recuperando unha tradición do Entroido da nosa contorna: “Os Bolouros”.

A cita foi  a partires das 17:00 h. e houbo chocolatada e doces para os nenos asistentes.

Si non sabes que son, tes aquí mais información: “Os Bolouros”

 

 

Os Bolouros 2019

Tarde de Bolouros 2019
Tarde de Bolouros 2019

O domingo 24 de febreiro de 2019, na praza Cervantes, organizado por “O Recreo”, “A Chuche Mecánica” e a “Asociación de Felos da Corga da Serra” divertímonos o grande recuperando unha tradición do Entroido da nosa contorna: “Os Bolouros”

Si non sabes que son, tes aquí mais información: “Os Bolouros”

Xuntámonos a partires das catro da tarde entorno o “barro especial” para aprender como se fan os Bolouros e enseguida tanto nenos como maiores metemos a man e elaboramos os Bolouros.

Despois neste “Domingo Corredoiro” pasamos a práctica e non quedou ninguén sen pintar tanto na praza como no entorno próximo, os nenos entre si, e incluso algún avó que se veu a ver os netos acabaron tamén desfrutando da festa.

Rematamos a festa cunha chocolatada e bica para os asistentes .

Así aprendemos un pouco desta nosa tradición, da súa historia e xogamos.

Unha pequena testemuña do que vivimos alí:

Os bolouros

Os bolouros é unha bola feita con un barro moi particular que está en Casares, na parroquia de Tioira (Maceda).

Usabase para botarlle na raiz os carballos para que prenderan e que así a terra gardara a humidade. Pero de ese mesmo barro fanse pequenas bolas que hai que amasar moi ben e tratar de que non leve impurezas.

Ponse a secar e logo só hai que esperar a que chegue o entroido. O sabado corredoiro metes o bolouro no peto e como esta seco non pinta pero cando te atopas con alguén que queiras correr o entroido só tes que botarlle unha chisca de auga e….pés pa que te quero…a correr!!!!