O 4 de marzo de 2019, luns de Entroido tivemos a festa infantil a partires das 17 h no Pavillón de Deportes con inchables, actuación do Mago Delmi e Desfile infantil polas rúas de Maceda.
Fotos de ese día:
O 4 de marzo de 2019, luns de Entroido tivemos a festa infantil a partires das 17 h no Pavillón de Deportes con inchables, actuación do Mago Delmi e Desfile infantil polas rúas de Maceda.
Fotos de ese día:

Domingo 3 de marzo de 2019 os felos percorreron os pobos da Serra de San Mamede: Pías, Castro de Escuadro, Santirso, Xinzo da Costa, Celeiron saíndo pola tarde a Barxela, Vilardecás, Carguizoi, Sarreaus, e Tioira.
Un ano mais, dende Goteburgo Helena Eriksson lle rendeu homenaxe ao felos da nosa serra.
Apesar de repetirnos anos tras anos e artigo trás artigo queremos agradecerlles a todos os pobos da serra o esforzo que fan para agasallar os Felos e toda aquela xentiña que os acampaña, non importa que sexan da bisbarra ou visitantes.
A comida foi na Dilixencia (Maceda) na que participaron máis de 80 Felos e algunha persoa acompañante ademáis.
Crónica Gráfica de ese día:
O sábado 2 de marzo de 2019 tivo lugar a sexta edición da Solta da Marela. A actividade que corre a cargo da Asociación O Cruceiro de Maceda, deu comenzo frente o Bar Indio ás 20.15. Baixando polo Toural para seguir a festa no centro da vila. Contaron oca animación musical da Charanga BCB e Charanga Ardores. Os organzadores pertencente a asociación recordoulle os participantes da actividade que a fariña non se pode tirarse aos felos e que así reinase un ambiente distendido e de respeto.
Esta actividade xa esta consolidada no Entroido de Maceda e así o corroborá a gran afluencia de xente a Solta da Marela.
O sábado 2 de marzo os felos percorreron Pías, Castro de Escuadro, Santirso, Xinzo da Costa, Celeiron saíndo pola tarde a Barxela, Vilardecás, Carguizoi, Sarreaus, e Tioira. Queremos deixar constancia que os Felos tamén se deixan ver en pobos de outros concellos como Arnuide ou Vide.
Agradecemos a todos os pobos da serra que ano tras ano reciben os Felos e maila súa corte de fotógrafos e entroideiros.
O entroido está a gozar de moi boa saúde, Percorreron a serra case 100 Felos o mais salientable é a cantidade de cativos que vemos no percorrido.
A comida tivo lugar na Dilixencia (Maceda),no Lar dos Felos e no Castelo de Maceda. Os participantes tiveron que retirar tíckets para comer na Dilixencia e para subir o autobús.
Aínda estas a tempo de facerte socios da Asociación. Pregunta na ferretería Aldraba (Toño Parrulo) ou contacta con Pinto ou Fran de Castro.
Organizou o Concello de Maceda e Asociación Felos da Corga da Serra.
Crónica gráfica de ese día:
Os Felos estiveron presentes en varias actividades o longo de estes días para que o Entroido teña unha vida longa xa que é imprescindible a educación dos cativos e sobre todo acordarse das vellas xeracións.
Queremos agradecer o Colexio Abegondo e os felos das 12 parroquias polas fotos
O domingo 24 de febreiro de 2019, na praza Cervantes, organizado por “O Recreo”, “A Chuche Mecánica” e a “Asociación de Felos da Corga da Serra” divertímonos o grande recuperando unha tradición do Entroido da nosa contorna: “Os Bolouros”
Si non sabes que son, tes aquí mais información: “Os Bolouros”
Xuntámonos a partires das catro da tarde entorno o “barro especial” para aprender como se fan os Bolouros e enseguida tanto nenos como maiores metemos a man e elaboramos os Bolouros.
Despois neste “Domingo Corredoiro” pasamos a práctica e non quedou ninguén sen pintar tanto na praza como no entorno próximo, os nenos entre si, e incluso algún avó que se veu a ver os netos acabaron tamén desfrutando da festa.
Rematamos a festa cunha chocolatada e bica para os asistentes .
Así aprendemos un pouco desta nosa tradición, da súa historia e xogamos.
Unha pequena testemuña do que vivimos alí:
O 23 de febreiro de 2019 dentro do Entroido de Maceda tivo lugar o fiadeiro en Carguizoi (Maceda).
Foi o terceiro ano que os veciños de Carguizoy nos abriron as portas da sua casa. Gaitas e panderetas soaron, chocas, risas e contos. Os felos alborotadores non faltaron a cita.
Tamén contamos con animación musical a cargo de “De pe Feito“, “Ergutío”, “Escola de Música Tradicional de Molgas”, “Xunquereteiras”…
Unha mostra fotográfica de o alí vivido:
O 23 de febreiro, sábado de Desmadre, ás 20h. daremos o comezo na Praza das Toldas o “Sábado de Desmadre”

O sábado día 2 de febreiro de 2019 celebrouse unha xuntanza na aldea de Campobecerros no concello de Castrelo do Val en Ourense. Por segundo ano consecutivo estiveron presentes os Peliqueiros e Parranfóns de Campobecerros, os Boteiros de Viana do Bolo, os Felos de Maceda e coma novidade estivo o Entroido Ribeirao de Lugo.
Apesar de xuntarse antes do entroido, que comenzou o 10 de febreiro, e apesar da neve a xuntanza tivo lugar a noitiña e ali puderonse ver escenas ben curiosas: Peliqueiros e Felos xuntos percorando as ruas do pobo acompañado do Fulión de Viana. O Volante, Peliqueiros, Mecos, Maragatos e Pucho andiveron tamén no fulión. Aquí queda recollido os permisos que pediron para entrar o pobo:
Boas tardes Campobecerros
Aquí volvemos estar
non viñen só a recitar
sinon que co voso permiso
tamén queremos tocar.
Soan as miñas esquilas
como boteiro que son
e ao meu ritmo
acompáñame o fulión.
Non só nos vistimos nós,
tamen están os felos de Maceda
disfrutando destas festas
que son o único que nos queda.
Tamen veñen a vernos
os nosos amigos de Chantada
que en Viana tamén estuveron
na quinta Mascarada
Veñen cos seus volantes
que son moi elegantes
tamen cos maragatos que nos van facer
pasar uns bos ratos
Xente de Campobecerros
pidovós este permiso
para deixarnos tocar
e a todos sacarvós un sorriso.
Eu como boteiro
faime moita ilusion
bailar con vos peliqueiros
mentras tocan o fulion
Tamen me gusta moito
ver eses parrafons
que acompañados da vaca
siguen as tradicións.
As distancias separanos,
o entroido únenos,
xuntos a loitar
polo que tanto nos fai disfrutar.
Sin mais que decir
deixovós pasar
se o voso permiso
nos vades a dar.
Grazas de corazón
se hoxe nos acolledes
porque non sei si voltaremos
coas montañas cheas de neve.
Os veciños que eiqui estamos
un ano fai que levamos
agardando o fulión
mos retumbe no corazon
Que o seu ritmo nos invada
sen medo a neve ou xeada
que moito salte o Boteiro
e tamén o Peliqueiro
O parrafón luze arrogante
que vai diante do volante
que o pucho as hortas fertilice
(E os felos….ós felos non hai quen os organice)
Benvido sodes de novo
de parte de todo este pobo
que empece xa o fulión
Viva o entroido e viva todos nós
Agradecemos as fotos Shan Gago