Category Archives: Actividades

“Tempo de Entroido” en Laza

tempo de entroido en Laza

A asociación do Entroido de Laza en colaboración co Concello dentro da sua programación de “Tempo de Entroido” organizou o sábado 28 de xaneiro de 2023 unha xornada moi completa, cun encontro ás 18:00 na sede do Concello de varios Entroidos amigos.
En primeiro lugar proxectouse a curta de Mirian Opazo, Nigún Deus, que realizou como traballo de fin de carreira para a universidade.
En segundo lugar, houbo un pequeno coloquio cos Entroidos convidados: os Felos de Maceda, os Boteiros de Viana do Bolo e as Bonitas de Sande.

No coloquio tocáronse diversos temas sobre as dificultades e as realidade ás que se enfrontan os Entroidos rurais no contexto social. O despoboamento do rural, a descontextualización das tradicións, a necesidade dun Entroido sostible, a dificultade de recuperar tradicións sen caer en meras representacións teatrais…

Un espazo de diálogo amigo no que tecer lazos de amizade para ter un Entroido Galego Forte e Amigo.

28 de xaneiro de 2023, sábado fareleiro

Este ano despois de dous anos de pandemia empezan os felos con moitas gana de troula e diversión.

A serra encheuse de barullo , de xente . Unha explosión de vida nos nosos pobos.

Xa podemos oir os esgutíos dos felos  (como animal ferido que volve a casa) as veces agudo e outras un sonido ronco que sae de dentro. Un falar que os da serra entendemos e anelamos todo o ano. O atronador ruido das chocas polas canellas, polos camiños que siguen espantando o lobo. Os felos xa percorren a serra con ese soriso retranqueiro e metendose cos homes e bailando coas mulleres.

Estan de volta!!!

Saíron en dous grupos grandes. Unhos comenzaron o percorrido por Castro, Pias, Santirso, Xinzo da Costa comendo no Lar dos Felos para logo arrancar a Celeiron, Vilar, Carguizoi, Tioira e rematando en Maceda.

Outro grupo saíu de Maceda, Tioira, Carguizoi, Vilar, Xinzo da Costa, Santirso , Pias e Castro.

Os felos saen en grupos organizándose entre eles os días previos.

7 de xaneiro 2023, comenza o entroido

O sábado 7 de xaneiro comenzou oficialmente o entroido en Maceda. O concello organizou un desfile as 19 da tarde amenizada coa Charanga A Felga e coma sempre con cea, este ano no Multiusos. Podendo participar todo aquel que quixera, condición impresindible ir disfrazado. De todos é sabido o carácter rebelde, anárquico e retranqueiro da nosa figura e como tal non foi.

Os felos saíron en pequenos grupos e entre amigos dende primeiro de ano.

O sábado 21 xa poidemos ver grupiños de felos sair polos pobos, algúns iban xa vestidos e outro só con carauta e chocas.

O sábado 28 de xaneiro tivo lugar en Laza un encontro de varios Entroidos amigos.
A asociación do Entroido de Laza organizou unha xornada moi completa, ás 18:00 na sede do Concello.
En primeiro lugar proxectouse a curta de Mirian Opazo, Nigún Deus, que realizou como traballo de fin de carreira para a universidade.
En segundo lugar, houbo un pequeno coloquio cos Entroidos convidados: os Felos de Maceda, os Boteiros de Viana do Bolo e as Bonitas de Sande.

No coloquio tocaronse diversos temas sobre as dificultades e as realidade ás que se enfrontan os Entroidos rurais no contexto social. O despoboamento do rural, a descontextualización das tradicións, a necesidade dun Entroido sostible, a dificultade de recuperar tradicións sen caer en meras representacións teatrais…
Un espazo de diálogo amigo no que tecer lazos de amizade para ter un entroido galego forte e amigo.

Fotos cedidas pola Asociación cultural enLazados

Reapertura do MuGaEO

O pasado mércores 16 de novembro de 2022 volveu abrir as súas portas o Museo Galego do Entroido. Despois dun período de incerteza, acompañado dunha pandemia mundial, o MuGaE vai a ter estabilidade nos horarios de apertura e no desenvolvemento das súas actividades.
A nova equipa está conformada por dúas rapazas que proveñen do mundo da educación e do ocio e tempo libre, As Curuxas SC con sede en Allariz. Contan con vinculación a comarca da Limia e con outros Entroidos da provincia por vinculación familiar. A súa querenza ao Entroido galego foi o que as animou a asumir este proxecto.
O principal obxectivo da nova equipa é dotar ao museo de vida e chegar ao conxunto da sociedade galega. Para isto, queren crear unha axenda de actividades culturais e mover moito as redes sociais do museo. Hoxe en día ter un papel activo no mundo virtual é igual de preciso que as actividades que se poidan levar a cabo nas propias instalacións.
Unha das actividades propostas para as redes sociais é dar a coñecer as diferentes personaxes do Entroido galego e ibérico. A primeira personaxe presentada foi o felo de Maceda, a cal tivo unha boa acollida entre os usuarios das redes sociais.

Horario:

-Luns e martes pechado
-Mércores a domingo, festivos incluídos: 10:00 a 13:30 e 16:00 a 18:30.
Estes serán os horarios de inverno, no verán ampliaranse

Mascarada Ibérica 2022 Vilariño de Conso

 

O domingo, 20 de marzo de 2022, na localidade de Vilariño de Conso, a partir das 11:30 da maña, tivo lugar a VII edición da Máscarada Ibérica na que se reuniron 33 grupos procedentes de España, Portugal, e Italia, despois do parón do ano 2020 polo covid, e suspendelo polo mesmo motivo no 2021.

Así tivemos ocasión de ver aos grupos enumerados a continuación ataviados con traxes tradicionais e máscaras de inverno chegados desde Galicia, Cantabria, Castela e León, Castela-A Mancha, País Vasco, Portugal ( Bragança e Viseu) e Italia (Sardeña):

Esta cita comezou no ano 2015 con dez grupos participantes, cinco anos máis tarde. no 2020, o encontro muda de nombre e a “Máscarada Ibérica” pasa a llamarse “ViboMask” incluindo máis actividades durante toda a fin de semana.

A pesar das temperaturas baixas desta época poidemos disfrutar dun desfile no que a vistosidade e colorismo das máscaras participantes.
Unha breve mostra fotográfica de todo esto: 

Mascarada Ibérica 2022 Viana

 

O sábado, 19 de marzo de 2022, na localidade de Viana, a partir das 4 e media da tarde, tivo lugar a VII edición da Máscarada Ibérica na que se reuniron 33 grupos procedentes de España, Portugal, e como novidade a presenza dun grupo de Italia.

Así tivemos ocasión de ver aos grupos enumerados a continuación ataviados con traxes tradicionais e máscaras de inverno chegados desde Galicia, Cantabria, Castela e León, Castela-A Mancha, País Vasco, Portugal ( Bragança e Viseu) e Italia (Sardeña):

Esta cita comezou no ano 2015 con dez grupos participantes, cinco anos máis tarde o encontro muda de nombre e a “Máscarada Ibérica” pasa a llamarse “VivoMark” incluindo máis actividades durante toda a fin de semana.

Unha breve mostra fotográfica de todo esto: 

Vikingos e celtas na serra de san Mamede

E como non, este ano con mais gañas de forma especial, o saúdo dende Gotemburgo, Suecia de Helena Ericksson vestida de Felo percorrendo os montes xélidos da súa terra natal.

A importancia da ilusión e non importar meterse en leas, estas foros as dúas razóns para facer o pantalón de Felo. Pedindo os patróns e as indicacións para facelos.
Non me negaredes que debería ser nomeada filla adoptiva da Serra?

De esta nosa serra, tan maxestosa é grande que os espíritos dos Felos metéuselles a esta viquinga alta e miúda e en vez de botalo con algún meigallo do norte cada noite de lúa chea debe agradecerlle os deuses viquingos e celtas poder ser a ánfora que habita ese espírito anárquico e rebelde.

Baixada da Marela 2022

O 26 de febreiro de 2022, despois do parón pandemico do ano 2021, e ainda que sin convocatoria previa realizouse a octava edición da Baixada da Marela, A actividade que correu a cargo da Asociación Felos das 12 Parroquias, deu  comenzo frente o Bar Indio ás 20.30h.

Dende o Toural baixaron os carros presididos pola Marela polas rúas ata o centro da vila ca animación da Charanga BCB e Charanga Zes Pereiras de Amarante,

Ás 20:30h charanga BCB polas rúas e bares de Maceda para terminar as 00:00 h coa Marelada coa Charanga “Pereira de Amarante”

Esta actividade xa esta consolidada no Entroido de Maceda e así o corroborá a gran afluencia de xente a Solta da Marela, moitos moitos participantes e a festaza polas rúas de Maceda despois.

Gracias os hosteleiros que colaboraron: Bar Sala, O Pincho, Porta Sacra, Pagas tú, Km 0, Café bar Plaza, Casa Rosa, A Fenda, Cervexería, Restaurante a Diligencia, Cafetería Castillo, Pub Simbol e Umpalumpa, grazas pola vosa colaboración.

Sábado e domingo corredoiro

Chegou o tan desexado sábado de entroido. Este ano todos tiñamos moitas ganas de troula despois de estar un ano sen entroido. Os grupos dos Felos saíron de Maceda sobre a 10 da maña, fóronse repartindo en grupos e foron subindo os pobos como puideron en coches particulares. ademais este ano coincidiu que a saída da volta ciclista “O Gran Camiño que durante catro días percorreu Galicia, na terceira etapa de 146 km, Camiño de Ourense: Ribeira Sacra, partía de Maceda. Así que foi un pouquiño mais caótico ca sempre.

Os Felos foron visitando os pobos de Castro, Pias, Santirso, Xinzo da Costa e Celeiron . Logo foron comer a Dilixencia e algún felo tivo tempo de estar para a Saída da volta e entregar os premios que alí se repartiron os ciclistas mais destacados do ano.

Pola tarde visitaron Barxela, Vilar, Carguizoy e Tioira para rematar en Maceda. Xuntáronse cerca de 100 Felos. Este sábado de entroido o protagonista absoluto foron os nenos que tiñan moitas ganas de sair.

A pesar de non estar anunciado saíu a Marela consolidándose a festa un ano mais.

O domingo puidéronse ver outro grupo de felos pola serra. Case uns 50 Felos que foron en bus, pero a tarde debido a un falecemento moi achegado retiráronse.