Sábado e domingo corredoiro

Chegou o tan desexado sábado de entroido. Este ano todos tiñamos moitas ganas de troula despois de estar un ano sen entroido. Os grupos dos Felos saíron de Maceda sobre a 10 da maña, fóronse repartindo en grupos e foron subindo os pobos como puideron en coches particulares. ademais este ano coincidiu que a saída da volta ciclista “O Gran Camiño que durante catro días percorreu Galicia, na terceira etapa de 146 km, Camiño de Ourense: Ribeira Sacra, partía de Maceda. Así que foi un pouquiño mais caótico ca sempre.

Os Felos foron visitando os pobos de Castro, Pias, Santirso, Xinzo da Costa e Celeiron . Logo foron comer a Dilixencia e algún felo tivo tempo de estar para a Saída da volta e entregar os premios que alí se repartiron os ciclistas mais destacados do ano.

Pola tarde visitaron Barxela, Vilar, Carguizoy e Tioira para rematar en Maceda. Xuntáronse cerca de 100 Felos. Este sábado de entroido o protagonista absoluto foron os nenos que tiñan moitas ganas de sair.

A pesar de non estar anunciado saíu a Marela consolidándose a festa un ano mais.

O domingo puidéronse ver outro grupo de felos pola serra. Case uns 50 Felos que foron en bus, pero a tarde debido a un falecemento moi achegado retiráronse.