Neste fin de semana oleiro o venres na praza do Felo xuntouse un grupiño de xente para tirar fariña e deixar os Mecos
Este ano entre a Asociación de Comerciantes e o Concello organizouse o I CONCURSO DE MECOS ENTROIDO MACEDA 2022.
Animádevos a participar e darlle un pouquiño de vida a este Entroido 2022, aínda tendes prazo para inscribir o voso meco/a ata o vindeiro día 24 de Febreiro.
O sábado puidemos encontrar na Serra dous grupos: Os das doce parroquias e Os da Corga de Serra. Cada grupo por separado para non coincidir no mesmo pobo. Tampouco levaron a orde de sempre no percorrido, pero non deixaron sen visitar ningún pobo. Foi máxico volver oi lo son das chocas resoar nas rúas e nas canellas e sentir como se che arreguiza o corpo cando esgutían.
Non houbo esa tolemia de coches e xente. Atopámonos os de sempre.
Este ano arranca o Entroido entre tristura e alegría. Sentimentos encontrados que non sabemos moi ben como controlar. O Entroido é exceso, risas, troula hasta irreverencia, pero estamos a pique de vivir un Entroido distinto. Despois desta pandemia, de botar tanto tempo na casa primeiro sen poder saír , sen poder relacionarnos. sen poder estar o redor dunha mesa a comer e beber, de sobremesas interminables acompañadas de algún chupito e algún doce, sen poder troulear no Entroido, nas festas….. por fin CHEGOU!!!
Comeza o Entroido.
Este ano será un Entroido intimo, noso, da casa.
Todos traemos a cabeza a mil,¿ vestirse ou non vestirse?
Todas estas preguntas que non nos deixan acougar por fin se resolveron este sábado.
Saímos e a nosa xentiña recibiunos coma nunca, moitos nos dixeron que debemos ser prudentes pero que hai que vivir. A vida nos pobos ten outro ritmo, lento e tranquilo, pero cando chega o Entroido cambia. Todo son luces e cores, barullo e risas. Este Entroido non importa o tempo que faga, con este Entroido chega a luz a moitas casas onde durante case dous anos había medo, soidade e moita tristura.
O Felo é traste pero está claro que tamén ten un sentimento profundo de arraigo coa xentiña da Corga da Serra.
Así que este ano LUME pero tamén sentidiño e bo paso .
Imáxenes do día 5 de febreiro de 2022 percorrendo os pobos da Serra
O Entroido xa está entre nós, e en Maceda presumimos de elo. Festa Declarada de Interese Turístico de Galicia contamos co seguinte programa e información das diversas actividades:
04 de xaneiro, sábado, Festa de Inicio do Entroido. +información
Do 14 o 16 de febreiro, Pinchos de Entroido, +información
14 de febreiro cena de entroideiras no Lar dos Felos +informacion
15 de febreiro, sábado a partir das 21h. Fiadeiro en Carguizoi. +información
16 de febreiro, domingo, Tarde de Bolouros na praza Cervantes a partir das 17h. +información
Programación Entroido Maceda 2020
21 de febreiro, venres ás 20h. na Praza das Toldas Festa de Comadres. +información
22 e 23 de febreiro, sábado e domingo de Entroido saíndo ás 9:30 h. Antigo Matadoiro e percorrendo os Felos os pobos da Serra. +información sábado+información domingo
22 de febreiro, sábado, ás 19:30h. a baixada da Marela dende o Toural polas rúas da vila ca animación da Charanga BCB e Charanga Zes Pereiras de Amarante, ás 20:30h charanga BCB polas rúas e bares de Maceda para terminar as 00:00 h coa Marelada coa Charanga “Los Fugitivos” +información
24 de febreiro, luns de Entroido teremos Festa Infantil a partires das 17 h no Pavillón de Deportes con inchables e Desfile infantil +información
25 de febreiro, o martes de Entroido Desfile de Felos, Carrozas e Comparsas, dende ás 18:00 h desfile de disfraces con saída dende a rúa das Canteiras. Ás 21 h entrega de premios do desfile de disfraces, individuais e grupos ata cinco participantes (1º 125 €, 2º 75 €, 3º 50 €) Grupos de máis de 6 participantes (1º 175 €, 2º 120 €, 3º 90 €) e Carrozas (1º 250 €, 2º 175 €, 3º 125 €). +información
26 de febreiro, mércores de cinsa e como despedida, o Enterro do Entroido ás 20 h. na praza das Toldas. +información
O domingo 23 de febreiro de 2020 os Felos percorreron os pobos da Serra de San Mamede: Pías, Castro de Escuadro, Santirso, Xinzo da Costa, Celeiron saíndo pola tarde a Barxela, Vilardecás, Carguizoi, Sarreaus, e Tioira.
Agradecemos a todos os pobos da serra que ano tras ano reciben os Felos e maila súa corte de fotógrafos e entroideiros.
Organizado polo Concello de Maceda e Asociación Felos da Corga da Serra.
Séptima edición da Baixada da Marela o 22 de febreiro de 2020, A actividade que correu a cargo da Asociación O Cruceiro de Maceda, deu comenzo frente o Bar Indio ás 20.30h.
O sábado 22 de febreiro de 2020 os Felos percorreron Pías, Castro de Escuadro, Santirso, Xinzo da Costa, Celeiron saíndo pola tarde a Barxela, Vilardecás, Carguizoi, Sarreaus, e Tioira.
Agradecemos a todos os pobos da serra que ano tras ano recibiron os Felos e maila súa corte de fotógrafos e entroideiros.
Queremos incidir en que apesar de que case todo o mundo se comporta civilizadamente algúns personaxes que pasan polos nosos pobos comen e beben nas nosas mesas e deixan o lixo tirado no chan ou en calquer sitio que non corresponde. Recordarvos a todos que esta festa é nosa. Dos nosos pobos e das nosas xentes, que estamos tan orgullosos dela que nos encanta compartila, pero isto non é un botellón, nin a escusa perfecta para comer e beber gratis. Pedimos RESPECTO
Organizado polo Concello de Maceda e Asociación Felos da Corga da Serra.
O domingo 16 de febreiro de 2020, na praza Cervantes, organizado por “a Fenda”,“A Chuche Mecánica” e a colaboración do Club Ciclista de Maceda e , divertímonos o grande recuperando unha tradición do Entroido da nosa contorna: “Os Bolouros”.
A cita foi a partires das 17:00 h. e houbo chocolatada e doces para os nenos asistentes.
Si non sabes que son, tes aquí mais información: “Os Bolouros”