O enterro do Entroido terá lugar en Maceda o venres, 7 de marzo de 2025
Ás 20 h. empezaremos ca queima do meco na Praza das Toldas para continuar cunha pinchada popular a cargo dos “Taberneiros do Pobo” ca animación musical a cargo da Charanga A Felga de Maceda.
Organizado polo Concello de Maceda ca colaboración de Asociación Taberneiros do Pobo.
Dende a asociación de Comerciantes e Empresarios de Maceda colocaranse como veñen facendo os anos anteriores os nosos “Mecos” nas portas dos negocios.
Repartiran tamén “esqueletos” tanto na vila como nos pobos, os veciños que os soliciten para animar a xente a que participe a disfrazalos, e así decorar rúas e prazas.
Así, o sábado 8 de febreiro de 2025 ás 20h., conxuntamente co “Barullón de Carguizoi” teremos “a solta do burro” e a procesión dos mecos onde acabaremos colgando un deles na praza do pobo.
Animamos a todo o mundo a que nos acompañe con un meco nesta procesión e que veñan a divertirse con todos nos.
Galería de imaxes da “procesión”
IV Concurso de Mecos Maceda 2025
A Asociación de comerciantes e empresarios de Maceda convoca un concurso de elaboración de Mecos, dentro da programación dos festexos do Entroido.
A este concurso poderán presentarse tódol@s veciñ@s do Concello de Maceda que o desexen, tanto a nivel particular como colectivo (Asociacións Culturais, Asociacións Veciñais, etc…), e tamén calquer tipo de negocio empresarial de Maceda sexa ou non socio desta asociación.
O prazo de inscrición no concurso será dende o día 4 ao 28 de Febreiro de 2025, ambos incluídos.
A inscrición realizarase a través de correo electrónico enviando os datos persoais, enderezo de ubicación do meco, unha fotografía do mesmo e o nome que se lle deu ó meco (comercioenmaceda@hotmail.com ) ou por teléfono: 988317110.
O prazo de votación irá dende o día 1 ó 5 de marzo (ambos dous inclusive).
Premios
– Meco máis entroideiro: cata espirituosa para seguir entroidando (cesta cheíña de verdadeiras xoias vinícolas e licores ancestrais…)
– Meco máis elaborado: degustación de doce experiencias para ser felices (Cestiña irresistible cos postres máis típicos e cheos de historia da comarca).
– Meco de grupos: degustación entroideira de momentos para compartir (Cesta cocido: Banquete tradicional cos mellores produtos da comarca)
Inscribe o teu meco antes do 1 de Marzo enviando algunhas fotos do teu meco/a cos teus datos persoais e a ubicación do mesmo a: comercioenmaceda@hotmail.com
Organizado polo concello de Maceda o 25 de xaneiro de 2025 tivo lugar ás 12:30 h. no Espazo A Fenda tera lugar o acto de presentación Cartaz de Entroido 2025
Presentado por Celso Sánchez, Concelleiro de Cultura e ca intervención dos Felos da Corga da Serra, Felos das 12 parroquias, ANPA Ceip de Maceda, Fiadeiro de Carguizoi, Asociación de Comerciantes e Empresarios de Maceda, os Taberneiros do Pobo.
Así interviron: José Antonio “Pinto”, dos Felos da Corga da Serra, lembrou que o Sábado e o Domingo de Entroido os felos percorrerán as aldeas da Serra, Javier Gómez, “Willy” falou polos Felos das 12 parroquias, a asociación que recuperou a Baixada de Marela, Miguel Iglero, organizador do Fiadeiro de Carguizoi, anunciou a recuperación do Reinado por testemuñas dos seus avós, a Asociación de Comerciantes, a través de Elvira Iglesias, organizando a colocación dos Mecos polas distintas empresas, Toño, o presidente da Asociación de Taberneiros do Pobo lembrou que se despedirá o entroido ca queima do Meco e unha pinchada organizada por eles. A ANPA do CEIP de Maceda, representada por Iria Dopazo, organizadores da “Mareliña” e do obradoiro de elaboración de compadres e comadres, anima as familias a participar nas actividades.
Para finalizar este Entroido 2024 tivemos o sábado 17 de febreiro, ás 20:00h o Enterro dos Mecos na Praza das Toldas de Maceda.
Contamos cunha “Procesión Fúnebre” acompañada musicalmente pola Charanga A Felga de Maceda que saimos da praza, subimos pola Aira das Mantas, baixar pola rúa do medio ata o Bar 2000 para continuar a recta final ata a praza co recibimento dos asistentes.
Ó remate pinchada para tódolos asistentes a cargo da Asociación Taberneiros do Pobo de Maceda.
Organizado polo Concello de Maceda ca colaboración de Asociación Taberneiros do Pobo.
O Entroido comeza co soar das chocas a noite de ano novo, percorrendo as rúas e avisando que o entroido xa chegou.
O Entroido de Maceda xa ten o reconocemento de Festa de Interese Turístico de Galicia, e este ano 2024 abrimos o entroido ca publicación no DOG, o xoves 25 de xaneiro de 2024 da incoación do expediente para declarar Ben de Interese Cultural o Entroido galego, queda desde hoxe protexido en base ao seu interese etnolóxico, á súa función social e á súa riqueza cultural e patrimonial nas súas diferentes expresións.
O día 13 de febreiro de 2023, o martes de Entroido foi o Desfile de Felos, Carrozas e Comparsas en Maceda, dende ás 17:30 h.
Desfile de disfraces que percorreu Maceda saíndo dende a rúa das Canteiras ata o cruce dos Milagres e regresando con chegada de novo a Praza do Felo.
Unha vez finalizado o desfile comezou a festa na Praza das Toldas
Participantes premiados:
Individuais e grupos de ata 5 participantes:
1º premio: 125 € – Manolo Escobar y sus chicas
2º premio: 75 € – Alicia en el país de las Maravillas
3º premio: 50 € – Cine
Grupos de máis de 6 participantes:
1º premio: 175 € – Lorairo Park
2º premio: 120 € – Reino de Hielo
3º premio: 90 € – Cámaras Chismosas
Carrozas:
1º premio: 250 € – Baixo o mar
2º premio: 175 € – Parrandeiros Mix
3º premio: 125 € – Maceda Dakar
(accésit de 40€ para tódalas demais carrozas participantes).
Fotos do desfile:
Lorairo ParkMaceda DakarMaceda DakarDel RevesFelosFelosNunca é tardeAlcaldesa e FeloFelosFelosFelosFelosFelosFelosFelosFelosFelosFelosFelosManolo Escobar y sus chicasManolo Escobar y sus chicasAlicia en el país de las MaravillasManolo Escobar y sus chicasGuateque EspumosoGuateque EspumosoReino de HieloReino de HieloReino de HieloReino de HieloCámaras ChismosasCámaras ChismosasCámaras ChismosasDel RevesDel RevesAngelitas DivinasLorairo ParkLorairo ParkLorairo ParkLorairo ParkLorairo ParkMaceda DakarMaceda DakarMaceda DakarCoches LocosMaceda DakarMaceda DakarCoches LocosAs damas das follas douradas da Ribeira SacraAs damas das follas douradas da Ribeira SacraAs damas das follas douradas da Ribeira SacraGosper ChoirGosper ChoirBaixo o marBaixo o marBaixo o marBaixo o marBaixo o marBaixo o marBaixo o marBaixo o marCineCineCineCineOs piratas de EsgosOs piratas de EsgosNunca é tardeNunca é tardeNunca é tardeNunca é tardeParrandeiros MixParrandeiros MixParrandeiros MixParrandeiros MixParrandeiros MixOs piratas de EsgosFelosFelosCineCineOs piratas de EsgosVivamos coma GalegosFelos
O lúns, día 12 de febreiro de 2024 o Entroido en Maceda estivo adicado en especial os máis pequenos tendo actividades enfocadas a eles ca seguinte programación:
Bolouros
A partir das 11:00 h na Praza Miguel de Cervantes de Maceda (máis información)
Pola tarde de 16:00 a 19:00h. no Pavillón Municipal de Maceda festa para os máis cativos. Tivemos un desfile de modelos con premios os mellores.
Fotos festa pavillón
Baixada da Mareliña
Ás 19h. tivemos unha nova edición da “Baixada da Mareliña”, versión infantil da baixada da Marela do sábado a noite. Batalla campál entre pais e nais por unha banda e pola outra os cativos.
Sairon do Pabellón municipal, acompañados pola Charanga A Felga recorrendo as ruas para finalizar na praza do Felo onde se librou a última “batalla”, a festa continuou e as 23h Verbena a cargo da Charanga Europa.