Reparto e Concurso de Mecos 2025

Dende a asociación de Comerciantes e Empresarios de Maceda colocaranse como veñen facendo os anos anteriores os nosos “Mecos” nas portas dos negocios.

Repartiran tamén “esqueletos” tanto na vila como nos pobos, os veciños que os soliciten  para animar a xente a que participe a disfrazalos, e así  decorar  rúas e prazas.

Así, o sábado 8 de febreiro de 2025 ás 20h., conxuntamente co “Barullón de Carguizoi” teremos “a solta do burro” e a procesión dos mecos onde acabaremos colgando un deles  na praza do pobo.

Animamos a todo o mundo a que nos acompañe con un meco nesta procesión e que veñan a divertirse con todos nos.

Galería de imaxes da “procesión”

IV Concurso de Mecos Maceda 2025

A Asociación de comerciantes e empresarios de Maceda convoca un concurso de elaboración de Mecos, dentro da programación dos festexos do Entroido.

A este concurso poderán presentarse tódol@s veciñ@s do Concello de Maceda que o desexen, tanto a nivel particular como colectivo (Asociacións Culturais, Asociacións Veciñais, etc…), e tamén calquer tipo de negocio empresarial de Maceda sexa ou non socio desta asociación.

O prazo de inscrición no concurso será dende o día 4 ao 28 de Febreiro de 2025, ambos incluídos.

A inscrición realizarase a través de correo electrónico enviando os datos persoais, enderezo de ubicación do meco, unha fotografía do mesmo e o nome que se lle deu ó meco (comercioenmaceda@hotmail.com ) ou por teléfono: 988317110.

A votación será popular a través do formulario correspondente que se habilitará para poder exercer o voto e que se publicará na conta de Facebook da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Maceda,

O prazo de votación irá dende o día 1 ó 5 de marzo (ambos dous inclusive).

Premios

Meco máis entroideiro: cata espirituosa para seguir entroidando (cesta cheíña de verdadeiras xoias vinícolas e licores ancestrais…)

Meco máis elaborado: degustación de doce experiencias para ser felices (Cestiña irresistible cos postres máis típicos e cheos de historia da comarca).

Meco de grupos: degustación entroideira de momentos para compartir (Cesta cocido: Banquete tradicional cos mellores produtos da comarca)

Inscribe o teu meco antes do 1 de Marzo enviando algunhas fotos do teu meco/a cos teus datos persoais e a ubicación do mesmo a: comercioenmaceda@hotmail.com

Bases do Concurso