20:00 a 23:00 horas. I Ruta Tapa do Cocido de Entroido y foliada por los bares con las Xunquereteiras y Rebulir.
Temos as seguintes ofertas:
Porta Sacra – Orella cocida A Cervexería – Cocido do Entroido A Dilixencia – Morro de Porco A Fenda -Croqueta krocinada con cocido Casa Rosa – Chouriciños ó Alvariño Tapería o Castillo – Rollito de Entroido Bar Teixeira – Potaxe de bacalao con gambas Bar A Sala – Brochetas choutizo cocido e gambas Mioco – Taco de entroido Bar Lúa – Lacón con grelos
O domingo 16 de febreiro de 2025 terá lugar na praza das Toldas a partires das 16:30 h., un obradoiro de elaboración de Compadres e Comadres organizada pola ANPA Ceip de Maceda.
Para rematar a actividade contaremos cunha chocolatada para os participantes.
O sábado 1 de marzo os felos percorren as aldeas da Serra co seu tocar de chocas, e o sábado de Entroido máis ou menos organizado polo Concello.
Así, saíran ás 9:30h da Praza das Toldas de Maceda, pola maña recorreran Castro de Escuadro, Pías, Santirso, Xinzo da Costa e Celeiron. 12:00 horas. Pasabares con la Charanga A Felga. Ás 14:00h comida no Restaurante la Diligencia de Maceda Ás 16:00h visitarán Barxela, Vilar, Carguizoi, Tioira e Maceda. 17:00 horas. Pasabares con la Charanga Os Caliqueños.
Un ano máis e a expectativa crece coa Baixada da Marela. Milleiros de persoas percorreron as rúas ao longo do día e sobre todo ocuparan beirarrúas e parques dende o Alto do Toural no preludio dunha longa noite en Entroido, na localidade de Maceda.
Sábado de Entroido, 1 de marzo de 2025, ás 21.00 horas, baixando dende o Alto do Toural unha procesión moi numerosa, con máscaras de madeira, peles, cornos e ‘chocas’ acompañando a viaxe da vaca “Marela”, figura recuperada hai máis dunha década. pola Asociación Felos das 12 parroquias e que se converteu nunha das celebracións máis esperadas polos macedáns e os numerosos visitantes que xa teñen este día como data inamovible.
O enterro do Entroido terá lugar en Maceda o venres, 7 de marzo de 2025
Ás 20 h. empezaremos ca queima do meco na Praza das Toldas para continuar cunha pinchada popular a cargo dos “Taberneiros do Pobo” ca animación musical a cargo da Charanga A Felga de Maceda.
Organizado polo Concello de Maceda ca colaboración de Asociación Taberneiros do Pobo.
Dende a asociación de Comerciantes e Empresarios de Maceda colocaranse como veñen facendo os anos anteriores os nosos “Mecos” nas portas dos negocios.
Repartiran tamén “esqueletos” tanto na vila como nos pobos, os veciños que os soliciten para animar a xente a que participe a disfrazalos, e así decorar rúas e prazas.
Así, o sábado 8 de febreiro de 2025 ás 20h., conxuntamente co “Barullón de Carguizoi” teremos “a solta do burro” e a procesión dos mecos onde acabaremos colgando un deles na praza do pobo.
Animamos a todo o mundo a que nos acompañe con un meco nesta procesión e que veñan a divertirse con todos nos.
Galería de imaxes da “procesión”
IV Concurso de Mecos Maceda 2025
A Asociación de comerciantes e empresarios de Maceda convoca un concurso de elaboración de Mecos, dentro da programación dos festexos do Entroido.
A este concurso poderán presentarse tódol@s veciñ@s do Concello de Maceda que o desexen, tanto a nivel particular como colectivo (Asociacións Culturais, Asociacións Veciñais, etc…), e tamén calquer tipo de negocio empresarial de Maceda sexa ou non socio desta asociación.
O prazo de inscrición no concurso será dende o día 4 ao 28 de Febreiro de 2025, ambos incluídos.
A inscrición realizarase a través de correo electrónico enviando os datos persoais, enderezo de ubicación do meco, unha fotografía do mesmo e o nome que se lle deu ó meco (comercioenmaceda@hotmail.com ) ou por teléfono: 988317110.
O prazo de votación irá dende o día 1 ó 5 de marzo (ambos dous inclusive).
Premios
– Meco máis entroideiro: cata espirituosa para seguir entroidando (cesta cheíña de verdadeiras xoias vinícolas e licores ancestrais…)
– Meco máis elaborado: degustación de doce experiencias para ser felices (Cestiña irresistible cos postres máis típicos e cheos de historia da comarca).
– Meco de grupos: degustación entroideira de momentos para compartir (Cesta cocido: Banquete tradicional cos mellores produtos da comarca)
Inscribe o teu meco antes do 1 de Marzo enviando algunhas fotos do teu meco/a cos teus datos persoais e a ubicación do mesmo a: comercioenmaceda@hotmail.com