Distintas actividades dos Felos en tempo de Entroido 2019

Os Felos estiveron presentes en varias actividades o longo de estes días para que o Entroido teña unha vida longa xa que é imprescindible a educación dos cativos e sobre todo acordarse das vellas xeracións. 

 
Para iso :
 
O sábado 23 de febreiro, como cada ano, visitaron  a residencia Nuestra Sra. de las Nieves, o centro de ancians de Maceda, levando a troula e alegría por un momento os seus devanceiros. Ali estiveron disfrutando todos, escoitando vellas historias  de tempos pasados e feleando cos ancians.
 
O mércores 27 de febreiro foron polo CEIP plurilingúe San Marcos de Abegondo (A Coruña). Alí os rapaces recibiron as visita de felos de Maceda, Troteiros de Bande e o Entroido de Samede .Os felos explicaron como é a elaboración das carautas xunto co seu axudante Marquiños
 
O venres día 1 de marzo tivo lugar o desfile do colexio C.E.I.P. Maceda coa participación de 50 felos.
 
O relevo xeracional está asegurado!!!
 

Queremos agradecer o Colexio Abegondo e os felos das 12 parroquias polas fotos

 
 

Antroidos e máscaras na Galiza rural

Antroidos-e-Mascaras
Antroidos-e-Mascaras

Monográfico número 4 de Sermos Galiza presenta, nunha introdución de Felipe Senén e en fotografías e comentarios de Alfonso García Santos, 52 antroidos con máis de 120 fotografías obtidas en máis de dez anos, a grande maioría descoñecidos.

Os entroidos que recollen neste caderno distan das fórmulas importadas e uniformadas, aquelas das carautas de plástico á venda nos bazares. As variedades tradicionais que testemuña Santos coas súas imaxes son etnoarqueoloxía vixente.

Son o entroido auténtico. “É naqueles sitios pequenos do interior da montaña onde mellor se conservaron as tradicións, que pasaron de pais a fillos, e non son poucos os entroidos recuperados polo deus turismo”, afirma o fotógrafo, que elixiu as imaxes tiradas nos últimos quince anos para compoñer o mapa desta festa da liberdade e da creatividade. “Hai décadas, dixemos cuadriláteros, hoxe dicimos espiral infinda, galaxia do entroido galego”, apunta Felipe-Senén ao respecto no texto introdutorio da publicación.

As testemuñadas polo fotógrafo son as seguintes: a Marela de Maceda; a Morena de Matamá; a Pita das Eiroás; a Queima do Meco; a Solta da Marela de Maceda; as figuras de animais no entroido; as Bonitas de Sande; Baixada da Morena de Laza; Boteiros de Trives; Boteiros de Viana do Bolo; Boteiros de Vilariño de Conso; Charrelos de Baños; Chocalleiro de Vilardevós; Cigarróns de Verín; Entroido Ribeirao; Fareleiros; Felo de Garabás; Felos de Boborás; Felos de Esgos; Felos de Maceda; Gárgolas de Celanova; Galos da Mezquita; Labardeiros de Mugares; Máscaras de Buxán; Madamas e Galáns de Cobres; Madamitas de Entrimo; Maragatos de Laza; Mázcaras da Xironda; Mázcaras de Manzaneda; Meco das Teixugueiras; o Boi da Veiga; o Cabreiro de Muíños; o Cigarrón de Verín; o Exército dos panos; o Fedelloso de Meira; O Folión; o Irrio de Lumeares; o Meco da Xironda; o Meco das Teixugueiras; o Oso de Salcedo; o Rei de Covelo; o Xigante e o Touro de Celavente; o Vellarrón de Riós; o Vello dos Cornos de Vila de Cruces; o Zarramanculleiro de Cualedro; os Chambergos de Santeles; Pantallas de Xinzo; Peliqueiros de Campobecerros; Peliqueiros de Laza; Troteiros de Bande; Vergalleiras das Teixugueiras; Vergalleiros de Sarreaus; Vixigueiros de Samede e os Xenerais da Ulla.

Editorial: SERMOS GALIZA
Año de edición: 2019
ISBN: 978-84-09-08994-9

Aliás, quen quixer adquirilo, poderá facelo en librarías a partir dos próximos días a un prezo de 19,90 euros.

[Podes adquirir este caderno monográfico en AS-PG]

Os Bolouros 2019

Tarde de Bolouros 2019
Tarde de Bolouros 2019

O domingo 24 de febreiro de 2019, na praza Cervantes, organizado por “O Recreo”, “A Chuche Mecánica” e a “Asociación de Felos da Corga da Serra” divertímonos o grande recuperando unha tradición do Entroido da nosa contorna: “Os Bolouros”

Si non sabes que son, tes aquí mais información: “Os Bolouros”

Xuntámonos a partires das catro da tarde entorno o “barro especial” para aprender como se fan os Bolouros e enseguida tanto nenos como maiores metemos a man e elaboramos os Bolouros.

Despois neste “Domingo Corredoiro” pasamos a práctica e non quedou ninguén sen pintar tanto na praza como no entorno próximo, os nenos entre si, e incluso algún avó que se veu a ver os netos acabaron tamén desfrutando da festa.

Rematamos a festa cunha chocolatada e bica para os asistentes .

Así aprendemos un pouco desta nosa tradición, da súa historia e xogamos.

Unha pequena testemuña do que vivimos alí:

Foliada en Carguizoy 2019

Fiadeiro Carguizoi 2019 (Maceda).
Fiadeiro Carguizoi 2019 (Maceda).
 

O 23 de febreiro de 2019 dentro do Entroido de Maceda tivo lugar o fiadeiro en Carguizoi (Maceda).

Foi o terceiro ano que os veciños de Carguizoy nos abriron as portas da sua casa. Gaitas e panderetas soaron, chocas, risas e contos. Os felos alborotadores non faltaron a cita.

Tamén contamos con animación musical a cargo de “De pe Feito“,  “Ergutío”, “Escola de Música Tradicional de Molgas”, “Xunquereteiras”…

Unha mostra fotográfica de o alí vivido:

 

Reunión Anual Asociación

Felos da Corga da Serra
Felos da Corga da Serra

O día 16 de febreiro de 2019, ás 19:00 horas no edificio multiusos de Maceda tivo lugar a reunión anual da Asociación Felos da Corga da Serra co seguinte orde do día:

  • Resumo do feito no ano 2018
  • Descripción do que se vaya a realizar no vindeiro Entroido
  • Renovación de cuotas para o ano 2019
  • Dudas e suxerencias

Nesta reunión ordinaria da Asociación de Felos da Corga da Serra tratáronse os seguintes temas sobre o Entroido 2019:

O prezo dos tickets para facer o percorrido polas aldeas do concello de Maceda será de 10 euros para persoas non socias da Asociación e 5 euros para aquelas que sí que o sexan.

Para facerse socios da Asociación pódese ir a Ferretería Aldraba (Toño Parrulo) ou contactando con Pinto ou Fran de Castro.

O lugar para comprar os tickets será a Ferretería Aldraba ou falando cos membros da directiva: Fran, Alberto ou Yonhy.

A data límite para mercar ditos tickets será o día 1 de marzo ás 20:00 horas.

Debido á escasa presencia de socios na reunión (uns 12 socios) decidiuse facer outra o día 30 de marzo de 2019. Nesta reunión tomaranse decisións sobre o futuro da asociación e estas faránse por a maioría dos socios PRESENTES.

Programas entroidos de Ourense 2019

Programa Entroido Ourense 2019
Programa Entroido Ourense 2019

O entroido na provincia de Ourense non só se celebra nos catro días principais, de sábado a martes de entroido, onde as bromas, os disfraces e os traxes típicos enchen a cidade, as vilas, aldeas e rúas, días nos que se anima á participación popular; senon que desde xaneiro xa se comeza a preparalo, como acontece en Xinzo de Limia, cun dos ciclos máis longos. Unha festa na que se valora o espíritu participativo e as ganas de divertirse, hai que ir disfrazado, non importa de que, sen disfraz un corre o risco de sufrir uns golpes de fusta; de que lle boten fariña ou formigas vivas; ou de ter que convidar a unha rolda de viños. É o que hai! O entroido ourensán é ancestral, unha celebración de longa tradición popular, que a día de hoxe goza de moi boa saúde, aínda que algúns ritos e peculiaridades se teñan perdido e outros estean en proceso de recuperación. É unha festa de interese turístico internacional en Xinzo de Limia, de interese turístico nacional en Verín, e de interese turístico galego en Laza, Maceda, Manzaneda, Viana do Bolo e Vilariño de Conso. E en Ourense acompañamos sempre o entroido dunha boa mesa onde o protagonista é o porco, coa guarnición das patacas, os grelos ou os garavanzos. E de postre, filloas, orellas, bica…, para rematar cun bo licor café. Que empece a festa ! A Deputación de Ourense co Entroido! .

Descarga o ficheiro aquí

Páxinas Pasando de Emilio Arauxo 2019

Paxinas pasando dos tellados polos felos
Paxinas pasando dos tellados polos felos

Co título “Páxinas Pasando dos tellados polos Felos” chega unha edición non venal da editorial Amastra-N-Gallar na que se nos agasalla cunha colección extensa de imaxes obtidas polo poeta, filósofo, escritor e etnógrafo Emilio Arauxo.

Aínda que o libro comeza cuns textos sobor dos Felos, nesta ocasión colle enseguida peso a imaxe, 150 páxinas nas que se recolle documentalmente os ritos, a dinámica da máscara durante o percorrido dos Felos polas aldeas da Corga da Serra durante todo o entroido, mais concretamente o sábado. Nenos, carautas, chocas, xente que recorda os Felos e os que o viven por primeira vez, sentimentos, sensacións…

De forma especial, o saúdo dende Gotemburgo, Suecia de Helena Ericksson e Kasimir Lindengren lucindo carauta de Felo sobre un lago xélido.

Xuntanza en Campobecerros 2019

O sábado día 2 de febreiro de 2019 celebrouse unha xuntanza na aldea de Campobecerros no concello de Castrelo do Val en Ourense. Por segundo ano consecutivo estiveron presentes os Peliqueiros e Parranfóns de Campobecerros, os Boteiros de Viana do Bolo, os Felos de Maceda e coma novidade estivo o Entroido Ribeirao de Lugo.

Apesar de xuntarse antes do entroido, que comenzou o 10 de febreiro, e apesar da neve a xuntanza tivo lugar a noitiña e ali puderonse ver escenas ben curiosas: Peliqueiros e Felos xuntos percorando as ruas do pobo acompañado do Fulión de Viana. O Volante, Peliqueiros, Mecos, Maragatos e Pucho andiveron tamén no fulión. Aquí queda recollido os permisos que pediron para entrar o pobo:

Boas tardes Campobecerros
Aquí volvemos estar
non viñen só a recitar
sinon que co voso permiso
tamén queremos tocar.

Soan as miñas esquilas
como boteiro que son
e ao meu ritmo
acompáñame o fulión.

Non só nos vistimos nós,
tamen están os felos de Maceda
disfrutando destas festas
que son o único que nos queda.

Tamen veñen a vernos
os nosos amigos de Chantada
que en Viana tamén estuveron
na quinta Mascarada

Veñen cos seus volantes
que son moi elegantes
tamen cos maragatos que nos van facer
pasar uns bos ratos

Xente de Campobecerros
pidovós este permiso
para deixarnos tocar
e a todos sacarvós un sorriso.

Eu como boteiro
faime moita ilusion
bailar con vos peliqueiros
mentras tocan o fulion

Tamen me gusta moito
ver eses parrafons
que acompañados da vaca
siguen as tradicións.

As distancias separanos,
o entroido únenos,
xuntos a loitar
polo que tanto nos fai disfrutar.

Sin mais que decir
deixovós pasar
se o voso permiso
nos vades a dar.

Grazas de corazón
se hoxe nos acolledes
porque non sei si voltaremos
coas montañas cheas de neve.

Os veciños que eiqui estamos
un ano fai que levamos
agardando o fulión
mos retumbe no corazon

Que o seu ritmo nos invada
sen medo a neve ou xeada
que moito salte o Boteiro
e tamén o Peliqueiro

O parrafón luze arrogante
que vai diante do volante
que o pucho as hortas fertilice
(E os felos….ós felos non hai quen os organice)

Benvido sodes de novo
de parte de todo este pobo
que empece xa o fulión
Viva o entroido e viva todos nós

Agradecemos as fotos Shan Gago