Tag Archives: felos

52 Feira do Cocido de Lalín

Con motivo da 52 edición da feira do Cocido de Lalín, e como antesala do Entroido Galego, organizouse o domingo 16 de febreiro de 2020 un desfile de comparsas, carrozas e entroidos tradicionais galegos.

Así foron invitados os Felos de Maceda que fixeron das súas entre o moito publico asistente.

Conxuntamente cos Felos estiveron o Fulión de Mormentelos, os Villaróns de Riós, o Entroido de Samede e o Entroido de Cobres.

Fotos de Toño Seijas cedidas polo Concello de Lalín, da Web oficial Cocido de Lalín e de La Voz de Galicia, Edición Laíin:

Xuntanza en Campobecerros 2020

O sábado día 1 de febreiro de 2020 xuntaranse na aldea de Campobecerros no concello de Castrelo do Val en Ourense.

Por terceiro  ano consecutivo,  estarán presentes os Peliqueiros e Parranfóns de Campobecerros, os Fulións Rurais de  Viana do Bolo, os Felos de Maceda e coma novidade os Cigarrons de Verin.

Tempo de entroido onde se poderán ver distintas máscaras moi características do entroido ourensan. 

 

Reunión Anual Asociación Felos da Corga da Serra

Logo asociación Felos Maceda
Logo asociación Felos Maceda

Convócase a reunión anual da Asociación de Felos da Corga da Serra de este 2020.

A cita será o sábado, 1 de febreiro de 2020 no edificio multiusos do Concello de Maceda ás 20:30 horas.

A esta reunión estan convocados tódolos socios doutros anos e todas as persoas que estén interesadas en facerse socias esta tempada.

Por último recordar que nesta reunión tomaranse decisións sobre o futuro da asociación e estas faránse por a maioría dos socios PRESENTES, polo que desde a directiva pedimos que asista o maior número de socios posible.

GRACIAS

Programa do Entroido Maceda 2019

Entroido Maceda 2019
Entroido Maceda 2019

O Entroido xa está entre nós, e en Maceda presumimos de elo. Festa Declarada de Interese Turístico de Galicia contamos co seguinte programa e información das diversas actividades:

12 de xaneiro, sábado, Festa de Inicio do Entroido. +información

23 de febreiro, sábado de Desmadre, ás 20h. daremos o comezo na Praza das Toldas. +información

23 de febreiro, sábado a partir das 21h. Fiadeiro en Carguizoi. +información

24 de febreiro, domingo, Tarde de Bolouros na praza Cervantes a partir das 16h. +información

1 de marzo, venres ás 20h. na Praza das Toldas Festa de Comadres+información

2 e 3 de marzo, sábado e domingo de Entroido saíndo ás 9:30 h. Antigo Matadoiro e percorrendo os Felos os pobos da Serra. +información sábado
+información domingo

2 de marzo, sábado, ás 20h. a baixada da Marela dende o Toural polas rúas da vila ca animación da Charanga BCB e Charanga Ardores +información

4 de marzo, luns de Entroido teremos Festa Infantil a partires das 17 h no Pavillón de Deportes con inchables, actuación do Mago Delmi e Desfile infantil +información

9 de marzo, o martes de Entroido trasladado polas condicións climatoloxicas: Desfile de  Felos, Carrozas e Comparsas, dende ás 18:00 h desfile de disfraces con saída dende a rúa das Canteiras. Ás 21 h entrega de premios do desfile de disfraces, individuais e grupos ata cinco participantes (1º 125 €, 2º 75 €, 3º 50 €) Grupos de máis de 6 participantes (1º 175 €, 2º 120 €, 3º 90 €) e Carrozas (1º 250 €, 2º 175 €, 3º 125 €). +información

6 de marzo, mércores de cinsa e como despedida, o Enterro do Entroido ás 20 h. na praza das Toldas. +información

Os Felos en Astorga 2019

2019 Piñata Astorga
2019 Piñata Astorga

O domingo 10 de marzo de 2019 a cidade de Astorga celebrou, despois do seu habitual desfile de Piñata o día anterior, o “Antruejo” como acto final este ano e que, entre outras figuras do Entroido Tradicional, contou por segundo ano consecutivo ca presencia dos Felos de Maceda (Ourense).

No desfile, que arrancou as 12:30 h. da maña, estiveron acompañando os Maragatos e os moitos visitantes asistentes as seguintes asociacións:

1. Jurrus y Castrones, Alija del Infantado (León)
2. Maragatas y Patahenos de La Alberca (Salamanca)
3. Fulión A Veiga. Asociación cultural O Son de Trevinca, (Ourense)
4. Asociación Cigarrón de Verín, Verín (Ourense)
5. Asociación Felos da Corga da Serra, de Maceda (Ourense)
6. Fulión de Mormentelos, Vilariñó de Conso – Mormentelos (Ourense)

Saíndo dende o Polideportivo Felipe Miñambres percorreron as rúas ata chegar á Praza Maior onde cada grupo de forma individual fixo unha presentación da súa figura e das particularidades do seu “Entroido” facendo de este acto un encontro cultural de coñecemento e promoción da historia de todos os grupos alí convocados.

A programación do entroido de Astorga de este ano deu remate as 21:30 h. na praza Maior ca queima da Piñata.

Desfile Urbano 2019 (aplazado)

O desfile urbano previsto para o 5 de marzo de 2019, martes de Entroido, debido as condicións meteorolóxicas suspendeuse e cambiouse para o sábado día 9 de marzo ás 18:00 h.

O desfile de Felos, Carrozas e Comparsas, desfile de disfraces saíu dende a rúa das Canteiras ata o cruce dos Milagres e regresando con chegada a Praza do Felo.

Ás 21 h fíxose público o fallo do xurado e a entrega de premios do desfile de disfraces e seguiuse a festa ca animación dunha orquestra e a queima do Meco simbolizando o remate do Entroido.

Os premios por categorías foron os seguintes:

Grupos de ata 5 participantes:
1º “Portugueses da China” (125 €)
2º “Paseadoras de Cans” (75 €)
3º “Cociñeiro e animales” (50 €)
Accésit “Carrapuchiñas”

Grupos de 6 ou máis participantes:
1º “Noticiario Ribeira Sacra” (175 €)
2º “Chicas Frenadol” (120 €)

Carrozas
1º “Viduinas Asiaticas” (250 €)
2º “O Forno dos bolos” (175 €)
3º “Mario Bross” (125 €)
Accésit: “Os Labregos”, “O Mundo Maya”, “Cazafantasmas” e “Taberneiros do Pobo”

Percorrido Felos Maceda domingo 2019

Entroido Maceda 2019
Entroido Maceda 2019

Domingo 3 de marzo de 2019 os felos percorreron os pobos da Serra de San Mamede: Pías, Castro de Escuadro, Santirso, Xinzo da Costa, Celeiron saíndo pola tarde a Barxela, Vilardecás, Carguizoi, Sarreaus, e Tioira.

 Un ano mais, dende Goteburgo  Helena Eriksson lle rendeu homenaxe ao felos da nosa serra.

Apesar de repetirnos anos tras anos e artigo trás artigo queremos agradecerlles a todos os pobos da serra o esforzo que fan para agasallar os Felos e toda aquela xentiña que os acampaña, non importa que sexan da bisbarra ou visitantes.

A comida  foi na Dilixencia (Maceda) na que participaron máis de 80 Felos e algunha persoa acompañante ademáis.

Crónica Gráfica de ese día: 

Baixada da Marela 2019

Baixada Marela 2019
Baixada Marela 2019

O sábado 2 de marzo de 2019 tivo  lugar a sexta edición da Solta da Marela. A actividade que corre a cargo da Asociación O Cruceiro de Maceda, deu  comenzo frente o Bar Indio ás 20.15. Baixando polo Toural para seguir a festa no centro da vila. Contaron oca animación musical da Charanga BCB e Charanga Ardores. Os organzadores pertencente a asociación recordoulle os participantes da actividade que a fariña non se pode tirarse aos felos e que así reinase  un ambiente distendido e de respeto.

Esta actividade xa esta consolidada no Entroido de Maceda e así o corroborá a gran afluencia de xente a Solta da Marela.

Percorrido Felos Maceda sábado 2019

O sábado 2 de marzo os felos percorreron Pías, Castro de Escuadro, Santirso, Xinzo da Costa, Celeiron saíndo pola tarde a Barxela, Vilardecás, Carguizoi, Sarreaus, e Tioira. Queremos deixar constancia que os Felos tamén se deixan ver en pobos de outros concellos como Arnuide ou Vide.

Agradecemos  a todos os pobos da serra que ano tras ano reciben os Felos e maila súa corte de fotógrafos e entroideiros. 

O entroido está a gozar de moi boa saúde, Percorreron a serra case 100 Felos o mais salientable é a cantidade de cativos que vemos no percorrido.  

A comida  tivo lugar na Dilixencia (Maceda),no Lar dos Felos e no Castelo de Maceda.  Os participantes tiveron que retirar tíckets para comer na Dilixencia e para subir o autobús.

Aínda estas a tempo de facerte  socios da Asociación. Pregunta na ferretería Aldraba (Toño Parrulo) ou contacta con Pinto ou Fran de Castro.

Organizou o Concello de Maceda e Asociación Felos da Corga da Serra.

 

Crónica gráfica de ese día:

 

Distintas actividades dos Felos en tempo de Entroido 2019

Os Felos estiveron presentes en varias actividades o longo de estes días para que o Entroido teña unha vida longa xa que é imprescindible a educación dos cativos e sobre todo acordarse das vellas xeracións. 

 
Para iso :
 
O sábado 23 de febreiro, como cada ano, visitaron  a residencia Nuestra Sra. de las Nieves, o centro de ancians de Maceda, levando a troula e alegría por un momento os seus devanceiros. Ali estiveron disfrutando todos, escoitando vellas historias  de tempos pasados e feleando cos ancians.
 
O mércores 27 de febreiro foron polo CEIP plurilingúe San Marcos de Abegondo (A Coruña). Alí os rapaces recibiron as visita de felos de Maceda, Troteiros de Bande e o Entroido de Samede .Os felos explicaron como é a elaboración das carautas xunto co seu axudante Marquiños
 
O venres día 1 de marzo tivo lugar o desfile do colexio C.E.I.P. Maceda coa participación de 50 felos.
 
O relevo xeracional está asegurado!!!
 

Queremos agradecer o Colexio Abegondo e os felos das 12 parroquias polas fotos