A ciudad de Astorga rematou o entroido cun encontro de entroidos tradicionais que desfilaron pola cidade sobre as doce do mediodía .
Partiparon as agrupacions ‘Maragatas y Patahenos’ de La Alberca (Salamanca), ‘Fulión A Veiga’ (Ourense), ‘Fulión de Mormentelos’, de Vilariño de Conso, Asociación Cigarrón de Verín, Asociación ‘Felos da Corga da Serra de Maceda e “los Jurrus y Castrones” de Alija del Infantado, únicos representantes da provincia leonesa neste encontro carnavalesco tradicional, xa que a cidade acollerá outro en abril no que se espera que participen as manifestaciones leonesas.
O Entroido xa está entre nós, e en Maceda presumimos de elo. Festa Declarada de Interese Turístico de Galicia contamos co seguinte programa e información das diversas actividades:
Sábado 6 de xaneiro, festa de inicio do Entroido. +información
Domingo 28 de xaneiro a partires das 18h. no “Café Teatro Umpalumpa” de Maceda elaboración de “Bolouros” entre grandes e nenos. +información
Venres 2 de febreiro, Festa dos Compadres, ás 20h. daremos o comezo na Praza das Toldas. +información
Actividades Entroido Maceda 2018
Sábado 3 de febreiro, festa de “Bolouros” en Tioira na Aira dos Patos a partir das 17:30 h., festa amenizada pola Charanga “A Felga”+información SUSPENDIDA
9 de febreiro, venres ás 20h. na Praza das Toldas Festa de Comadres. +información
10 e 11 de febreiro, sábado e domingo de Entroido saíndo ás 9:30 h. Antigo Matadoiro e percorrendo os Felos os pobos da Serra. +información sábado +información domingo
10 de febreiro, sábado, ás 20h. a baixada da Marela dende o Toural polas rúas da vila+información
12 de febreiro, luns de Entroido teremos festa infantil a partires das 17 h na praza das Toldas de Maceda. E ás 19H cine infantil ca proxección da película “Tadeo Jones 2” no salón de actos do Concello +información
13 de febreiro, martes de Entroido: Desfile…Aplazado para o Domingo 18
14 de febreiro, mércores de cinsa e como despedida, o Enterro do Entroido ás 20 h. na praza das Toldas. +información
18 de febreiro, domingo, desfile do martes de Entroido aprazado para este día: Felos, Carrozas e Comparsas, dende ás 17:30 h desfile de disfraces con saída dende a rúa das Canteiras. Ás 21 h entrega de premios do desfile de disfraces, individuais e grupos ata cinco participantes (1º 125 €, 2º 75 €, 3º 50 €) Grupos de máis de 6 participantes (1º 175 €, 2º 120 €, 3º 90 €) e Carrozas (1º 250 €, 2º 175 €, 3º 125 €). +información
O 13 de febreiro, martes debido as inclemencias do tempo quedou aplazado o desfile de entroido para o próximo domingo día 18.
O desfile de Entroido: Felos, Carrozas e Comparsas, dende ás 17:30 h desfile de disfraces con saída dende a rúa das Canteiras.
Ás 21 h entrega de premios do desfile de disfraces, individuais e grupos ata cinco participantes (1º 125 €, 2º 75 €, 3º 50 €) Grupos de máis de 6 participantes (1º 175 €, 2º 120 €, 3º 90 €) e Carrozas (1º 250 €, 2º 175 €, 3º 125 €).
Luns de entroido dia 12 de febreiro xuntaronse na plaza unos poucos rapaces, ali estiveron xogando un rato. O Concello contratou a dous animadores. Proxectouse unha película para os cativos.
Domingo 11 de febreiro de 2018 os felos percorreron Pías, Castro de Escuadro, Santirso, Xinzo da Costa, Celeiron saíndo pola tarde a Barxela, Vilardecás, Carguizoi, Sarreaus, e Tioira.
Apesar de repetirnos anos tras anos e artigo trás artigo queremos agradecerlles a todos os pobos da serra o esforzo que fan para agasallar os Felos e toda aquela xentiña que os acampaña, non importa que sexan da bisbarra ou visitantes.
A comida foi na Dilixencia (Maceda), os participantes tiveron que retirar ticket tanto para comer como para subir o autobús. O custe do mesmo foron de 10€ . A Asociación pagou a mitade do importe o seus socios.
O pasado sábado, 10 de febreiro, tivo lugar a quinta edición da Solta da Marela. A actividade correu a cargo da Asociación O Cruceiro de Maceda, que comezou no Bar Indio ás 20.15.
A xente da asociación encargouse de falar cos participantes da actividade para lembrar que a fariña non podía tirarse aos felos e que así reinase un ambiente distendido e de respeto.
Houbo unha boa afluencia de xente e consolida a Solta da Marela no entroido de Maceda.
Sábado 10 de febreiro os felos percorreron Pías, Castro de Escuadro, Santirso, Xinzo da Costa, Celeiron saíndo pola tarde a Barxela, Vilardecás, Carguizoi, Sarreaus, e Tioira.
Dende Goteburgo Helena Eriksson lle rendeu homenaxe ao felo do Val de Maceda na neve.
Agradecerlles a todos os pobos da serra que ano trás ano recibe os Felos e maila sua corte de fotógrafos e entroideiros que os acompaña.
A comida foi na Dilixencia (Maceda), os participantes tiveron que retirar ticket tanto para comer como para subir o autobús. O custe do mesmo foron de 10€ . A Asociación pagou a mitade do importe o seus socios.
Organizou Concello de Maceda e Asociación Felos da Corga da Serra.
O 9 de febreiro de 2018, as 20 h, na Praza do Felo de Maceda deu comenzo o venres de Comadres en Maceda, Animación musical non estivo a cargo de charangas como outros anos . Cearon no Restaurante a Diligencia as 21:30 h. Participaron sobre 150 mulleres.
Prezo 10 € por persoa.
Sairon a rua seres extraños que acompañaron as mulleres e colaronse no restaurante pero despois de un rato de torealos as feminas lograron botalos!!!
Presentouse no castelo de Maceda o Programa de entroidos da provincia de Ourense, o máis importante no ámbito etnográfico, que desenvolverá este ano, entre os días 8 e 14 de febreiro, máis de 260 actividades en 41 localidades de 33 concellos.
O Programa Provincial do Entroido 2018 recolle nunha guía explicativa da que se editaron 20.000 exemplares –e que pode consultarse tamén a través desta web- unha ampla compilación dos actos de entroido que se celebrarán na provincia desde o xoves de Comadres ata o mércores de cinza e enterro da sardiña, o que constitúe a festa máis participativa e con maior repercusión económica das que se celebran na provincia de Ourense.
Xunto co programa, que está distribuído en establecementos hostaleiros e oficinas de turismo da provincia de Ourense, no acto tamén se presentou o spot promocional relativo a esta celebración, cuxa finalidade é resaltar aínda máis o carácter singular e xenuino desta festa da nosa provincia.
Por segundo ano consecutivo celebrouse en Carguizoy unha foliada onde os veciños puderon bailar o son de gaitas , panderetas, bombos e acordeón. As chocas no pararon de soar e os felos retranquieros meteronse cos veciños que por alí pasaron. Os veciños de Carguizoy agasallaron os Felos, músicos e visitantes con bebida e comida a esgalla.