Category Archives: Fotos e Videos

Mascarada Ibérica 2020 Vilariño

VI Mascarada Iberica
VI Mascarada Iberica

O domingo, 12 de xaneiro de 2020, na localidade de Vilariño de Conso, a partir das 12 da maña, tivo lugar a VI edición da Máscarada Ibérica na que se reuniron 33 grupos procedentes de España, Portugal, e como novidade a presenza dun grupo de Italia.

Así tivemos ocasión de ver aos grupos enumerados a continuación ataviados con traxes tradicionais e máscaras de inverno chegados desde Galicia, Cantabria, Castela e León, Castela-A Mancha, País Vasco, Portugal ( Bragança e Viseu) e Italia (Sardeña):

mascarada 2020
mascarada 2020

Esta cita comezou no ano 2015 con dez grupos participantes, cinco anos máis tarde o encontro muda de nombre e a “Máscarada Ibérica” pasa a llamarse “VivoMark” incluindo máis actividades durante toda a fin de semana.

A pesar das temperaturas baixas desta época poidemos disfrutar dun desfile no que, ademáis do Sol, brilaron nesta antesala ao ciclo do Entroido a vistosidade e colorismo das máscaras participantes.
Unha breve mostra fotográfica de todo esto: 

Mascarada Ibérica 2020 Viana

VI Mascarada Iberica
VI Mascarada Iberica

As localidades de Viana do Bolo e Vilariño de Conso reunirán esta fin de semana a 45 grupos procedentes de España e Portugal, no marco da VI Mascarada Ibérica -este ano rebautizada como Festival Internacional Vibo Mask-na antesala do Entroido da provincia de Ourense que terá como principal novidade a presenza dun grupo de Italia.

A cita, que arrincou fai cinco anos con dez grupos participantes, celebra a edición cun novo enfoque onde destaca o “intercambio cultural dos ‘ mamuthones’ e ‘ issohadores’ da Illa de Sardeña”, que mostrarán as súas tradicións, afirmou o filólogo vianés Pedro Basalo, da asociación Folións Rurais, durante a presentación do evento. Un nexo que comezou cando “os ‘ foliones’ e os ‘ boteiros’” visitaron Italia o pasado mes de xuño: “
mascarada 2020
mascarada 2020

Alí entendemos que a Mascarada precisaba de algo máis, dun xiro, de crecer nalgún sentido, e por iso este ano chámase Vivo Mask”, apuntou Basalo, quen destacou este programa ampliado, que pasa de celebrar dous desfiles “a incluír desde hoxe e ata o domingo unha serie de iniciativas culturais” como talleres, unha conferencia, ‘ foliadas’ e un mercado de produtos O sábado a partir das 16.30 horas, será a quenda de Viana do Bolo e o domingo desde as 11.30 horas, de Vilariño de Conso, onde se poderá ver aos grupos ataviados con traxes tradicionais e máscaras

de inverno chegados desde Galicia, Cantabria, Castela e León, Castela-A Mancha, País Vasco, Portugal ( Bragança e Viseu) e Italia (Sardeña). Jorge Domínguez, membro da asociación vianesa Robleda, subliñou a importancia de “un gran evento no medio rural” que ten “un transfondo detrás de coñecer a nosa tradición”.

 
Deste xeito, a Vibo Mask volverá ser un ano máis a antesala ao ciclo de entroido da provincia de Ourense cunha nova edición, que por primeira vez amplía horizontes coa presenza de “Italia”. Ata o de agora, participaban grupos de España e Portugal.
 
Previamente, os Felos de Maceda protagonizaron unha primeira saída pola localidade.
A alcaldesa de Vilariño de Conso, Melisa Macía, destacou que “cada vez hai máis afluencia de máscaras”, que converte á Mascarada Ibérica como un evento consolidado, “que leva a cultura ao resto de España e a outros países” e que forma parte do patrimonio cultural e inmaterial.

Comezo Entroido Maceda 2020

Inicio do Entroido 2020
Inicio do Entroido 2020

CELEBRACIÓN DO INICIO DO ENTROIDO EN MACEDA (FESTA DECLARADA DE INTERESE TURÍSTICO DE GALICIA).

A partir deste luns 23 de decembro estarán a venta os tickets para cea do vindeiro sábado 4 de xaneiro de 2020 no Castelo de Maceda a un prezo de 8 € no Concello.

Aforo limitado a un máximo de 120 persoas.

Cea a partir das 21:30 horas no Castelo de Maceda.

Achégate o Concello (en horario de 8:30 a 15:00 horas de luns a venres) e retira a túa entrada.

Aviso: os días 24, 25 de decembro e os días 31 decembro e día 1 de Xaneiro o Concello estará cerrado.

Fotos da Voz de Galicia: (SANTI M. AMIL)

Anacos de Vida

Anacos de Vida Maceda
Anacos de Vida Maceda

O Vindeiro Venres 6 de Decembro de 2019 ás 19:30 no Salón de actos do Concello, teredes a oportunidade de ver en primicia o episodio do programa de ANACOS DE VIDA grabado en Maceda e que emitirá a TVG o vindeiro sábado día 7 de Decembro de 2019.

Achégate ó Concello a velo.

SINOPSE DO EPISODIO

Comeza unha nova viaxe na nosa máquina do tempo que nos trae até o concello ourensán de Maceda, onde imos descubrir as pequenas e as grandes historias que agochan as fotos antigas dos veciños e veciñas das 11 parroquias deste val protexido pola Serra de San Mamede.

Maceda é coñecida polo seu castelo asaltado na revolta irmandiña e polos felos característicos do seu Entroido. Pero, como iremos vendo, é ademais unha terra moi vinculada ao ciclismo, á medicina e ao comercio. Tomen asento porque arranca un novo capítulo de Anacos de Vida.

No programa imos descubrir, a través das fotos antigas, por que Maceda é unha das vilas con máis éxitos ciclistas e mellor canteira de Galicia.

Seremos testemuña dun evento moi agardado en Maceda: a primeira visita dun museo único en Galicia, que vai quedará inmortalizada na foto por facer.

E non pararemos ata que o noso equipo de investigadores descubra que historia se agocha detrás da misteriosa fotografía que atopamos nesta vila.

— con Arraianos Producións y Anacos de Vida.

Ver Programa

 

Os Felos en Astorga 2019

2019 Piñata Astorga
2019 Piñata Astorga

O domingo 10 de marzo de 2019 a cidade de Astorga celebrou, despois do seu habitual desfile de Piñata o día anterior, o “Antruejo” como acto final este ano e que, entre outras figuras do Entroido Tradicional, contou por segundo ano consecutivo ca presencia dos Felos de Maceda (Ourense).

No desfile, que arrancou as 12:30 h. da maña, estiveron acompañando os Maragatos e os moitos visitantes asistentes as seguintes asociacións:

1. Jurrus y Castrones, Alija del Infantado (León)
2. Maragatas y Patahenos de La Alberca (Salamanca)
3. Fulión A Veiga. Asociación cultural O Son de Trevinca, (Ourense)
4. Asociación Cigarrón de Verín, Verín (Ourense)
5. Asociación Felos da Corga da Serra, de Maceda (Ourense)
6. Fulión de Mormentelos, Vilariñó de Conso – Mormentelos (Ourense)

Saíndo dende o Polideportivo Felipe Miñambres percorreron as rúas ata chegar á Praza Maior onde cada grupo de forma individual fixo unha presentación da súa figura e das particularidades do seu “Entroido” facendo de este acto un encontro cultural de coñecemento e promoción da historia de todos os grupos alí convocados.

A programación do entroido de Astorga de este ano deu remate as 21:30 h. na praza Maior ca queima da Piñata.

Desfile Urbano 2019 (aplazado)

O desfile urbano previsto para o 5 de marzo de 2019, martes de Entroido, debido as condicións meteorolóxicas suspendeuse e cambiouse para o sábado día 9 de marzo ás 18:00 h.

O desfile de Felos, Carrozas e Comparsas, desfile de disfraces saíu dende a rúa das Canteiras ata o cruce dos Milagres e regresando con chegada a Praza do Felo.

Ás 21 h fíxose público o fallo do xurado e a entrega de premios do desfile de disfraces e seguiuse a festa ca animación dunha orquestra e a queima do Meco simbolizando o remate do Entroido.

Os premios por categorías foron os seguintes:

Grupos de ata 5 participantes:
1º “Portugueses da China” (125 €)
2º “Paseadoras de Cans” (75 €)
3º “Cociñeiro e animales” (50 €)
Accésit “Carrapuchiñas”

Grupos de 6 ou máis participantes:
1º “Noticiario Ribeira Sacra” (175 €)
2º “Chicas Frenadol” (120 €)

Carrozas
1º “Viduinas Asiaticas” (250 €)
2º “O Forno dos bolos” (175 €)
3º “Mario Bross” (125 €)
Accésit: “Os Labregos”, “O Mundo Maya”, “Cazafantasmas” e “Taberneiros do Pobo”

Percorrido Felos Maceda domingo 2019

Entroido Maceda 2019
Entroido Maceda 2019

Domingo 3 de marzo de 2019 os felos percorreron os pobos da Serra de San Mamede: Pías, Castro de Escuadro, Santirso, Xinzo da Costa, Celeiron saíndo pola tarde a Barxela, Vilardecás, Carguizoi, Sarreaus, e Tioira.

 Un ano mais, dende Goteburgo  Helena Eriksson lle rendeu homenaxe ao felos da nosa serra.

Apesar de repetirnos anos tras anos e artigo trás artigo queremos agradecerlles a todos os pobos da serra o esforzo que fan para agasallar os Felos e toda aquela xentiña que os acampaña, non importa que sexan da bisbarra ou visitantes.

A comida  foi na Dilixencia (Maceda) na que participaron máis de 80 Felos e algunha persoa acompañante ademáis.

Crónica Gráfica de ese día: 

Baixada da Marela 2019

Baixada Marela 2019
Baixada Marela 2019

O sábado 2 de marzo de 2019 tivo  lugar a sexta edición da Solta da Marela. A actividade que corre a cargo da Asociación O Cruceiro de Maceda, deu  comenzo frente o Bar Indio ás 20.15. Baixando polo Toural para seguir a festa no centro da vila. Contaron oca animación musical da Charanga BCB e Charanga Ardores. Os organzadores pertencente a asociación recordoulle os participantes da actividade que a fariña non se pode tirarse aos felos e que así reinase  un ambiente distendido e de respeto.

Esta actividade xa esta consolidada no Entroido de Maceda e así o corroborá a gran afluencia de xente a Solta da Marela.