Category Archives: Fotos e Videos

Reapertura do MuGaEO

O pasado mércores 16 de novembro de 2022 volveu abrir as súas portas o Museo Galego do Entroido. Despois dun período de incerteza, acompañado dunha pandemia mundial, o MuGaE vai a ter estabilidade nos horarios de apertura e no desenvolvemento das súas actividades.
A nova equipa está conformada por dúas rapazas que proveñen do mundo da educación e do ocio e tempo libre, As Curuxas SC con sede en Allariz. Contan con vinculación a comarca da Limia e con outros Entroidos da provincia por vinculación familiar. A súa querenza ao Entroido galego foi o que as animou a asumir este proxecto.
O principal obxectivo da nova equipa é dotar ao museo de vida e chegar ao conxunto da sociedade galega. Para isto, queren crear unha axenda de actividades culturais e mover moito as redes sociais do museo. Hoxe en día ter un papel activo no mundo virtual é igual de preciso que as actividades que se poidan levar a cabo nas propias instalacións.
Unha das actividades propostas para as redes sociais é dar a coñecer as diferentes personaxes do Entroido galego e ibérico. A primeira personaxe presentada foi o felo de Maceda, a cal tivo unha boa acollida entre os usuarios das redes sociais.

Horario:

-Luns e martes pechado
-Mércores a domingo, festivos incluídos: 10:00 a 13:30 e 16:00 a 18:30.
Estes serán os horarios de inverno, no verán ampliaranse

Mascarada Ibérica 2022 Vilariño de Conso

 

O domingo, 20 de marzo de 2022, na localidade de Vilariño de Conso, a partir das 11:30 da maña, tivo lugar a VII edición da Máscarada Ibérica na que se reuniron 33 grupos procedentes de España, Portugal, e Italia, despois do parón do ano 2020 polo covid, e suspendelo polo mesmo motivo no 2021.

Así tivemos ocasión de ver aos grupos enumerados a continuación ataviados con traxes tradicionais e máscaras de inverno chegados desde Galicia, Cantabria, Castela e León, Castela-A Mancha, País Vasco, Portugal ( Bragança e Viseu) e Italia (Sardeña):

Esta cita comezou no ano 2015 con dez grupos participantes, cinco anos máis tarde. no 2020, o encontro muda de nombre e a “Máscarada Ibérica” pasa a llamarse “ViboMask” incluindo máis actividades durante toda a fin de semana.

A pesar das temperaturas baixas desta época poidemos disfrutar dun desfile no que a vistosidade e colorismo das máscaras participantes.
Unha breve mostra fotográfica de todo esto: 

Baixada da Marela 2022

O 26 de febreiro de 2022, despois do parón pandemico do ano 2021, e ainda que sin convocatoria previa realizouse a octava edición da Baixada da Marela, A actividade que correu a cargo da Asociación Felos das 12 Parroquias, deu  comenzo frente o Bar Indio ás 20.30h.

Dende o Toural baixaron os carros presididos pola Marela polas rúas ata o centro da vila ca animación da Charanga BCB e Charanga Zes Pereiras de Amarante,

Ás 20:30h charanga BCB polas rúas e bares de Maceda para terminar as 00:00 h coa Marelada coa Charanga “Pereira de Amarante”

Esta actividade xa esta consolidada no Entroido de Maceda e así o corroborá a gran afluencia de xente a Solta da Marela, moitos moitos participantes e a festaza polas rúas de Maceda despois.

Gracias os hosteleiros que colaboraron: Bar Sala, O Pincho, Porta Sacra, Pagas tú, Km 0, Café bar Plaza, Casa Rosa, A Fenda, Cervexería, Restaurante a Diligencia, Cafetería Castillo, Pub Simbol e Umpalumpa, grazas pola vosa colaboración.

Corredoiro

Esta fin de semana corredoiro deberíanse haber feito varias actividades que por culpa do covid19 a  xente non se animou, como o venres de compadres ou os bolouros . Esperamos que o próximo ano volvamos co empuxe de sempre.

Os Felos saíron o sábado principalmente en dous grupos,. As doce parroquias estiveron a maña na feira e logo pola tarde foron os pobos da Serra.

Os Felos da Corga da Serra empezaron polos pobos e logo remataron a noite en Maceda. Este anos visitáronos o antropólogo Rafa Quintia da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) e o gaiteiro Carlos Núñez

Un grupo chegou a Cristosende facendo a ledicia de grandes e pequenos

Este ano quizais sexa un pouco mais caótico, pero voltamos as raíces, así foi sempre ata que houbo tantos felos e tanta xente que houbo a necesidade de organizar un pouco todo. si queres vir vente, sen horarios nin itinerario pero sempre podes preguntar por Maceda por exemplo na Dilixencia, na Felga ou na Chuche Mecánica si te pasas por Tioira polo Lar tamén saberán dicirche algo. O boca a boca funciona perfectamente.

Apesare de que non hai unha cantidade exaxerada de coches nin de xente non deixes o teu en calquera lado, procura aparcar a entrada ou saída do pobo nalgún sitio que non estorbe.

Tolemias do Entroido 2022

Este ano arranca o Entroido entre tristura e alegría. Sentimentos encontrados que non sabemos moi ben como controlar. O Entroido é exceso, risas, troula hasta irreverencia, pero estamos a pique de vivir un Entroido distinto. Despois desta pandemia, de botar tanto tempo na casa primeiro sen poder saír , sen poder relacionarnos. sen poder estar o redor dunha mesa a comer e beber, de sobremesas interminables acompañadas de algún chupito e algún doce, sen poder troulear no Entroido, nas festas….. por fin CHEGOU!!!

Comeza o Entroido.

Este ano será un Entroido intimo, noso,  da casa.

Todos traemos a cabeza a mil,¿ vestirse ou non vestirse?

Todas estas preguntas que non nos deixan acougar por fin se resolveron este sábado.

Saímos e a nosa xentiña recibiunos coma nunca, moitos nos dixeron que debemos ser prudentes pero que hai que vivir. A vida nos pobos ten outro ritmo, lento e tranquilo, pero cando chega o Entroido cambia. Todo son luces e cores, barullo e risas. Este Entroido non importa o tempo que faga, con este Entroido chega a luz a moitas casas onde durante case dous anos había medo, soidade e moita tristura.

O Felo é traste pero está claro que tamén ten un sentimento profundo de arraigo coa xentiña da Corga da Serra.

Así que este ano LUME pero tamén sentidiño e bo paso .

Desfile Urbano 2020

Cartel Entroido 2020 Maceda
Cartel Entroido 2020 Maceda

25 de febreiro, o martes de Entroido  foi o Desfile de  Felos, Carrozas e Comparsas, dende ás 17:30 h

Desfile de disfraces que percorreu Maceda saíndo dende a rúa das Canteiras ata o cruce dos Milagres e regresando con chegada de novo a Praza do Felo.

Unha vez finalizado o desfile comezou a festa amenizada pola orquestra ” ”

Ás 20 h fixose entrega de premios do desfile de disfraces, resultando gañadores os seguintes participantes nas distintas categorias:

Individuais e grupos ata cinco participantes:

1º premio: “Mataratas”: 125 €

2º premio: “Os Picapedra”: 75 €

3º premio: “A danza da Trompa”: 50 €

Grupos de máis de 6 participantes:

 1º premio: “Os Anxos do Inferno”: 175 €

2º premio: “Os Dralion”:  120 €

3º premio : “As Chicas da Vespa”: 90 €

Carrozas:

1º premio: As Orkongadas:  250 €

2º premio: “Narcosubmarino”: 175 €

3º premio: “High SChool Dance”: 125 €

(accésit de 40€ para tódalas demais carrozas participantes):

“Maceda se va al Rocio”, “Zoológico Arnuide” e “Arnuide Bus Turistico”

Galería Fotográfica:

Percorrido Felos Maceda domingo 2020

O domingo 23 de febreiro de 2020 os Felos percorreron os pobos da Serra de San Mamede: Pías, Castro de Escuadro, Santirso, Xinzo da Costa, Celeiron saíndo pola tarde a Barxela, Vilardecás, Carguizoi, Sarreaus, e Tioira.

Agradecemos a todos os pobos da serra que ano tras ano reciben os Felos e maila súa corte de fotógrafos e entroideiros. 

Organizado polo Concello de Maceda e Asociación Felos da Corga da Serra.

Baixada da Marela 2020

Entroido 2020
Entroido 2020

Séptima edición da Baixada da Marela o 22 de febreiro de 2020, A actividade que correu a cargo da Asociación O Cruceiro de Maceda, deu  comenzo frente o Bar Indio ás 20.30h.

Dende o Toural baixaron os carros presididos pola Marela polas rúas ata o centro da vila ca animación da Charanga BCB e Charanga Zes Pereiras de Amarante,

Ás 20:30h charanga BCB polas rúas e bares de Maceda para terminar as 00:00 h coa Marelada coa Charanga “Pereira de Amarante”

Esta actividade xa esta consolidada no Entroido de Maceda e así o corroborá a gran afluencia de xente a Solta da Marela, moitos moitos participantes

Fotos: