Category Archives: Actividades

Venres de Comadres 2025

O venres 28 de febreiro de 2025 tivemos en Maceda a xa tradicional noite de “Venres de Comadres” ca seguinte programación:

20:00 horas. Subida de los Carros ata o Toural acompañados da Charanga A Felga.

21:00 horas. Cena de Comadres no restaurante A Dilixencia.

00:00 horas. Pasabares con la Charanga A Felga.

Custe da Cea 15 €

Fotos de ese día:

Exposición ‘Entroidos Tradicionais de Ourense

No mes de febreiro de 2025 O Felo de Maceda esta presente na Casa de Galicia de Madrid formando parte da exposición sobre os tradicionais entroidos da provincia de Ourense. A sala Álvaro Cunqueiro acolle durante todo o mes unha exposición de fotografías, traxes e elementos tradicionais dos entroidos ourensás. Unha mostra feita a toda cor do que se pode vivir nas rúas das cidades no mes de febreiro e parte de marzo.

Está organizado pola Casa de Galicia en Madrid en colaboración coa Deputación de Ourense a través do Inorde (Instituto Orensano de Desenvolvemento Económico).

Estará aberta na sala Álvaro Cunqueiro ata o 28 de febreiro de 2025. O horario de visita é de luns a sábado de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas e os domingos e festivos de 10:00 a 14:00 horas.

 Para máis información: 91 595 42 00 e neste enlace

Programa de Entroido de Maceda 2025

O Entroido comeza co soar das chocas a noite de ano novo, percorrendo as rúas e avisando que o entroido xa chegou.

O Entroido de Maceda xa ten o recoñecemento de Festa de Interese Turístico de Galicia, e este ano 2025 abrimos o Entroido ca presentación oficial do cartel do Entroido e remataremos co enterro do Meco.

Este ano contaremos ca seguinte programación :

Sábado 25 de xaneiro

Acto de presentación Cartaz de Entroido 2025
Ás 12:30 h no Espazo A Fenda
(Máis Información)

Sábado 8 de febreiro:

20 h. Reparto de Mecos (Asociación de Comerciantes)
Solta do Burro (Barullón de Carguizoi).
(Máis Información)

Sábado 15 de febreiro

Ás 16:30 h Reinado entre Tioira e Carguizoi
(Máis Información)

Domingo 16 de febreiro

Ás 16:30 h Obradoiro de Compadres e Comadres na praza das Toldas
(Máis Información)

Venres 21 de febreiro – Venres de Compadres

Ás 20 h I Ruta Tapa do Cocido de Entroido e Foliada
(Máis Información)

Sábado 22 de febreiro

Dende ás 17 h Fiadeiro de Carguizoi
(Máis Información)

Venres 28 de febreiro – Venres de Comadres

Venres de comadres que rematará cunha cea as 21:00h e pasabares o rematar
(Máis información)

Sábado 1 de marzo

Percorrido dos Felos pola Serra de Maceda
(Máis información)

Baixada da Marela por Maceda acompañada de charangas e música.
(Máis información)

Domingo 2 de marzo

Percorrido dos Felos pola Serra de Maceda
(Máis información)

Ás 12 h Fiadeiro de Calvelo
(Máis información)

Luns 3 de marzo

Ás 18 h baixada da Mareliña
(Máis información)

Martes 4 de marzo

Desfile urbano polas rúas de Maceda ás 17:30h
(Máis Información)

Venres 7 de marzo

Enterro dos Mecos ás 20 h (Suspendido polas condicións Climáticas)
(Máis información)

Reinado entre Tioira e Carguizoi 2025

Recuperaremos O Reinado o 15 de febreiro de 2025 co seguinte programa:

16:30 horas. Saida da Comitiva Reinado dende Carguizoi, acompañados de felos e músicos

17:00 horas. Chegada a Tioira (En Aira dos Patos)

VÍSTESTE PARA O REINADO?

Se vés ao Reinado, por que non integrarte aínda máis na tradición? Non é obrigatorio, pero sería fermoso ver a praza chea de xente vestida como manda a ocasión!

Dúas ideas para vestir acorde co Reinado:
1. Como un meco ou farrumeco – Revive o espírito do Entroido con roupa vella ou remendada que teñas pola casa. Unha mestura de trapallada e retranca!

2. Como un personaxe da Galicia rural de comezos do século XX – Labradores, leiteiras, afiadores, taberneiras, cregos… Escolle un oficio ou figura tradicional e dálle vida! Pode ter un compoñente paródico, non te limites.

O importante é pasalo ben, pero se vés vestido/a, serás parte viva do espectáculo! Anímaste? Deixa un comentario co teu disfraz ou etiqueta a quen non pode faltar!

Venres de Compadres 2025

21/02/2025

20:00 a 23:00 horas. I Ruta Tapa do Cocido de Entroido y foliada por los bares con las Xunquereteiras y Rebulir.

Temos as seguintes ofertas:

Porta Sacra – Orella cocida
A Cervexería – Cocido do Entroido
A Dilixencia – Morro de Porco
A Fenda -Croqueta krocinada con cocido
Casa Rosa – Chouriciños ó Alvariño
Tapería o Castillo – Rollito de Entroido
Bar Teixeira – Potaxe de bacalao con gambas
Bar A Sala – Brochetas choutizo cocido e gambas
Mioco – Taco de entroido
Bar Lúa – Lacón con grelos

23:30 horas. Desmadre con Os Festicultores.

Percorrido dos Felos-Sábado 2025

O sábado 1 de marzo os felos percorren as aldeas da Serra co seu tocar de chocas, e o sábado de Entroido máis ou menos organizado polo Concello.

Así, saíran ás 9:30h da Praza das Toldas de Maceda, pola maña recorreran Castro de Escuadro, Pías, Santirso, Xinzo da Costa e Celeiron.
12:00 horas. Pasabares con la Charanga A Felga.
Ás 14:00h comida no Restaurante la Diligencia de Maceda
Ás 16:00h visitarán Barxela, Vilar, Carguizoi, Tioira e Maceda.
17:00 horas. Pasabares con la Charanga Os Caliqueños.

Estimase a chegada a Maceda ás 20:00h

Galería de imaxes:

Baixada da Marela 2025

Ilustración sin título

Un ano máis e a expectativa crece coa Baixada da Marela. Milleiros de persoas percorreron as rúas ao longo do día e sobre todo ocuparan beirarrúas e parques dende o Alto do Toural no preludio dunha longa noite en Entroido, na localidade de Maceda.

Sábado de Entroido, 1 de marzo de 2025, ás 21.00 horas, baixando dende o Alto do Toural unha procesión moi numerosa, con máscaras de madeira, peles, cornos e ‘chocas’ acompañando a viaxe da vaca “Marela”, figura recuperada hai máis dunha década. pola Asociación Felos das 12 parroquias e que se converteu nunha das celebracións máis esperadas polos macedáns e os numerosos visitantes que xa teñen este día como data inamovible.

O evento foi amenizado polas Charangas BCBZés, Pereiras de Amarante e a Charanga A Felga de Maceda.

Verbena a cargo da 

Organizado polo Concello de Maceda ca colaboración da Asociación Os Felos das 12 Parroquias

01/03/2025

20:00 horas. Baixada da Marela.

00:00 horas. Charanga Mekánika Rolling Band.

Imaxes da Baixada da Marela: