Enterro Mecos 2024

Para finalizar este Entroido 2024 tivemos o sábado 17 de febreiro, ás 20:00h o Enterro dos Mecos na Praza das Toldas de Maceda.

Contamos cunha “Procesión Fúnebre” acompañada musicalmente pola Charanga A Felga de Maceda que saimos da praza, subimos pola Aira das Mantas, baixar pola rúa do medio ata o Bar 2000 para continuar a recta final ata a praza co recibimento dos asistentes.

Ó remate pinchada para tódolos asistentes a cargo da Asociación Taberneiros do Pobo de Maceda.

Organizado polo Concello de Maceda ca colaboración de Asociación Taberneiros do Pobo.

Galería Fotográfica:

Programa de Entroido de Maceda 2024

Cartel Entroido 2024 Maceda

O Entroido comeza co soar das chocas a noite de ano novo, percorrendo as rúas e avisando que o entroido xa chegou.

O Entroido de Maceda xa ten o reconocemento de Festa de Interese Turístico de Galicia, e este ano 2024 abrimos o entroido ca publicación no DOG, o xoves 25 de xaneiro de 2024 da incoación do expediente para declarar Ben de Interese Cultural o Entroido galego, queda desde hoxe protexido en base ao seu interese etnolóxico, á súa función social e á súa riqueza cultural e patrimonial nas súas diferentes expresións.

Este ano contaremos ca seguinte programación :

Sábado 20 de xaneiro:

Obradoiro de Mecos de Entroido
(Máis Información)

Sábado 27 de xaneiro

Enfelarte2024 (I Xornada de difusión do Entroido de Maceda)

(Máis Información)

Venres 02 de febreiro

Venres de Desmadre

(Máis Información)

Sábado 03 de febreiro

Fiadeiro de Carguizoi

(Máis Información)

Venres 09 de febreiro

Venres de comadres que rematará cunha cea as 21:30h

(Máis información)

Sábado 10 de febreiro

Percorrido dos Felos pola Serra de Maceda

(Máis información)

Baixada da Marela por Maceda acompañada de charangas e música.

(Máis información)

Domingo 11 de febreiro

Percorrido dos Felos pola Serra de Maceda

(Máis información)

Luns 12 de febreiro

Actividades infantís

(Máis información)

Martes 13 de febreiro

Desfile urbano polas rúas de Maceda

(Máis Información)

Sábado 17 de febreiro

Enterro dos Mecos

(Máis información)

Cartel deseñado por Antela Loreto Costa Muñoz.

Desfile Urbano 2024

Cartel Entroido Maceda 2024

O día 13 de febreiro de 2023, o martes de Entroido  foi o Desfile de Felos, Carrozas e Comparsas en Maceda, dende ás 17:30 h.

Desfile de disfraces que percorreu Maceda saíndo dende a rúa das Canteiras ata o cruce dos Milagres e regresando con chegada de novo a Praza do Felo.

Unha vez finalizado o desfile comezou a festa na Praza das Toldas

Participantes premiados:

Individuais e grupos de ata 5 participantes:

1º premio: 125 € – Manolo Escobar y sus chicas

2º premio: 75 € – Alicia en el país de las Maravillas

3º premio: 50 € – Cine

Grupos de máis de 6 participantes:

1º premio: 175 € – Lorairo Park

2º premio:  120 € – Reino de Hielo

3º premio: 90 € – Cámaras Chismosas

Carrozas:

1º premio:  250 € – Baixo o mar

2º premio: 175 € – Parrandeiros Mix

3º premio: 125 € – Maceda Dakar

(accésit de 40€ para tódalas demais carrozas participantes).

Fotos do desfile:

Actividades infantis entroido 2024

O lúns, día 12 de febreiro de 2024 o Entroido en Maceda estivo adicado en especial os máis pequenos tendo actividades enfocadas a eles ca seguinte programación:

Bolouros

A partir das 11:00 h na Praza Miguel de Cervantes de Maceda (máis información)

Ó remate pizza para os rapaces e postre.

Organiza A Fenda e Chuche Mecánica. Colabora Concello de Maceda, ANPA CEIP de Maceda e Club Ciclista Maceda

Fotos Bolouros

Festa Infantil

Pola tarde de 16:00 a 19:00h. no Pavillón Municipal de Maceda festa para os máis cativos. Tivemos un desfile de modelos con premios os mellores.

Fotos festa pavillón

Baixada da Mareliña

Ás 19h. tivemos unha nova edición da “Baixada da Mareliña”, versión infantil da baixada da Marela do sábado a noite. Batalla campál entre pais e nais por unha banda e pola outra os cativos.

Sairon do Pabellón municipal, acompañados pola Charanga A Felga recorrendo as ruas para finalizar na praza do Felo onde se librou a última “batalla”, a festa continuou e as 23h Verbena a cargo da Charanga Europa.

Fotos Mareliña

Percorrido Felos domingo 2024

Os felos percorren as aldeas da Serra co seu tocar de chocas, e o domingo de Entroido máis ou menos organizado polo Concello.

Sairán sobre as 9:30h da Praza das Toldas de Maceda.

Pola Maña visitarán Castro de Escuadro, Pías, Santirso, Xinzo da Costa e Celeirón.

Ás 14:00h comida no Restaurante La Diligencia de Maceda.

Pola tarde Barxela, Vilar, Carguizoi, Tioira e Maceda

Chegada de volta a Maceda sobre ás 20 h

Baixada da Marela

Un ano máis e a expectativa crece coa Baixada da Marela. Milleiros de persoas percorreron as rúas ao longo do día e sobre todo ocuparan beirarrúas e parques dende o Alto do Toural no preludio dunha longa noite en Entroido, na localidade de Maceda.

Sábado de Entroido, 10 de febreiro de 2024, ás 21.00 horas, baixando dende o Alto do Toural unha procesión moi numerosa, con máscaras de madeira, peles, cornos e ‘chocas’ acompañando a viaxe da vaca “Marela”, figura recuperada hai máis dunha década. pola Asociación Felos das 12 parroquias e que se converteu nunha das celebracións máis esperadas polos macedáns e os numerosos visitantes que xa teñen este día como data inamovible.

O evento foi amenizado polas Charangas BCB, Zés, Pereiras de Amarante e a Charanga A Felga de Maceda.

Verbena a cargo da Charanga Fuego

In memorian Luis Sandin Novoa

Organizado polo Concello de Maceda ca colaboración da Asociación Os Felos das 12 Parroquias

Galería de imaxes:

Percorrido Felos sábado 2024

Os felos percorren as aldeas da Serra co seu tocar de chocas, e o sábado de Entroido máis ou menos organizado polo Concello.

Así, saíran ás 9:30h da Praza das Toldas de Maceda, pola maña recorreran Castro de Escuadro, Pías, Santirso, Xinzo da Costa e Celeiron.

Ás 14:00h comida no Restaurante la Diligencia de Maceda

Ás 16:00h visitarán Barxela, Vilar, Carguizoi, Tioira e Maceda.

Estimase a chegada a Maceda ás 20:00h

Fiadeiro de Carguizoi

O próximo día tres de febreiro de 2024, organizado polo Concello de Maceda terá lugar o “Fiadeiro Carguizoi 2024”

A cita que comezará as 17 h e contando ca colaboración das Asociacións “Felos da Corga da Serra” e “Felos das 12 Parroquias de Maceda”

Actuación especial do afamado grupo de música tradicional Os Carunchos de Vigo entre outros grupos de música tradicional que se achegan ese día ó fiadeiro.

A noitiña recepción dos Felos en Carguizoi

Séguenos nas redes sociais para máis información:

Instagram @carguizoi

Facebook

Queriamos agradecer de xeito especial ao Concello de Maceda e ás Asociacións de Felos o apoio e colaboración co Fiadeiro. Tamén a todos os que, dalgún xeito ou doutro,aportades para que sigamos con esta fermosa tradición.

Agradecementos aos negocios e particulares que estades a aportar o voso granciño, non nos esqueceremos que ben o merecedes tamén .

Graciñas a todos e a disfrutar do Entroido con respecto, sentidiño e sentimento!

Cartel: Ismael del Campo López