Fiadeiro de Carguizoi

O próximo día tres de febreiro de 2024, organizado polo Concello de Maceda terá lugar o “Fiadeiro Carguizoi 2024”

A cita que comezará as 17 h e contando ca colaboración das Asociacións “Felos da Corga da Serra” e “Felos das 12 Parroquias de Maceda”

Actuación especial do afamado grupo de música tradicional Os Carunchos de Vigo entre outros grupos de música tradicional que se achegan ese día ó fiadeiro.

A noitiña recepción dos Felos en Carguizoi

Séguenos nas redes sociais para máis información:

Instagram @carguizoi

Facebook

Queriamos agradecer de xeito especial ao Concello de Maceda e ás Asociacións de Felos o apoio e colaboración co Fiadeiro. Tamén a todos os que, dalgún xeito ou doutro,aportades para que sigamos con esta fermosa tradición.

Agradecementos aos negocios e particulares que estades a aportar o voso granciño, non nos esqueceremos que ben o merecedes tamén .

Graciñas a todos e a disfrutar do Entroido con respecto, sentidiño e sentimento!

Cartel: Ismael del Campo López