4 de febreiro, sábado oleiro

Ganas de troula, eso podería ser o titular de este entroido. Voltaron a saír os felos.

Sin necesidad de que o Concello organice nada.

Arrincou un micro bus cos felos para a serra. Pasaron por Castro, Santirso, Barxela, Carguizoi, Tioira e Maceda.

Xantaron no Restaurante a Dilixencia.

Poidemos ver un grupiño de 30 felos relaxados o seu aire, sen ese barullo de xente e de periodistas que os acompañan o sábado de entroido.

Logo de dous anos de pandemia nenos e vellos, homes e mulleres agardan por eles.

Fiadeiro Carguizoi 2023

O sábado día once de febreiro de 2023, a tardiña fixose o fiadeiro en Carguizoi.

Este ano encargouse de organizar todo os mozos do pobo coa inestimable axuda dos veciños.

O concello de Maceda prestou a carpa e regalou pan e empanadas.

O grupo as Xoaniñas (grupo formado por mulleres da parroquia de Tioira e quen se queira apuntar) como todolos anos axudaron con manxares doces e salgados. Pero a colaboración coma sempre foi enorme. Dende comercios de Maceda, Baños de Molgas, Niñodaguia, a Derrasa, San Ciprian das Viñas, Ourense, Panton e veciños da parroquia.

Os mozos tamen venderon chapas e unhas cuncas de barro a mais de un bar para recaudar fondos e tratar de autofinanciarse cada vez mais.

colaboradores

Xuntaronse grupos tradicionais de baile e de musica, algúns invitados e outros espontaneos. Coma sempre os grandes protagonistas foron os felos .

Ademais contamos como figura do Entroido convidada cos “Peliqueiros de Campobecerros”

Galería Fotográfica:

“Tempo de Entroido” en Laza

tempo de entroido en Laza

A asociación do Entroido de Laza en colaboración co Concello dentro da sua programación de “Tempo de Entroido” organizou o sábado 28 de xaneiro de 2023 unha xornada moi completa, cun encontro ás 18:00 na sede do Concello de varios Entroidos amigos.
En primeiro lugar proxectouse a curta de Mirian Opazo, Nigún Deus, que realizou como traballo de fin de carreira para a universidade.
En segundo lugar, houbo un pequeno coloquio cos Entroidos convidados: os Felos de Maceda, os Boteiros de Viana do Bolo e as Bonitas de Sande.

No coloquio tocáronse diversos temas sobre as dificultades e as realidade ás que se enfrontan os Entroidos rurais no contexto social. O despoboamento do rural, a descontextualización das tradicións, a necesidade dun Entroido sostible, a dificultade de recuperar tradicións sen caer en meras representacións teatrais…

Un espazo de diálogo amigo no que tecer lazos de amizade para ter un Entroido Galego Forte e Amigo.

28 de xaneiro de 2023, sábado fareleiro

Este ano despois de dous anos de pandemia empezan os felos con moitas gana de troula e diversión.

A serra encheuse de barullo , de xente . Unha explosión de vida nos nosos pobos.

Xa podemos oir os esgutíos dos felos  (como animal ferido que volve a casa) as veces agudo e outras un sonido ronco que sae de dentro. Un falar que os da serra entendemos e anelamos todo o ano. O atronador ruido das chocas polas canellas, polos camiños que siguen espantando o lobo. Os felos xa percorren a serra con ese soriso retranqueiro e metendose cos homes e bailando coas mulleres.

Estan de volta!!!

Saíron en dous grupos grandes. Unhos comenzaron o percorrido por Castro, Pias, Santirso, Xinzo da Costa comendo no Lar dos Felos para logo arrancar a Celeiron, Vilar, Carguizoi, Tioira e rematando en Maceda.

Outro grupo saíu de Maceda, Tioira, Carguizoi, Vilar, Xinzo da Costa, Santirso , Pias e Castro.

Os felos saen en grupos organizándose entre eles os días previos.

7 de xaneiro 2023, comenza o entroido

O sábado 7 de xaneiro comenzou oficialmente o entroido en Maceda. O concello organizou un desfile as 19 da tarde amenizada coa Charanga A Felga e coma sempre con cea, este ano no Multiusos. Podendo participar todo aquel que quixera, condición impresindible ir disfrazado. De todos é sabido o carácter rebelde, anárquico e retranqueiro da nosa figura e como tal non foi.

Os felos saíron en pequenos grupos e entre amigos dende primeiro de ano.

O sábado 21 xa poidemos ver grupiños de felos sair polos pobos, algúns iban xa vestidos e outro só con carauta e chocas.

O sábado 28 de xaneiro tivo lugar en Laza un encontro de varios Entroidos amigos.
A asociación do Entroido de Laza organizou unha xornada moi completa, ás 18:00 na sede do Concello.
En primeiro lugar proxectouse a curta de Mirian Opazo, Nigún Deus, que realizou como traballo de fin de carreira para a universidade.
En segundo lugar, houbo un pequeno coloquio cos Entroidos convidados: os Felos de Maceda, os Boteiros de Viana do Bolo e as Bonitas de Sande.

No coloquio tocaronse diversos temas sobre as dificultades e as realidade ás que se enfrontan os Entroidos rurais no contexto social. O despoboamento do rural, a descontextualización das tradicións, a necesidade dun Entroido sostible, a dificultade de recuperar tradicións sen caer en meras representacións teatrais…
Un espazo de diálogo amigo no que tecer lazos de amizade para ter un entroido galego forte e amigo.

Fotos cedidas pola Asociación cultural enLazados