Anacos de Vida

Anacos de Vida Maceda
Anacos de Vida Maceda

O Vindeiro Venres 6 de Decembro de 2019 ás 19:30 no Salón de actos do Concello, teredes a oportunidade de ver en primicia o episodio do programa de ANACOS DE VIDA grabado en Maceda e que emitirá a TVG o vindeiro sábado día 7 de Decembro de 2019.

Achégate ó Concello a velo.

SINOPSE DO EPISODIO

Comeza unha nova viaxe na nosa máquina do tempo que nos trae até o concello ourensán de Maceda, onde imos descubrir as pequenas e as grandes historias que agochan as fotos antigas dos veciños e veciñas das 11 parroquias deste val protexido pola Serra de San Mamede.

Maceda é coñecida polo seu castelo asaltado na revolta irmandiña e polos felos característicos do seu Entroido. Pero, como iremos vendo, é ademais unha terra moi vinculada ao ciclismo, á medicina e ao comercio. Tomen asento porque arranca un novo capítulo de Anacos de Vida.

No programa imos descubrir, a través das fotos antigas, por que Maceda é unha das vilas con máis éxitos ciclistas e mellor canteira de Galicia.

Seremos testemuña dun evento moi agardado en Maceda: a primeira visita dun museo único en Galicia, que vai quedará inmortalizada na foto por facer.

E non pararemos ata que o noso equipo de investigadores descubra que historia se agocha detrás da misteriosa fotografía que atopamos nesta vila.

— con Arraianos Producións y Anacos de Vida.

Ver Programa

 

Caderno de Campo 2019. Especial Entroido

Caderno de campo
Caderno de campo

Publicado pola Sociedade Antropolóxica Galega sae o “Caderno de campo 2019, Especial Entroido. Boletín informativo da Sociedade Antropolóxica Galega” nun formato especial adicado á nosa festa ritual máis importante do ano: O Entroido.

Un número que compendia oito artigos de diferentes investigadores socios e colaboradores da SAGA, así como dúas fabulosas reportaxes fotográficas dos nosos fotógrafos colaboradores Pedro G. Losada e Roberto de la Torre, así como a derradeira e inédita crónica fotográfica de Ángel Gilberto Martínez “Papigil”, que tristemente nos deixou o ano pasado.

O contido deste número especial é o seguinte:

“Que é o Entroido?” por Miguel Losada. “La noche, los Antroidos, los caminos y los dioses viejos” por José Luis Cardero. “A figura da Vella mitolóxica como personaxe do Entroido” por Lidia Mariño. “As mázcaras xiróvagas das Terras de Manzaneda. Unha danza para mover o mundo” por Rafael Quintía. “Pinténs: Entroido en Hío” por Xerardo F. Santomé. “Cantos de Entroido no Oriente ourensán” por Carlos X. Ares. “Máscara, identidade e transformación no tránsito ao Entroido urbano” por Miguel Alonso.

“”Guardar carne el día carnes tollendas”. Contribución ao estudo do porco no Entroido” por X. Anxo Rosales.

A “Crónica da V Mascarada Ibérica” por Pilar López Vilas

O Resumo de actividades da Sociedade Antropolóxica Galega (2015-2018)

No apartado de crónicas: Ángel Gilberto “Papigil”, “O son do Entroido” por Pedro G. Losada, “O ciclo enmascarado da Invernía” por Roberto de la Torre.

Para rematar cun catálogo de publicacións

Podes acceder o visionado online ou a súa descarga no seguinte enlace:

Caderno de Campo 2019

Programa do Entroido Maceda 2019

Entroido Maceda 2019
Entroido Maceda 2019

O Entroido xa está entre nós, e en Maceda presumimos de elo. Festa Declarada de Interese Turístico de Galicia contamos co seguinte programa e información das diversas actividades:

12 de xaneiro, sábado, Festa de Inicio do Entroido. +información

23 de febreiro, sábado de Desmadre, ás 20h. daremos o comezo na Praza das Toldas. +información

23 de febreiro, sábado a partir das 21h. Fiadeiro en Carguizoi. +información

24 de febreiro, domingo, Tarde de Bolouros na praza Cervantes a partir das 16h. +información

1 de marzo, venres ás 20h. na Praza das Toldas Festa de Comadres+información

2 e 3 de marzo, sábado e domingo de Entroido saíndo ás 9:30 h. Antigo Matadoiro e percorrendo os Felos os pobos da Serra. +información sábado
+información domingo

2 de marzo, sábado, ás 20h. a baixada da Marela dende o Toural polas rúas da vila ca animación da Charanga BCB e Charanga Ardores +información

4 de marzo, luns de Entroido teremos Festa Infantil a partires das 17 h no Pavillón de Deportes con inchables, actuación do Mago Delmi e Desfile infantil +información

9 de marzo, o martes de Entroido trasladado polas condicións climatoloxicas: Desfile de  Felos, Carrozas e Comparsas, dende ás 18:00 h desfile de disfraces con saída dende a rúa das Canteiras. Ás 21 h entrega de premios do desfile de disfraces, individuais e grupos ata cinco participantes (1º 125 €, 2º 75 €, 3º 50 €) Grupos de máis de 6 participantes (1º 175 €, 2º 120 €, 3º 90 €) e Carrozas (1º 250 €, 2º 175 €, 3º 125 €). +información

6 de marzo, mércores de cinsa e como despedida, o Enterro do Entroido ás 20 h. na praza das Toldas. +información

Os Felos en Astorga 2019

2019 Piñata Astorga
2019 Piñata Astorga

O domingo 10 de marzo de 2019 a cidade de Astorga celebrou, despois do seu habitual desfile de Piñata o día anterior, o “Antruejo” como acto final este ano e que, entre outras figuras do Entroido Tradicional, contou por segundo ano consecutivo ca presencia dos Felos de Maceda (Ourense).

No desfile, que arrancou as 12:30 h. da maña, estiveron acompañando os Maragatos e os moitos visitantes asistentes as seguintes asociacións:

1. Jurrus y Castrones, Alija del Infantado (León)
2. Maragatas y Patahenos de La Alberca (Salamanca)
3. Fulión A Veiga. Asociación cultural O Son de Trevinca, (Ourense)
4. Asociación Cigarrón de Verín, Verín (Ourense)
5. Asociación Felos da Corga da Serra, de Maceda (Ourense)
6. Fulión de Mormentelos, Vilariñó de Conso – Mormentelos (Ourense)

Saíndo dende o Polideportivo Felipe Miñambres percorreron as rúas ata chegar á Praza Maior onde cada grupo de forma individual fixo unha presentación da súa figura e das particularidades do seu “Entroido” facendo de este acto un encontro cultural de coñecemento e promoción da historia de todos os grupos alí convocados.

A programación do entroido de Astorga de este ano deu remate as 21:30 h. na praza Maior ca queima da Piñata.

Desfile Urbano 2019 (aplazado)

O desfile urbano previsto para o 5 de marzo de 2019, martes de Entroido, debido as condicións meteorolóxicas suspendeuse e cambiouse para o sábado día 9 de marzo ás 18:00 h.

O desfile de Felos, Carrozas e Comparsas, desfile de disfraces saíu dende a rúa das Canteiras ata o cruce dos Milagres e regresando con chegada a Praza do Felo.

Ás 21 h fíxose público o fallo do xurado e a entrega de premios do desfile de disfraces e seguiuse a festa ca animación dunha orquestra e a queima do Meco simbolizando o remate do Entroido.

Os premios por categorías foron os seguintes:

Grupos de ata 5 participantes:
1º “Portugueses da China” (125 €)
2º “Paseadoras de Cans” (75 €)
3º “Cociñeiro e animales” (50 €)
Accésit “Carrapuchiñas”

Grupos de 6 ou máis participantes:
1º “Noticiario Ribeira Sacra” (175 €)
2º “Chicas Frenadol” (120 €)

Carrozas
1º “Viduinas Asiaticas” (250 €)
2º “O Forno dos bolos” (175 €)
3º “Mario Bross” (125 €)
Accésit: “Os Labregos”, “O Mundo Maya”, “Cazafantasmas” e “Taberneiros do Pobo”

Percorrido Felos Maceda domingo 2019

Entroido Maceda 2019
Entroido Maceda 2019

Domingo 3 de marzo de 2019 os felos percorreron os pobos da Serra de San Mamede: Pías, Castro de Escuadro, Santirso, Xinzo da Costa, Celeiron saíndo pola tarde a Barxela, Vilardecás, Carguizoi, Sarreaus, e Tioira.

 Un ano mais, dende Goteburgo  Helena Eriksson lle rendeu homenaxe ao felos da nosa serra.

Apesar de repetirnos anos tras anos e artigo trás artigo queremos agradecerlles a todos os pobos da serra o esforzo que fan para agasallar os Felos e toda aquela xentiña que os acampaña, non importa que sexan da bisbarra ou visitantes.

A comida  foi na Dilixencia (Maceda) na que participaron máis de 80 Felos e algunha persoa acompañante ademáis.

Crónica Gráfica de ese día: 

Baixada da Marela 2019

Baixada Marela 2019
Baixada Marela 2019

O sábado 2 de marzo de 2019 tivo  lugar a sexta edición da Solta da Marela. A actividade que corre a cargo da Asociación O Cruceiro de Maceda, deu  comenzo frente o Bar Indio ás 20.15. Baixando polo Toural para seguir a festa no centro da vila. Contaron oca animación musical da Charanga BCB e Charanga Ardores. Os organzadores pertencente a asociación recordoulle os participantes da actividade que a fariña non se pode tirarse aos felos e que así reinase  un ambiente distendido e de respeto.

Esta actividade xa esta consolidada no Entroido de Maceda e así o corroborá a gran afluencia de xente a Solta da Marela.

Percorrido Felos Maceda sábado 2019

O sábado 2 de marzo os felos percorreron Pías, Castro de Escuadro, Santirso, Xinzo da Costa, Celeiron saíndo pola tarde a Barxela, Vilardecás, Carguizoi, Sarreaus, e Tioira. Queremos deixar constancia que os Felos tamén se deixan ver en pobos de outros concellos como Arnuide ou Vide.

Agradecemos  a todos os pobos da serra que ano tras ano reciben os Felos e maila súa corte de fotógrafos e entroideiros. 

O entroido está a gozar de moi boa saúde, Percorreron a serra case 100 Felos o mais salientable é a cantidade de cativos que vemos no percorrido.  

A comida  tivo lugar na Dilixencia (Maceda),no Lar dos Felos e no Castelo de Maceda.  Os participantes tiveron que retirar tíckets para comer na Dilixencia e para subir o autobús.

Aínda estas a tempo de facerte  socios da Asociación. Pregunta na ferretería Aldraba (Toño Parrulo) ou contacta con Pinto ou Fran de Castro.

Organizou o Concello de Maceda e Asociación Felos da Corga da Serra.

 

Crónica gráfica de ese día: