O sábado 14 de febreiro os felos percorren as aldeas da Serra co seu tocar de chocas, e o sábado de Entroido máis ou menos organizado polo Concello.
Así, saíran ás 9:30h da Praza das Toldas de Maceda, pola maña recorreran Castro de Escuadro, Pías, Santirso, Xinzo da Costa e Celeiron. 12:00 horas. Pasabares con la Charanga A Felga. Ás 14:00h comida no Restaurante la Diligencia de Maceda Ás 16:00h visitarán Barxela, Vilar, Carguizoi, Tioira e Maceda. 18:00 horas. Pasabares con la Charanga Noroeste Carballeira do Castelo
Este ano arranca o Entroido entre tristura e alegría. Sentimentos encontrados que non sabemos moi ben como controlar. O Entroido é exceso, risas, troula hasta irreverencia, pero estamos a pique de vivir un Entroido distinto. Despois desta pandemia, de botar tanto tempo na casa primeiro sen poder saír , sen poder relacionarnos. sen poder estar o redor dunha mesa a comer e beber, de sobremesas interminables acompañadas de algún chupito e algún doce, sen poder troulear no Entroido, nas festas….. por fin CHEGOU!!!
Comeza o Entroido.
Este ano será un Entroido intimo, noso, da casa.
Todos traemos a cabeza a mil,¿ vestirse ou non vestirse?
Todas estas preguntas que non nos deixan acougar por fin se resolveron este sábado.
Saímos e a nosa xentiña recibiunos coma nunca, moitos nos dixeron que debemos ser prudentes pero que hai que vivir. A vida nos pobos ten outro ritmo, lento e tranquilo, pero cando chega o Entroido cambia. Todo son luces e cores, barullo e risas. Este Entroido non importa o tempo que faga, con este Entroido chega a luz a moitas casas onde durante case dous anos había medo, soidade e moita tristura.
O Felo é traste pero está claro que tamén ten un sentimento profundo de arraigo coa xentiña da Corga da Serra.
Así que este ano LUME pero tamén sentidiño e bo paso .
Imáxenes do día 5 de febreiro de 2022 percorrendo os pobos da Serra
Domingo 3 de marzo de 2019 os felos percorreron os pobos da Serra de San Mamede: Pías, Castro de Escuadro, Santirso, Xinzo da Costa, Celeiron saíndo pola tarde a Barxela, Vilardecás, Carguizoi, Sarreaus, e Tioira.
Un ano mais, dende Goteburgo Helena Eriksson lle rendeu homenaxe ao felos da nosa serra.
Apesar de repetirnos anos tras anos e artigo trás artigo queremos agradecerlles a todos os pobos da serra o esforzo que fan para agasallar os Felos e toda aquela xentiña que os acampaña, non importa que sexan da bisbarra ou visitantes.
A comida foi na Dilixencia (Maceda) na que participaron máis de 80 Felos e algunha persoa acompañante ademáis.
O sábado 2 de marzo os felos percorreron Pías, Castro de Escuadro, Santirso, Xinzo da Costa, Celeiron saíndo pola tarde a Barxela, Vilardecás, Carguizoi, Sarreaus, e Tioira. Queremos deixar constancia que os Felos tamén se deixan ver en pobos de outros concellos como Arnuide ou Vide.
Agradecemos a todos os pobos da serra que ano tras ano reciben os Felos e maila súa corte de fotógrafos e entroideiros.
O entroido está a gozar de moi boa saúde, Percorreron a serra case 100 Felos o mais salientable é a cantidade de cativos que vemos no percorrido.
A comida tivo lugar na Dilixencia (Maceda),no Lar dos Felos e no Castelo de Maceda. Os participantes tiveron que retirar tíckets para comer na Dilixencia e para subir o autobús.
Aínda estas a tempo de facerte socios da Asociación. Pregunta na ferretería Aldraba (Toño Parrulo) ou contacta con Pinto ou Fran de Castro.
Organizou o Concello de Maceda e Asociación Felos da Corga da Serra.