Tag Archives: percorrido

Tolemias do Entroido 2022

Este ano arranca o Entroido entre tristura e alegría. Sentimentos encontrados que non sabemos moi ben como controlar. O Entroido é exceso, risas, troula hasta irreverencia, pero estamos a pique de vivir un Entroido distinto. Despois desta pandemia, de botar tanto tempo na casa primeiro sen poder saír , sen poder relacionarnos. sen poder estar o redor dunha mesa a comer e beber, de sobremesas interminables acompañadas de algún chupito e algún doce, sen poder troulear no Entroido, nas festas….. por fin CHEGOU!!!

Comeza o Entroido.

Este ano será un Entroido intimo, noso,  da casa.

Todos traemos a cabeza a mil,¿ vestirse ou non vestirse?

Todas estas preguntas que non nos deixan acougar por fin se resolveron este sábado.

Saímos e a nosa xentiña recibiunos coma nunca, moitos nos dixeron que debemos ser prudentes pero que hai que vivir. A vida nos pobos ten outro ritmo, lento e tranquilo, pero cando chega o Entroido cambia. Todo son luces e cores, barullo e risas. Este Entroido non importa o tempo que faga, con este Entroido chega a luz a moitas casas onde durante case dous anos había medo, soidade e moita tristura.

O Felo é traste pero está claro que tamén ten un sentimento profundo de arraigo coa xentiña da Corga da Serra.

Así que este ano LUME pero tamén sentidiño e bo paso .

Percorrido Felos Maceda domingo 2019

Entroido Maceda 2019
Entroido Maceda 2019

Domingo 3 de marzo de 2019 os felos percorreron os pobos da Serra de San Mamede: Pías, Castro de Escuadro, Santirso, Xinzo da Costa, Celeiron saíndo pola tarde a Barxela, Vilardecás, Carguizoi, Sarreaus, e Tioira.

 Un ano mais, dende Goteburgo  Helena Eriksson lle rendeu homenaxe ao felos da nosa serra.

Apesar de repetirnos anos tras anos e artigo trás artigo queremos agradecerlles a todos os pobos da serra o esforzo que fan para agasallar os Felos e toda aquela xentiña que os acampaña, non importa que sexan da bisbarra ou visitantes.

A comida  foi na Dilixencia (Maceda) na que participaron máis de 80 Felos e algunha persoa acompañante ademáis.

Crónica Gráfica de ese día: 

Percorrido Felos Maceda sábado 2019

O sábado 2 de marzo os felos percorreron Pías, Castro de Escuadro, Santirso, Xinzo da Costa, Celeiron saíndo pola tarde a Barxela, Vilardecás, Carguizoi, Sarreaus, e Tioira. Queremos deixar constancia que os Felos tamén se deixan ver en pobos de outros concellos como Arnuide ou Vide.

Agradecemos  a todos os pobos da serra que ano tras ano reciben os Felos e maila súa corte de fotógrafos e entroideiros. 

O entroido está a gozar de moi boa saúde, Percorreron a serra case 100 Felos o mais salientable é a cantidade de cativos que vemos no percorrido.  

A comida  tivo lugar na Dilixencia (Maceda),no Lar dos Felos e no Castelo de Maceda.  Os participantes tiveron que retirar tíckets para comer na Dilixencia e para subir o autobús.

Aínda estas a tempo de facerte  socios da Asociación. Pregunta na ferretería Aldraba (Toño Parrulo) ou contacta con Pinto ou Fran de Castro.

Organizou o Concello de Maceda e Asociación Felos da Corga da Serra.

 

Crónica gráfica de ese día: