Tag Archives: 2026

Programa de Entroido de Maceda 2026

O Entroido comeza co soar das chocas a noite de ano novo, percorrendo as rúas e avisando que o Entroido xa chegou.

O Entroido de Maceda xa ten o recoñecemento de Festa de Interese Turístico de Galicia, e este ano 2026 abrimos o Entroido ca presentación oficial do cartel do Entroido e remataremos co enterro do Meco.

Este ano contaremos ca seguinte programación:

Sábado 10 de xaneiro
Acto de presentación programación do Entroido 2026
Ás 12:30 h no Espazo A Fenda
(Máis Información)

Sábado 24 de febreiro:
20 h. Reparto de Mecos (Asociación de Comerciantes)
Solta do Burro (Barullón de Carguizoi).
(Máis Información)

Sábado 31 de xaneiro
Ás 16:30 h Reinado entre Tioira e Santa Marta
(Máis Información)

Domingo 1 de febreiro
Ás 16:30 h Obradoiro de Compadres e Comadres na praza das Toldas co ANPA Maceda
(Máis Información)

Venres 6 de febreiro – Venres de Compadres
Ás 20 h I Ruta Tapa do Cocido de Entroido e Foliada
(Máis Información)

Sábado 07 de febreiro
Dende ás 17 h Fiadeiro de Carguizoi
(Máis Información)

Venres 13 de febreiro – Venres de Comadres
Venres de comadres que rematará cunha cea as 21:00h e pasabares o rematar
(Máis información)

Sábado 14 de febreiro
Percorrido dos Felos pola Serra de Maceda
(Máis información)
Baixada da Marela por Maceda acompañada de charangas e música.
(Máis información)

Domingo 15 de febreiro
Percorrido dos Felos pola Serra de Maceda
(Máis información)
Ás 12 h Fiadeiro de Calvelo
(Máis información)

Luns 16 de febreiro
Ás 18 h baixada da Mareliña
(Máis información)

Martes 17 de febreiro
Desfile urbano polas rúas de Maceda ás 17:30h
(Máis Información)

Venres 20 de febreiro
Enterro dos Mecos ás 20 h
(Máis información)

Venres de Compadres 2026

O venres 6 de febreiro de 2026, estaremos de Venres de Compadres en Maceda co seguinte programa:

De 20 a 23 h. II Ruta Tapa do Cocido de Entroido:

Participantes (3 € tapa):
Castillo; Costela
A Cervexeria: Orella
A Fenda: Cocido á Fenda
Casa Rosa: Chouriciños con repolo
Teixeira: Cocido a Teixeira
A Sala: Lacón con grelos
Mioco: Orella
Porta Sacra: Pizza Orella
Bar Lúa: Cocido galego
Ondo Aspas: Repolo con zorza

Foliada polos bares cos Chouteiros de Maceda e Rebulir

23:55 h.. Pasabares con la Charanga A Felga.

23 h. Actuación Os Festicultores

Venres de Comadres 2026

O venres 13 de febreiro de 2026 teremos en Maceda a xa tradicional noite de “Venres de Comadres” ca seguinte programación:

20 h. Subida dos Carros ata o Toural acompañados da Charanga A Felga.

21 h. Cena de Comadres no restaurante A Dilixencia. (Merca o teu ticket ata o 11 de febreiro en Restaurante la Dilixencia (Prezo 15 €))

De 20 a 23 h. II Ruta Tapa do Cocido de Entroido:

Participantes (3 € tapa):
Castillo; Costela
A Cervexeria: Orella
A Fenda: Cocido á Fenda
Casa Rosa: Chouriciños con repolo
Teixeira: Cocido a Teixeira
A Sala: Lacón con grelos
Mioco: Orella
Porta Sacra: Pizza Orella
Bar Lúa: Cocido galego
Ondo Aspas: Repolo con zorza

Foliada polos bares cos Chouteiros de Maceda e Rebulir

23:55 h.. Pasabares con la Charanga A Felga.

Percorrido dos Felos-Sábado 2026

O sábado 14 de febreiro os felos percorren as aldeas da Serra co seu tocar de chocas, e o sábado de Entroido máis ou menos organizado polo Concello.

Así, saíran ás 9:30h da Praza das Toldas de Maceda, pola maña recorreran Castro de Escuadro, Pías, Santirso, Xinzo da Costa e Celeiron.
12:00 horas. Pasabares con la Charanga A Felga.
Ás 14:00h comida no Restaurante la Diligencia de Maceda
Ás 16:00h visitarán Barxela, Vilar, Carguizoi, Tioira e Maceda.
18:00 horas. Pasabares con la Charanga Noroeste Carballeira do Castelo

Estimase a chegada a Maceda ás 20:00h

Desfile de Entroido 2026

O día 17 de febreiro de 2026, o martes de Entroido  será o Desfile de Felos, Carrozas e Comparsas en Maceda, dende ás 17:30 h.

Desfile de disfraces que percorrera Maceda saíndo dende a rúa das Canteiras ata o cruce dos Milagres e regresando con chegada de novo a Praza do Felo.

Premios os participantes:

Individuais e grupos de ata 5 participantes:

1º premio: 125 €
2º premio: 75 €
3º premio: 50 €

Grupos de máis de 6 participantes:

1º premio: 175 €
2º premio:  120 €
3º premio: 90 €

Carrozas:

1º premio:  250 €
2º premio: 175 €
3º premio: 125 €

Bótalle unha ollada as bases do concurso: https://drive.google.com/…/1sZ18llQ4iONoDHtHrqD…/view…
Fai túa inscrición premendo no seguinte enlace: https://docs.google.com/…/1FAIpQLSf4kmuVTTE…/viewform…
Tamén se admiten inscricións o mesmo día do desfile ata 15 min antes de dar a saída.

Enterro do Meco 2026

Como remate do Entroido celebraremos o seu solemne enterro que terá lugar en Maceda o sábado, 7 de marzo de 2025

Ás 20 h. empezaremos ca queima do meco na Praza das Toldas para continuar cunha Pancetada popular a cargo dos “Taberneiros do Pobo” e Desfile fúnebre ca animación musical a cargo da Charanga A Felga de Maceda.

Organizado polo Concello de Maceda ca colaboración de Asociación Taberneiros do Pobo.