Category Archives: Fotos e Videos

Venres de Comadres 2025

O venres 28 de febreiro de 2025 tivemos en Maceda a xa tradicional noite de “Venres de Comadres” ca seguinte programación:

20:00 horas. Subida de los Carros ata o Toural acompañados da Charanga A Felga.

21:00 horas. Cena de Comadres no restaurante A Dilixencia.

00:00 horas. Pasabares con la Charanga A Felga.

Custe da Cea 15 €

Fotos de ese día:

Presentación Cartaz de Entroido 2025

Organizado polo concello de Maceda o 25 de xaneiro de 2025 tivo lugar ás 12:30 h. no Espazo A Fenda tera lugar o acto de presentación Cartaz de Entroido 2025

Presentado por Celso Sánchez, Concelleiro de Cultura e ca intervención dos Felos da Corga da Serra, Felos das 12 parroquias, ANPA Ceip de Maceda, Fiadeiro de Carguizoi, Asociación de Comerciantes e Empresarios de Maceda, os Taberneiros do Pobo.

Así interviron: José Antonio “Pinto”, dos Felos da Corga da Serra, lembrou que o Sábado e o Domingo de Entroido os felos percorrerán as aldeas da Serra, Javier Gómez, “Willy” falou polos Felos das 12 parroquias, a asociación que recuperou a Baixada de Marela, Miguel Iglero, organizador do Fiadeiro de Carguizoi, anunciou a recuperación do Reinado por testemuñas dos seus avós, a Asociación de Comerciantes, a través de Elvira Iglesias, organizando a colocación dos Mecos polas distintas empresas, Toño, o presidente da Asociación de Taberneiros do Pobo lembrou que se despedirá o entroido ca queima do Meco e unha pinchada organizada por eles. A ANPA do CEIP de Maceda, representada por Iria Dopazo, organizadores da  “Mareliña” e do obradoiro de elaboración de compadres e comadres, anima as familias a participar nas actividades.

Clausurou o acto Uxía Oviedo, Alcaldesa de Maceda

Imaxes do acto:

Enterro Mecos 2024

Para finalizar este Entroido 2024 tivemos o sábado 17 de febreiro, ás 20:00h o Enterro dos Mecos na Praza das Toldas de Maceda.

Contamos cunha “Procesión Fúnebre” acompañada musicalmente pola Charanga A Felga de Maceda que saimos da praza, subimos pola Aira das Mantas, baixar pola rúa do medio ata o Bar 2000 para continuar a recta final ata a praza co recibimento dos asistentes.

Ó remate pinchada para tódolos asistentes a cargo da Asociación Taberneiros do Pobo de Maceda.

Organizado polo Concello de Maceda ca colaboración de Asociación Taberneiros do Pobo.

Galería Fotográfica:

Actividades infantis entroido 2024

O lúns, día 12 de febreiro de 2024 o Entroido en Maceda estivo adicado en especial os máis pequenos tendo actividades enfocadas a eles ca seguinte programación:

Bolouros

A partir das 11:00 h na Praza Miguel de Cervantes de Maceda (máis información)

Ó remate pizza para os rapaces e postre.

Organiza A Fenda e Chuche Mecánica. Colabora Concello de Maceda, ANPA CEIP de Maceda e Club Ciclista Maceda

Fotos Bolouros

Festa Infantil

Pola tarde de 16:00 a 19:00h. no Pavillón Municipal de Maceda festa para os máis cativos. Tivemos un desfile de modelos con premios os mellores.

Fotos festa pavillón

Baixada da Mareliña

Ás 19h. tivemos unha nova edición da “Baixada da Mareliña”, versión infantil da baixada da Marela do sábado a noite. Batalla campál entre pais e nais por unha banda e pola outra os cativos.

Sairon do Pabellón municipal, acompañados pola Charanga A Felga recorrendo as ruas para finalizar na praza do Felo onde se librou a última “batalla”, a festa continuou e as 23h Verbena a cargo da Charanga Europa.

Fotos Mareliña

Baixada da Marela

Un ano máis e a expectativa crece coa Baixada da Marela. Milleiros de persoas percorreron as rúas ao longo do día e sobre todo ocuparan beirarrúas e parques dende o Alto do Toural no preludio dunha longa noite en Entroido, na localidade de Maceda.

Sábado de Entroido, 10 de febreiro de 2024, ás 21.00 horas, baixando dende o Alto do Toural unha procesión moi numerosa, con máscaras de madeira, peles, cornos e ‘chocas’ acompañando a viaxe da vaca “Marela”, figura recuperada hai máis dunha década. pola Asociación Felos das 12 parroquias e que se converteu nunha das celebracións máis esperadas polos macedáns e os numerosos visitantes que xa teñen este día como data inamovible.

O evento foi amenizado polas Charangas BCB, Zés, Pereiras de Amarante e a Charanga A Felga de Maceda.

Verbena a cargo da Charanga Fuego

In memorian Luis Sandin Novoa

Organizado polo Concello de Maceda ca colaboración da Asociación Os Felos das 12 Parroquias

Galería de imaxes:

Enfelarte2024

I Xornada de difusión do Entroido de Maceda

Organizado polo Concello de Maceda o 27 de xaneiro de 2024, sábado, no salón de actos do Concello de Maceda as 19h. tivo lugar a primeira edición de “Enfelarte2024” co seguinte programa:

Comezamos ca conferencia do investigador, escritor, historiador e sobre todo, Macedan: Santiago Prol baixo o título “Cronoloxía arredor do enigma dos felos” non que fixo un breve repaso sobre o fenómeno Felo e o transcendental da figura.

Continuamos a xornada co parladoiro sobre o deseño e elaboración do traxe de felo coa costureira artesá e tamén macedan Mercedes López Pascual, do Obradoiro Tradicional “Moura”,

Durante esta exposición recibiamos a visita dun grupo de Felos que irrumpiron no acto como protagonistas sin dubida do salón de plenos do Concello.

Como remate a presentación e posterior proxección da curtametraxe “Os Corpos” de Eloy Domínguez Serén. Coloquio sobre a obra e o Entroido coa participación do director.

Galería fotográfica:

19 marzo de 2023. ViboMask Villariño

ViBoMask xa é unha cita de fotógrafos e investigadores para coñecer a etnografía do entroido rural.

Estase a falar de presentar una candidatura conxunta das mascaradas da Península Ibérica para entrar na lista de Patrimonio Cultural Inmaterial de la Humanidad da UNESCO, algo que a  ViBoMask tamén apoia.

O domingo, 19 de marzo, comenzou as 11.45 horas o desfile das mascaradas de esta edición polas ruas do Concello

Os grupos participantes na VIII edición procedía de A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Asturias, Cantabria, Castilla y León, Castilla La-Mancha, País Vasco; e de Portugal de Bragança y de Viseu. Un total de 43 grupos en total nos dous días.

18 de marzo de 2023.Os felos na da ViBoMask En Viana do Bolo.

Festival Internacional ViBoMask foi os días 17,18 y 19 de marzo, despois da celebración do Entroido

O vernes 17 houbo unha xornada de divulgación das diferentes máscaras de Entroido da Península Ibérica con varias conferencias e iniciativas nos centros educativos de Viana do Bolo e Vilariño de Conso. Apostando por actividades que permitan aprender a riqueza e a identidade dos diferentes Entroidos da Península.

O sábado 18 participaron en Viana 43 grupos distintos nun desfile que tiña a representación de gran parte do Entroido da Península Ibérica, ou polo menos da parte norte. Os felos alí estiveron.