O 23 de febreiro, sábado de Desmadre, ás 20h. daremos o comezo na Praza das Toldas o “Sábado de Desmadre”
Category Archives: Actividades
Reunión Anual Asociación

O día 16 de febreiro de 2019, ás 19:00 horas no edificio multiusos de Maceda tivo lugar a reunión anual da Asociación Felos da Corga da Serra co seguinte orde do día:
- Resumo do feito no ano 2018
- Descripción do que se vaya a realizar no vindeiro Entroido
- Renovación de cuotas para o ano 2019
- Dudas e suxerencias
Nesta reunión ordinaria da Asociación de Felos da Corga da Serra tratáronse os seguintes temas sobre o Entroido 2019:
O prezo dos tickets para facer o percorrido polas aldeas do concello de Maceda será de 10 euros para persoas non socias da Asociación e 5 euros para aquelas que sí que o sexan.
Para facerse socios da Asociación pódese ir a Ferretería Aldraba (Toño Parrulo) ou contactando con Pinto ou Fran de Castro.
O lugar para comprar os tickets será a Ferretería Aldraba ou falando cos membros da directiva: Fran, Alberto ou Yonhy.
A data límite para mercar ditos tickets será o día 1 de marzo ás 20:00 horas.
Debido á escasa presencia de socios na reunión (uns 12 socios) decidiuse facer outra o día 30 de marzo de 2019. Nesta reunión tomaranse decisións sobre o futuro da asociación e estas faránse por a maioría dos socios PRESENTES.
Xuntanza en Campobecerros 2019

O sábado día 2 de febreiro de 2019 celebrouse unha xuntanza na aldea de Campobecerros no concello de Castrelo do Val en Ourense. Por segundo ano consecutivo estiveron presentes os Peliqueiros e Parranfóns de Campobecerros, os Boteiros de Viana do Bolo, os Felos de Maceda e coma novidade estivo o Entroido Ribeirao de Lugo.
Apesar de xuntarse antes do entroido, que comenzou o 10 de febreiro, e apesar da neve a xuntanza tivo lugar a noitiña e ali puderonse ver escenas ben curiosas: Peliqueiros e Felos xuntos percorando as ruas do pobo acompañado do Fulión de Viana. O Volante, Peliqueiros, Mecos, Maragatos e Pucho andiveron tamén no fulión. Aquí queda recollido os permisos que pediron para entrar o pobo:
Boas tardes Campobecerros
Aquí volvemos estar
non viñen só a recitar
sinon que co voso permiso
tamén queremos tocar.
Soan as miñas esquilas
como boteiro que son
e ao meu ritmo
acompáñame o fulión.
Non só nos vistimos nós,
tamen están os felos de Maceda
disfrutando destas festas
que son o único que nos queda.
Tamen veñen a vernos
os nosos amigos de Chantada
que en Viana tamén estuveron
na quinta Mascarada
Veñen cos seus volantes
que son moi elegantes
tamen cos maragatos que nos van facer
pasar uns bos ratos
Xente de Campobecerros
pidovós este permiso
para deixarnos tocar
e a todos sacarvós un sorriso.
Eu como boteiro
faime moita ilusion
bailar con vos peliqueiros
mentras tocan o fulion
Tamen me gusta moito
ver eses parrafons
que acompañados da vaca
siguen as tradicións.
As distancias separanos,
o entroido únenos,
xuntos a loitar
polo que tanto nos fai disfrutar.
Sin mais que decir
deixovós pasar
se o voso permiso
nos vades a dar.
Grazas de corazón
se hoxe nos acolledes
porque non sei si voltaremos
coas montañas cheas de neve.
Os veciños que eiqui estamos
un ano fai que levamos
agardando o fulión
mos retumbe no corazon
Que o seu ritmo nos invada
sen medo a neve ou xeada
que moito salte o Boteiro
e tamén o Peliqueiro
O parrafón luze arrogante
que vai diante do volante
que o pucho as hortas fertilice
(E os felos….ós felos non hai quen os organice)
Benvido sodes de novo
de parte de todo este pobo
que empece xa o fulión
Viva o entroido e viva todos nós
Agradecemos as fotos Shan Gago
Mascarada Ibérica 2019 Villariño
O 27 de xaneiro as 12 da maña, mais de 800 participantes e 42 grupos pertencentes os entroidos da peninsula ibérica formaron parte da quinta edición da Mascarada Ibérica.
Unha xuntanza de:
Algunhas das mascaradas participantes neste evento foron as siguientes:
-Xenerais da Ulla (A Coruña)
-Cigarróns de Verín (Ourense)
-Pantallas de Xinzo (Ourense)
-Los Sidros de Valdesoto (Asturias)
-La Talanquera y Visparra de S. Martín de Castañeda (Sanabria-Zamora)
-Careto de Valverde (Portugal)
-Antruido Paré de Piasca (Cantabria)
-Entroido Ribeirao (Santiago de Arriba-Chantada)
-Entroido de Cobres (Vilaboa-Lugo)
-Felos de Maceda (Ourense)
-Toro e Xigante de Celavente (Ourense)
-Galos de San Pedro da Mezquita (Ourense)
-Bonitas de Sande (Ourense)
-Boteiros: Fulión de Buxan (O Bolo-Ourense)
-Antruejo de Carrizo de la Ribera (León)
-Velhos de Bruçó (Portugal)
-Diablos y Mascaritas de Luzón (Guadalajara)
-Jarramplas de Pional (Caceres)
-
Antruido Paré de Piasca (Cantabria) -
-
Entoido Samede (A Coruñas) -
Jarramplas Piornal Cáceres -
Velhos de Bruçó (Portugal) - Caretos de Parada (Portugal)
-
Velhos de Bruçó (Portugal) - A.F.Santiaguiños Boimorto A Coruña
-
-
Fulion de Montemelos -
Santiaguiños Boimorto (A Coruña) -
Toro e Xigante Celavente Ourense -
Toro e Xigante Celavente Ourense -
Entroido de Samede (A Coruña) -
Atenezador San Vicente de la Cabeza Zamora -
Atenezador San Vicente de la Cabeza Zamora -
Entroido de Samede (A Coruña) -
Atenezador San Vicente de la Cabeza Zamora -
Entroido de Samede (A Coruña -
La Talanquera y Visparra de S. Martín de Castañeda (Sanabria-Zamora) -
Fulion A Mourela pra Aca Manzaneda -
La Talanquera y Visparra de S. Martín de Castañeda (Sanabria-Zamora) -
Fulion A Mourela pra Aca Manzaneda - Carrizo de la Ribera León
- Cigarrons (Verin)
-
Fulion Viana -
Fulión alternativo Viana do Bolo -
Boteiro - Fulion de Buxan O Bolo
- Veilardóns de Rios (Ourense)
-
Veilardóns de Rios (Ourense) -
Peliqueiros e Parranfóns de Campobecerros -
Antruido Paré de Piasca (Cantabria) -
Antruido Paré de Piasca (Cantabria) -
Peliqueiros e Parranfóns de Campobecerros -
Peliqueiros e Parranfóns de Campobecerros -
Boteiros de Bande -
Antruido Paré de Piasca (Cantabria) -
Antruido Paré de Piasca (Cantabria) -
Antruido Paré de Piasca (Cantabria) -
Antruido Paré de Piasca (Cantabria) -
Folion de Viana -
Boteiro -
Boteiros -
Oso de Sslcedo (Lugo) -
Oso de Sslcedo (Lugo) -
Entroido Ribeirao (Lugo) -
Entroido Ribeirao (Lugo) -
Entroido Ribeirao (Lugo) -
Entroido Ribeirao (Lugo) -
As Madamitas Entrimo -
As Madamitas Entrimo -
Boteiro -
Boteiro e Folion de Viana -
Boteiro -
Boteiro -
Los Sidros de Valdesoto (Asturias) -
Los Sidros de Valdesoto (Asturias) -
Los Sidros de Valdesoto (Asturias) -
Los Sidros de Valdesoto (Asturias) -
Jarramplas en Piornal (Cáceres) -
Jarramplas en Piornal (Cáceres) -
Diablos y Mascaritas de Luzón (Guadalajara) -
Diablos y Mascaritas de Luzón (Guadalajara) -
Diablos y Mascaritas de Luzón (Guadalajara) -
Boteiros -
Folion -
Boteiro -
Entroido Samede (A Cruña) -
Antruido Paré de Piasca (Cantabria) -
Carrizo de la Ribera León
Mascarada Ibérica 2019 Viana
Cheira a entroido e podemos ir abrindo boca en Viana do Bolo.Esta é a quinta edición. Os felos formaron parte dos mais de corenta grupos que se xuntan e mais de 800 participantes. Sairon as 16.30 dende o toural para rematar na praza. Unha mostra da gran diviesidad do entroido na Peninsula.
Algunhas das mascaradas participantes neste evento serán as siguintes:
-Xenerais da Ulla (A Coruña)
-Cigarróns de Verín (Ourense)
– Pantallas de Xinzo (Ourense)
-Diablos y Mascaritas de Luzón (Guadalajara)
-Los Sidros de Valdesoto (Asturias)
-La Talanquera e Visparra de S. Martín de Castañeda (Sanabria-Zamora)
-Careto de Valverde (Portugal)
-Antruido Paré de Piasca (Cantabria)
-Entroido Ribeirao (Santiago de Arriba-Chantada)
-Entroido de Cobres (Vilaboa-Lugo)
-Felos de Maceda (Ourense)
-Toro e Xigante de Celavente (Ourense)
-Galos de San Pedro da Mezquita (Ourense)
-Bonitas de Sande (Ourense)
-Boteiros: Fulión de Buxan (O Bolo-Ourense)
-Antruejo de Carrizo de la Ribera (León)
-Velhos de Bruçó (Portugal)
-Diablos y Mascaritas de Luzón (Guadalajara)
-Jarramplas de Pional (Caceres)
Unha explosión de coor e ruido. Unha gran experiencia para os participantes onde relacionarse e compartir as distintas problemáticas de cada entroido.
Os Felos nas VI Xornadas sobre o Entroido en Galiza
Os días 23 y 24 de febreiro tiveron lugar as VI Xornadas sobre o entroido de Galicia, foron na Casa da Luz de Pontevedra. Estas xornadas supoñen una iniciativa de divulgación e revalorización da nosa cultura e a sua fiesta máis importante, o entroido.
A Sociedad Antropológica Gallega presentou unha axenda dividida en duas xornadas. A primeira centrouse nos investigadorese, a segunda, da voz a as persoas que manteñen vivas as tradicions.
O 23, a las 18:30 horas houbo unhauna conferencia de Daniel González sobre o entroido de Bandariz, presentando un audiovisual dos anos 70. Portugal estivo representado por José Carlos Pires, mostrando o entroido da Serra d’Arga. As 20:15 horas, Roberto de la Torre puxo fin o primer día con unha exposición fotográfica, “Mascaradas da invernía na Península Ibérica”.
O sábado 24 a las 18:30 horas, Juan Carlos González e Iván González falaron do entroido en Santiago de Arriba (Chantada), Rita Blanco e Maite Gonzalez sobre os Felos de Maceda as 19:15 horas. E a continuación, Maika Rodríguez Domínguez da figura do Toteiro e doutras figuras recuperadas.
Rafael Quintía presidente da Sociedade Antropolóxica Galega e Anxo Rosales foron os coordinadores destas xornadas.
Actividades Escolares 2018
Os alumnos de Infantil e Primaria tiveron a visita de Xurxo Fernández Carballo, felo do concello ourensán de Maceda, ex-alumno deste centro e membro da Sociedade de Felos da Serra de Corga que ano tras ano e Entroido tras Entroido percorren as aldeas de Maceda facendo soar as súas cinco chocas, botando aturuxos e levando a diversión a toda a veciñanza.
Xurxo Fernández, vestido co traxe tradicional de felo, fixo un percorrido pola historia da súa vestimenta e os costumes da súa bisbarra.
A exposición estivo apoiada pola proxección de documentais e un coloquio cos escolares para satisfacer a gran curiosidade que esperta este personaxe.
Estas actividades complementáronse coa edición, por parte do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, dunha unidade didáctica sobre os felos de Maceda que se pode visualizar e descargar na páxina web do centro
Os Felos en Astorga 2018
II encontro coas tradicións ancestrais en Astorga
A ciudad de Astorga rematou o entroido cun encontro de entroidos tradicionais que desfilaron pola cidade sobre as doce do mediodía .
Partiparon as agrupacions ‘Maragatas y Patahenos’ de La Alberca (Salamanca), ‘Fulión A Veiga’ (Ourense), ‘Fulión de Mormentelos’, de Vilariño de Conso, Asociación Cigarrón de Verín, Asociación ‘Felos da Corga da Serra de Maceda e “los Jurrus y Castrones” de Alija del Infantado, únicos representantes da provincia leonesa neste encontro carnavalesco tradicional, xa que a cidade acollerá outro en abril no que se espera que participen as manifestaciones leonesas.
Entroido Maceda 2018
O Entroido xa está entre nós, e en Maceda presumimos de elo. Festa Declarada de Interese Turístico de Galicia contamos co seguinte programa e información das diversas actividades:
Sábado 6 de xaneiro, festa de inicio do Entroido. +información
Domingo 28 de xaneiro a partires das 18h. no “Café Teatro Umpalumpa” de Maceda elaboración de “Bolouros” entre grandes e nenos. +información
Venres 2 de febreiro, Festa dos Compadres, ás 20h. daremos o comezo na Praza das Toldas. +información
Sábado 3 de febreiro, festa de “Bolouros” en Tioira na Aira dos Patos a partir das 17:30 h., festa amenizada pola Charanga “A Felga”+información SUSPENDIDA
9 de febreiro, venres ás 20h. na Praza das Toldas Festa de Comadres. +información
10 e 11 de febreiro, sábado e domingo de Entroido saíndo ás 9:30 h. Antigo Matadoiro e percorrendo os Felos os pobos da Serra. +información sábado
+información domingo
10 de febreiro, sábado, ás 20h. a baixada da Marela dende o Toural polas rúas da vila +información
12 de febreiro, luns de Entroido teremos festa infantil a partires das 17 h na praza das Toldas de Maceda. E ás 19H cine infantil ca proxección da película “Tadeo Jones 2” no salón de actos do Concello +información
13 de febreiro, martes de Entroido: Desfile…Aplazado para o Domingo 18
14 de febreiro, mércores de cinsa e como despedida, o Enterro do Entroido ás 20 h. na praza das Toldas. +información
18 de febreiro, domingo, desfile do martes de Entroido aprazado para este día: Felos, Carrozas e Comparsas, dende ás 17:30 h desfile de disfraces con saída dende a rúa das Canteiras. Ás 21 h entrega de premios do desfile de disfraces, individuais e grupos ata cinco participantes (1º 125 €, 2º 75 €, 3º 50 €) Grupos de máis de 6 participantes (1º 175 €, 2º 120 €, 3º 90 €) e Carrozas (1º 250 €, 2º 175 €, 3º 125 €). +información
Desfile Urbano 2018
O 13 de febreiro, martes debido as inclemencias do tempo quedou aplazado o desfile de entroido para o próximo domingo día 18.
O desfile de Entroido: Felos, Carrozas e Comparsas, dende ás 17:30 h desfile de disfraces con saída dende a rúa das Canteiras.
Ás 21 h entrega de premios do desfile de disfraces, individuais e grupos ata cinco participantes (1º 125 €, 2º 75 €, 3º 50 €) Grupos de máis de 6 participantes (1º 175 €, 2º 120 €, 3º 90 €) e Carrozas (1º 250 €, 2º 175 €, 3º 125 €).