O venres 22 de xaneiro citaronse no Multicentro felos veteranos para ensinarlle os nenos como deben ir enfaixados para que as chocas non os manquen e así poder aguantar a troula todo o día.
Algunhas nais amosaronse especialmente contentas xa que o non ser unha tradición na sua casa teñen quen lles axude a enfaixar como a resolver alghunas dubidas que teñen e que así os nenos vaian aprendendo dos seus maiores
Os bolouros é unha bola feita con un barro moi particular que está en Casares, na parroquia de Tioira (Maceda).
Usabase para botarlle na raiz os carballos para que prenderan e que así a terra gardara a humidade. Pero de ese mesmo barro fanse pequenas bolas que hai que amasar moi ben e tratar de que non leve impurezas.
Ponse a secar e logo só hai que esperar a que chegue o entroido. O sabado corredoiro metes o bolouro no peto e como esta seco non pinta pero cando te atopas con alguén que queiras correr o entroido só tes que botarlle unha chisca de auga e….pés pa que te quero…a correr!!!!
Tradicionalmente os Felos fanse presentes por primeira vez no ano unha vez soen as campas de Fin de Ano, soamente o son das chocas e non saen vestidos de Felo ata que comeza “o calendario de Entroido” o domingo fareleiro.
Así o sábado 2 de xaneiro de 2016 organizase unha celebración con motivo do inicio do Entroido de Maceda e ca presenza da Figura do Felo promovida polo Concello de Maceda e a Asociación Felos da Corga da Serra. Retomando esta actividade da que celebramos nestas mesmas datas o ano 2015 con motivo do reconocemento do Entroido de Maceda e especialmente da Figura do Felo como Festa de Interese Turístico de Galicia pola Xunta de Galicia.
Sairemos do Salón do Edificio Multiusos (campo da feira s/n), os Felos portando as chocas e a carauta soamente seguidos pola xente disfrazada que queira acompañarnos polas rúas de Maceda para proseguir a festa ceando todos xuntos e celebrando ata altas horas.
Inscricións para a cea no Concello ou no Lar dos Felos (Tioira) antes do mércores 30 de Decembro. Prezo: 5€ / persoa.
Unha feria que non deixa de medrar. Congrega a milleiros de persoas. E transforma o recinto feiral de Expourense no centro non só da restauración como cita de referente gastronómico de Galicia. Senon que tamén ofrece conferencias, charlas didácticas, presentacións literarias, concertos, …
En Xantar 2015 Ourense esta representados os sectores de Restauración, empresas e firmas comerciales, promoción turística, Institucións Autonómicas, Patroatos de Turismo, Concellos, Consellos Reguladores de Denominación de Orixen, Zonas geográficas protexidas, productos artesanais, festas gastronómicas, festas históricas, etc.
Dentro de este marco, o día sete de marzo estiveron presentes os Felos de Maceda interactuando cos visitantes. Dando a coñecer o noso patrimonio.
Despois do sabado e do domingo, o desfile do martes é un día importante en Maceda.
Organizado desde As Canteiras e cruzando pola rúa principal abren o desfile os Felos e despois van participando as distintas carrozas e comparsas.
Esta é unha pequena recopilacion de fotos que esperamos vaia medrando coa participacion de todos.
O día 16 de febreiro, luns de Entroido no pavillón municipal de Maceda festa infantil con xogos, actividades, e sobre todo moita diversión para os mais pequenos.
A idea inicial era facer esta actividade na praza pero por mor da climatoloxia foi desprazada o interior do pavillón onde os nenos disfrutaron a partires das 17 h.
Tamén e como novedade moi ben recibida a recuperación da tradición dos “Bolouros”.
Os domingos pola mañan reunense os Felos da Serra das localidades de Castro, Escuadro, Pias, Paioso, Barxela, Xinzo da Costa, etc…
Case sempre son homes . Saen do Restaurante A Dilixencia e vistense eli van percorendo a Serra de San Mamede e pasando por Castro, Pias, Escuadro, Santirso, Xinzo, Carguizoy,
Sarreaus, Maceda.
Esta é unha pequena recopilacion de fotos que esperamos vaia medrando coa participacion de todos.
Os sábado pola mañan reunense os Felos na praza de Maceda para sair a percorrer a Serra de San Mamede pasando por Castro, Pias, Escuadro, Santirso, Xinzo da Costa, Celeiron, Barxela, Vilardecas, Carguizoy, Sarreaus, Tioira e Maceda.
Esta é unha pequena recopilacion de fotos que esperamos vaia medrando coa participacion de todos.
Segue o viaxe desta exposición onde poderemos ver unha colección de máis de trinta imaxes da fotógrafa Rita Blanco Fernández na salade Exposicións do andar 1 no Pazo da Cultura en Carballo (A Coruña), dende o día 12 ata o 28 de febreiro do 2015, en horario de 18 a 21 h.
Rita Blanco combina nesta recompilación dúas das súas paixóns por un lado a fotografía como reportaxe a fin de captar escenas non estáticas, buscando a descrición do movemento como sinatura característica e os entroidos destacando o colorismo e a beleza de formas tanto nas máscaras como nos traxes de estas figuras do Entroido.
Así “Xungir non é esmorecer, senón medrar”, xurde a raíz dun encontro en Murcia con motivo da Festa de Primavera entre “Felos” e “Pantallas”, figuras claves do Entroido Ourensán, representativas de Maceda e Xinzo de Limia. Os galegos o estar fora sempre temos morriña e as relacións fanse mais intensas co cal xurdiu un gran entendemento entre ámbalas dúas. Ourense e unha das provincias españolas con mas aceptación da festa do Entroido pero tamén con moitas rivalidades. Esta xuntanza serviu para darnos conta de que cada Entroido ten a súa simboloxía pero ningún mais que outro, por iso xungir estas dúas figuras non é esmorecer senón medrar e enriquecerse mutuamente.
As instantáneas foron tomadas en Murcia e noutra xuntanza entre Felos, Vergalleiros (Sarreaus da Limia) e Pantallas onde se pode apreciar a beleza e a singularidade de cada figura así como os seus distintos dinamismos e rituais propios de cada unha.
A cidade vella de Santiago de Compostela acolle o sábado 24 de xaneiro de 2015 a celebración de ‘Galicia Entroido’, exaltación dos Entroidos Galegos que encherá as rúas e a Praza do Obradoiro con toda a vistosidade das distintas tradicións. O obxectivo desta iniciativa é difundir a gran riqueza cultural e etnográfica das comarcas e vilas galegas, á vez que se dinamiza culturalmente a cidade de Santiago.
Entroidos Participantes:
– Entroido de Maceda (Ourense)
– Entroido de Cobres (Vilaboa. Pontevedra)
– Entroido de Xinzo de Limia (Ourense)
– Entroido de Manzaneda (Ourense)
– Entroidos de Portas de Galicia (Verín, Laza, Viana do Bolo, Cualedro, Riós e Vilariño de Conso. Ourense)
– Entroido da Ulla – Entroido dos Xenerais (Boqueixón, Teo, Touro, Santiago de Compostela, Vedra, Vila de Cruces, Silleda e A Estrada. A Coruña – Pontevedra)
O programa previsto para esta xornada, que pode modificarse en caso de choiva, arrincará ás 11.00 h. da mañá cun percorrido dos distintos grupos polas rúas da zona vella de Santiago, e culminará na Praza do Obradoiro, onde cada un deles levará a cabo unha actuación representativa da súa tradición. O acto prolongarase ata as 14.30 h.
Programa:
12.00 hrs.: Saída do dos Felos dende a praza Cruceiro de San Pedro e pasando pola Rúa de San Pedro, Porta do Camiño, Rúa Casas Reais, Rúa Ánimas, Praza de Cervantes, Rúa Acibechería, Praza da Inmaculada, Arco do Pazo de Xelmirez e Praza do Obradoiro.
12.30 hrs.: Chegada dó desfile a Praza do Obradoiro
13.00 hrs.: ós sete grupos sairán xuntos da Praza do Obradoiro e desfilarán durante 1 hora polas rúas do casco histórico de Santiago de Compostela, pasando por: Rúa de Fonseca, Rúa do Villar, Praza do Toural, Rúa Nova, Rúa de Xelmirez, Praza das Praterías, Rúa de Fonseca e Praza do Obradoiro.
14.00 hrs.: Fin del acto