Inicio do Entroido

Tradicionalmente os Felos fanse presentes por primeira vez no ano unha vez soen as campas de Fin de Ano, soamente o son das chocas e non saen vestidos de Felo ata que comeza “o calendario de Entroido” o domingo fareleiro.

Así o sábado 2 de xaneiro de 2016 organizase unha celebración con motivo do inicio do Entroido de Maceda e ca presenza da Figura do Felo promovida polo Concello de Maceda e a Asociación Felos da Corga da Serra. Retomando esta actividade da que celebramos nestas mesmas datas o ano 2015 con motivo do reconocemento do Entroido de Maceda e especialmente da Figura do Felo como Festa de Interese Turístico de Galicia pola Xunta de Galicia.

Sairemos do Salón do Edificio Multiusos (campo da feira s/n), os Felos portando as chocas e a carauta soamente seguidos pola xente disfrazada que queira acompañarnos polas rúas de Maceda para proseguir a festa ceando todos xuntos e celebrando ata altas horas.

Inscricións para a cea no Concello ou no Lar dos Felos (Tioira) antes do mércores 30 de Decembro. Prezo: 5€ / persoa.

Vinde con nós neste inicio do Entroido.